eProcessor, procesador europeo de software libre

Martes, 6 Xullo 2021
eProcessor, procesador europeo de software libre

Tras a conferencia da EDA (European Defense Agency), onde se expuxeron os problemas pola dependencia tecnolóxica e industrial dos países membros, iniciouse unha iniciativa conxunta denominada EPI (European Processor Initiative), co obxectivo de agrupar un consorcio para crear procesadores deseñados en Europa.

Os chips centraranse no sector da supercomputación e outros sectores como a industria do automóbil e a aeroespacial. Basearanse na arquitectura RISC-V para os aceleradores, e os GPP ou procesador de propósito xeral, basearanse en núcleos IP ARM Cortex Neoverse.

eProcessor será un procesador para a supercomputación e servidores, así como sistemas avanzados de asistencia ao condutor para vehículos, IoT, dispositivos móbiles… eProcessor será moi versátil e flexible á hora do escalalo, para poder ir agregando máis dispositivos.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal