Terceiro volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre

Martes, 17 Outubro 2023
Terceiro volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre

Ángel Sánchez, conservador do Museo de Prehistoria de Valencia, publicou o terceiro e último volume da novela gráfica histórica Balkar.

“Balkar. Conjura y fuego” é o título desta terceira entrega.

Viñeta da novela gráfica “Balkar. Conjura y fuego”

Trátase dunha historia de ficción ambientada na Antiga Iberia (séculos VI-I a. C.) e que segue o clásico esquema do periplo do heroe. A novela pretende manter o maior rigor histórico posible en aspectos como vestimenta, armamento, arquitectura, ferramentas, elementos domésticos, …

O seu autor comentou:
“na súa realización, empreguei as miñas ferramentas preferidas de software libre: Inkscape soporta o maior peso por ser o programa que utilizo para debuxar cada unha das viñetas, Gimp supón unha gran axuda para o retoque de imaxes e fondos, Blender resúltame indispensable para crear modelos de referencia e fondos arquitectónicos, mobiliario… E, por último, Scribus permitiume completar o deseño e maquetación do libro.”

A novela está dispoñible en Amazon en versión Kindle e tapa branda.

Se queredes saber máis sobre a obra e o autor, non vos perdades o programa 54 de Mancomún Podcast onde entrevistamos a Ángel Sánchez cando publicou a primeira parte desta historia:
https://www.mancomun.gal/noticias/54-mancomun-podcast-creacion-de-novelas-graficas-con-software-libre-angel-sanchez/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal