Mancomún

Estratexia Nacional de Ciencia Aberta en España

Martes, 12 Setembro 2023
Estratexia Nacional de Ciencia Aberta en España

Publicada en maio, a Estratexia Nacional de Ciencia Aberta ten como obxectivo garantir que a investigación científica en España incorpore os principios da ciencia aberta para 2027.

A ciencia aberta é un enfoque da investigación científica que promove o acceso sen restricións aos datos de investigación, os resultados e as ferramentas de software (potenciando o uso de software libre).

Estrategia Nacional de Ciencia Abierta
2023 - 2027

A Estratexia contén catro piares, sendo o primeiro as infraestruturas dixitais. Seguindo os principios da ciencia aberta, a Estratexia establece que todas as iniciativas impulsadas pola Estratexia estarán apoiadas por plataformas e recursos tecnolóxicos desenvolvidos con software libre. Para alcanzar esta ambición, España canalizará máis fondos para estas infraestruturas dixitais de ciencia aberta. O desenvolvemento dos programas informáticos necesarios financiarase con cargo ao orzamento anual global da Estratexia de 23,8 millóns de euros.

Este desenvolvemento da infraestrutura dixital tamén formará parte da integración de España na European Open Science Cloud (EOSC). EOSC é a iniciativa da UE para crear unha infraestrutura para a ciencia aberta, dando aos investigadores, as empresas e o cidadáns acceso aos datos de investigación. A iniciativa considérase o espazo de datos científicos e de investigación da UE. A integración de España debería completarse en 2027.

Científicos traballando con microscopios

A lexislación española promoveu o uso de software libre na administración pública, desde 2007. Aínda que esta é a primeira estratexia de España especificamente sobre ciencia aberta, basearase na estratexia plurianual de ciencia, tecnoloxía e innovación de 2020, que incluía mencións á ciencia aberta. En 2022, esta lei tamén se actualizou para ter en conta aínda máis a ciencia aberta, a promoción de infraestruturas e plataformas abertas, o acceso aberto e a participación aberta.

España non está soa nesta procura. En 2023, Eslovenia e Rumania tamén deron a coñecer as súas propias estratexias de ciencia aberta, seguindo os pasos de países como Francia, os Países Baixos e Finlandia.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal