O Congreso Internacional de informática “X.Org Developer’s Conference 2023” arrinca o martes reunindo a preto de 150 expertos desarrolladores na área de gráficos
· A Coruña acolle a preto de 150 expertos desenvolvedores, especialistas en gráficos informáticos que se reunirán no Palexco (A Coruña) do 17 ao 19 de outubro de 2023
· Ao longo do congreso presentaranse os desenvolvementos máis avanzados nos drivers gráficos libres para múltiples plataformas, como os computadores Raspberry Pi ou Apple e as consolas de videoxogos como Steam Deck
· A empresa coruñesa IGALIA é a organizadora local do congreso, cuxa asistencia é gratuíta. Programa dispoñible en: https://xdc2023.x.org/

Os próximos días 17, 18 e 19 de outubro celebrarase na Coruña a conferencia internacional “X.Org Developers Conference 2023” en Palexco, coa asistencia de máis de 140 asistentes. Trátase da principal conferencia internacional no sector de gráficos. Nela daranse a coñecer os últimos avances en I+D dos drivers gráficos libres que se empregarán en múltiples plataformas tecnolóxicas, como os computadores APPLE e Raspberry Pi, ou as consolas de videoxogos como Steam Deck.
Esta conferencia reúne aos principais enxeñeiros desarrolladores de gráficos da contorna GNU/Linux de empresas de ámbito internacional como Valve, Intel, AMD, ARM, NVIDIA, Canonical, Red Hat, Google, Igalia, Imagination Technologies e Collabora, entre outras.
Nesta conferencia presentarase e discutirá o futuro dos drivers libres de tarxetas gráficas de AMD, Intel, NVIDIA entre outras para as interfaces de programación de gráficos en 3D (Vulkan, OpenGL e OpenGL ES). Entre outros temas, discutirase o futuro do soporte de HDR en monitores en GNU/Linux, os drivers gráficos libres de distintos dispositivos como son as placas Raspberry Pi e os computadores Apple M1 e M2, así como a presentación do estado actual de moitos elementos que fan posible a execución de videoxogos na consola Steam Deck.
A conferencia é posible grazas á organización da empresa tecnolóxica con sede na Coruña, IGALIA, e o patrocinio de Google, Collabora, ARM, Microsoft, FEX-EMU, The Linux Foundation, AMD, Khronos Group, Code Weavers. O congreso conta coa colaboración de entidades locais como a Oficina de Turismo do Concello da Coruña e a asociación GPUL, Grupo de Programadores e Usuarios de Software Libre.
A asistencia é libre e gratuíta. Toda a información do evento pódese atopar en https://xdc2023.x.org/