EterTICS Yetapá 12.3, distro para radios

Martes, 5 Xullo 2022
EterTICS Yetapá 12.3, distro para radios

Dispoñible EterTICs Yetapá na versión 12.3. EterTICs GNU/Linux é a distro libre latinoamericana pensada para radios comunitarias que crearon en Liberaturadio. Baseada en Devuan, conta co recoñecemento da FSF.

Inclúe todos os programas necesarios para que unha emisora comunitaria poida liberarse sen perder prestacións. Converteuse na vía de acceso ao software libre para moitas radios alternativas e comunitarias.

EterTICS Yetapá

Baseada en Devuan 4.0 Chimaera, a distro actualmente vai pola versión 12 Yetapá de recente lanzamento. Agora conta co instalador gráfico Calamares accesible desde o modo vivo, que permite instalar a distro de maneira máis intuitiva. Pode usarse en calquera dos idiomas e kernels propostos por EterTICs.

O instalador d-i (debian installer) segue existindo e pode usarse desde o menú de inicio do modo vivo. Ademais agréganse os paquetes: qmidinet e zita-njbridge para solucionar a carga de studio-controls e aplícase fix para privilexios realtime.

Vídeo coa instalación de Etertics Yetapá

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal