Aumento da cooperación entre ciencia e empresa en Lituania con Intelixencia Artificial

Martes, 28 Novembro 2023
Aumento da cooperación entre ciencia e empresa en Lituania con Intelixencia Artificial

A misión do Centro de Innovación Lituano (CIL) é fornecer servizos de apoio á innovación mediante a implementación da política de innovación lituana. O obxectivo estratéxico principal do CIL é aumentar a competitividade internacional de Lituania estimulando a innovación nas empresas a través de actividades de transferencia de coñecemento. Este obxectivo divídese nos seguintes puntos:

– Promover as capacidades das empresas para desenvolver e implementar innovación.
– Acelerar a comercialización de solucións innovadoras.
– Reducir o risco da implementación da innovación.

A falta de colaboración entre ciencia e empresa identificouse como un obstáculo significativo para o desenvolvemento de Lituania nos ámbitos da ciencia, tecnoloxía e innovación.

Aumento da cooperación entre ciencia e empresa en Lituania con Intelixencia Artificial

Tanto o goberno lituano como institucións internacionais, como a Comisión Europea e a OCDE, subliñaron este problema, recoñecendo que frea o crecemento económico do país. A falta de datos estatísticos completos para avaliar a magnitude e extensión deste problema é crítica.

O Centro de Innovación Lituano, en colaboración con Vilantis (un proveedor privado de solucións dixitais), está a desenvolver unha ferramenta de intelixencia artificial que permitirá visualizar mediante diagramas interactivos o grao de integración do coñecemento científico no ecosistema empresarial de Lituania.

A ferramenta de IA basease nunha rede neuronal entrenada e nunha representación de espazo vectorial. A súa función principal é recoller, procesar e sistematizar datos relacionados co coñecemento científico xerado por institucións de investigación no país, como publicacións científicas, proxectos de investigación conxunta entre ciencia e empresa… Posteriormente, esta tecnoloxía pode triangular datos e correlacionar os resultados da investigación co seu uso nas actividades económicas lituanas, ofrecendo información sobre como se explota ese coñecemento científico no ecosistema empresarial.

En particular, a ferramenta de IA axudará a cualificar os seguintes elementos:

– Quen son os usuarios do coñecemento científico.
– Quen considera o coñecemento científico relevante e en que medida.
– Como e en que sectores se está a utilizar.
– En que medida o coñecemento científico engade valor aos procesos empresariais.

Esperase que esta solución forneza información baseada en evidencias a responsables políticos e empresas lituanas sobre o nivel de integración do coñecemento científico na economía. Cifras máis claras facilitarán a identificación de solucións para impulsar e mellorar a utilización do coñecemento científico.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal