O vindeiro 19 de xaneiro no Centro Instrutivo, Recreativo e Social CIRS (Cervás), ás 19.30 horas , a Asociación Comunidade O Zulo participará no faladoiro “O patrimonio (in)visible de Cervás – Na procura do noso pasado“.

Este relatorio forma parte do actos organizados polo CIRS Cervás co gallo do seu centenario. A asociación presentará o traballo realizado dentro do proxecto “Patrimonio (in)visible” así como a data de celebración e detalles da xornada de “mapeo colectivo” que celebrará no mes de marzo en Cervás.
A entrada é libre.
