AMD publicou o código fonte de FidelityFX Super Resolution 2 baixo unha licenza de código aberto (MIT). Esta é unha tecnoloxía de escalado temporal, compatible coas API gráficas Vulkan e DirectX 12 e funciona en GNU/Linux e nunha variedade de GPUs de distintos fabricantes.
AMD FidelityFX Super Resolution 2
– Uso dos datos temporais para ofrecer unha imaxe de calidade similar ou mellor que a imaxe nativa.
– Inclúe anti-aliansing de alta calidade.
– Mellora da calidade con respecto á tecnoloxía FSR 1. Agrégase soporte para Dynamic Resolution Scaling.
– Non require dun hardware para o Machine Learning para funcionar.
– Acelera o FPS nos videoxogos soportados nas plataformas AMD e noutras.