GUADEC 2021 en liña, entre o 21 e 25 de xullo

Martes, 6 Xullo 2021
GUADEC 2021 en liña, entre o 21 e 25 de xullo

A GUADEC 2021 terá lugar este ano en formato en liña. Celebrarase en xullo, entre o 21 ao 25.

GUADEC 2021

GUADEC é a maior conferencia da comunidade GNOME, que reúne por centos de usuarios, colaboradores, membros da comunidade e entusiastas partidarios durante unha semana de charlas e talleres.

Programa

Podedes ver o programa completo nesta ligazón.

GNOME

GNOME é un proxecto de contorna de software libre e de código aberto apoiado por unha fundación sen ánimo de lucro. Xuntos, a comunidade de colaboradores e a Fundación crean unha plataforma informática e un ecosistema de software, composto enteiramente por software libre, que está deseñado para ser elegante, eficiente e fácil de usar.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal