Charla dos Gpul School: Steam Deck, como se creou unha máquina de videoxogos usando Linux

Luns, 20 Novembro 2023
Charla dos Gpul School: Steam Deck, como se creou unha máquina de videoxogos usando Linux

O mércores 22 de novembro, en horario de 18.30 a 20.30, terá lugar a charla organizada por Gpul “Steam Deck, como se creou unha máquina de videoxogos usando Linux”, na Facultade de Informática da Coruña.

Steam Deck, como se creou unha máquina de videoxogos usando Linux

A Steam Deck é unha máquina de videoxogos portátil que saiu á venda no ano 2022 e que usa SteamOS, un sistema operativo baseado en GNU/Linux. Nesta charla un dos membros do equipo de SteamOS dará unha visión xeral do sistema operativo e das súas funcións principais, con algúns exemplos do traballo que foi necesario para sacar ao mercado unha máquina como esta, e de como ese traballo está a mellorar o ecosistema GNU/Linux en xeral.

Alberto García é un dos socios da empresa Igalia, onde leva máis de 20 anos traballando no mundo do software libre en todo tipo de proxectos. É un desenvolvedor activo de Debian e ten anos de contribucións a proxectos como QEMU. Na actualidade é membro do equipo de SteamOS, o sistema operativo da Steam Deck.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal