Échirolles, cidade francesa coa certificación “Territoires numériques libres”

Martes, 7 Febreiro 2023

Échirolles é a cuarta cidade francesa que recibiu o máximo nivel de certificación do selo “Territoires numériques libres”.

Échirolles, unha pequena cidade francesa duns 35.000 habitantes, foi galardoada a finais do 2022 co nivel máis alto do selo “Territoire numérique Libre”. O selo existe desde 2016 e ten como obxectivo recompensar ás cidades e organismos públicos que perseguen o uso de solucións colaborativas libres e de código aberto para a súa administración.

Échirolles foi recoñecida polo seu importante labor cara a unha administración aberta e dixitalizada. O nivel 5 do selo concédese sobre a base dun cuestionario de 12 páxinas con categorías de preguntas como Estratexia, Boas Prácticas, Software Libre e de Código Aberto, Comunicación e Ecosistema, e Xestión de Datos.

O Selo está organizado pola asociación francesa ADULLACT, que avoga polo software libre e de código aberto e traballa en diferentes iniciativas para o seu uso nas administracións e servizos públicos franceses.

Nicolas Vivant, Director de Estratexia Dixital e Cultura da cidade, comentou:

“A resistencia ao cambio é limitada cando o cambio é gradual, cando se fai consultando e, sobre todo, cando é un factor de mellora. A nosa prioridade é ofrecer ao persoal a posibilidade de traballar da forma máis sinxela e eficaz posible, e o paso ao software libre está supeditado a esta prioridade.”

“… avanzamos decididamente cara ao software libre e probablemente haberá sinerxias que desenvolver.”

“…Teño a sensación de que estamos nun período no que os actores do software libre nos servizos públicos están a pensar o que se podería facer para avanzar xuntos e como facelo. Non me cabe dúbida de que pronto haberá iniciativas que nos permitirán dar un salto adiante na materia.”

Máis información

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal