XVIII Semana do Software libre online, da Fundación Dédalo

Martes, 21 Novembro 2023
XVIII Semana do Software libre online, da Fundación Dédalo

Do 20 ao 30 de novembro, ten lugar a “XVIII Semana do Software libre online”, organizada pola Fundación Dédalo.

A Fundación Dédalo leva desde o ano 2006 dando a coñecer o Software Libre e as diferentes alternativas dispoñibles no mercado. Este é o obxectivo co que se programou a Semana do Software Libre, unha cita de referencia en Navarra para todas aquelas persoas que queiran achegarse ao Software Libre ou para os que xa o utilizan a nivel persoal ou profesional.

XVIII Semana do Software libre online, da Fundación Dédalo

Esta iniciativa vén motivada pola propia demanda do público e os usuarios, que son quen fai chegar inquietudes e temáticas de interese sobre as cales se van organizando os talleres e accións formativas que compoñen a Semana. Unha das premisas cada ano é, ofrecer aos asistentes os temas e tecnoloxías máis en auxe combinadas co Software Libre.

Os principais obxectivos deste evento son:
– Divulgar e dar a coñecer os programas de Software Libre de uso máis común.
– Fomentar o uso do Software Libre, tanto no ámbito doméstico como no profesional, mostrando as vantaxes e inconvenientes deste tipo de solucións.
– Mostrar as similitudes nas formas de traballar entre diferentes sistemas libres e privativos, demostrando a súa eficacia como alternativas completas, prácticas e útiles.
– Achegar ás empresas TIC da Ribera tecnoloxías libres de desenvolvemento de primeiro nivel.

Cartel do programa da XVIII Semana do Software libre online, da Fundación Dédalo
xr:d:DAFyukU-VbE:91,j:2675546654123011206,t:23110717

Programa de actividades do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal