O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia organiza un curso de Drupal 10 Site Building, en modalidade de teleformación. Unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional das persoas participantes para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais web, utilizando Drupal.
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.

A través deste curso, o alumnado será capaz de desenvolver novas funcionalidades en Drupal que permitan adaptar un sitio web aos requisitos funcionais requiridos. Estará capacitado para afrontar, tanto individualmente como en equipo, o deseño e implementación de sitios web complexos.
O curso de Drupal 10 Site Building vai dirixido a:
– Calquera persoa que queira aprender a desenvolver sitios web complexos sen necesidade de programación
– Desenvolvedoras/es con coñecementos de programación que requiren coñecer todo o que se pode facer con Drupal a nivel de Site Building
– A especialidade de Site Building é tamén útil para aquelas persoas que teñen que xestionar sitios web con Drupal 10: publicar contidos, crear usuarios, asignar roles…
Temario
Impartirase o seguinte temario durante o curso:
1. Introdución a Drupal 10
2. Instalación de Drupal 10
3. A área de administración
4. Xestión de contidos
5. Tipos de contido I: introdución a tipos de contido e campos
6. Tipos de comentario
7. Xestión de menús
8. Xestión de bloques
9. Temas I: instalación e configuración de temas
10. Ampliación de funcionalidades con módulos contribuídos
11. Xestión de usuarios, roles e permisos
12. Taxonomía
13. Formatos e editores de texto
14. Tipos de contido II: campos adicionais
15. Xestión de arquivos e imaxes
16. Tipos de contido III: presentación de contidos
17. Procuras
18. Idiomas, tradución e sitios multilingües I
