Ubuntu 24.04 LTS contará con 12 anos de actualizacións

Venres, 19 Xaneiro 2024
Ubuntu 24.04 LTS contará con 12 anos de actualizacións

Dentro duns meses lanzarase a próxima versión de soporte longo (LTS) de Ubuntu, a versión 24.04 LTS co nome “Noble Numbat”.

logo de ubuntu

Mark Shuttleworth, CEO de Canonical, revelou que Ubuntu 24.04 LTS recibirá 12 anos de actualizacións, e tamén afectará a algunhas versións máis antigas de LTS:

“Non quero roubar o éxito de ninguén, pero esencialmente 12 anos é o que imos facer para 24.04, e tamén imos facelo para algunhas versións máis antigas.”

Estas actualizacións non só se farán para os compoñentes principais, senón para a totalidade da distribución con aproximadamente 30.000 paquetes de fontes.

Mark Shuttleworth, tamén engadiu:

“Obviamente, algo disto é Ubuntu Pro, pero o simple feito é que agora podes tomar Ubuntu 24.04, e poderás despregar algo sabendo que simplemente podes facer ‘apt get update’ de forma regular durante os próximos 12 anos e ese contido estará asegurado, sempre estará mantido.”

Para obter este tipo de soporte a longo prazo, terás que inscribirte en Ubuntu Pro (a subscrición profesional é de balde para uso persoal). Se non optas por Ubuntu Pro, recibirás cinco anos estándar de actualizacións ata o 2029.

Vídeo da entrevista a Mark Shuttleworth

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal