KDE for

Xoves, 14 Setembro 2023
KDE for

O proxecto KDE é un paraugas para unha gran cantidade de aplicacións e proxectos libres. O equipo de promoción de KDE, esfórzase en dar a coñecer as bondades desta gran cantidade de recursos a toda a xente que pode.

Portada da web KDE é para

Unha desas maneiras é compilando aplicacións enfocadas a sectores concretos, na web https://kde.org/es/for/.

No programa 19 do podcast KDE Express, Baltasar Ortega e David Marzal fan un repaso desta web para descubrirnos novas aplicacións interesantes.

Konqi, a mascota do proxecto KDE, diante dunha pizarra

Como novidade comentar que agora os programas de KDE Express contan con subtítulos, dispoñibles en podverse.fm ou en podcastindex.org, se a vosa aplicación non implementa as transcricións. Se che gusta Funkwhale, tamén esta en open.audio.

Feed principal de KDE Express: https://kdeexpress.gitlab.io/pages/contacto/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal