Sargantana, terceira xeración do chip de código aberto

Luns, 22 Xaneiro 2024
Sargantana, terceira xeración do chip de código aberto

O Centro Nacional de Supercomputación presentou Sargantana, a terceira xeración do chip de código aberto que pretende “conseguir a soberanía tecnolóxica europea e reducir a dependencia das grandes corporacións multinacionais”.

foto do chip lagarto

Sargantana (lagartixa) é a terceira xeración de procesadores da familia Lagarto que acaba de presentar o Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación. O seu deseño e especificacións están dispoñibles baixo unha licenza que permite a súa modificación e redistribución.

O proxecto baseado na tecnoloxía RISC-V “podería supor unha revolución tecnolóxica no mundo do hardware como a que supuxo Linux para o mundo do software”, comentaron desde o BSC.

“Xa nos contactaron empresas para usar Sargantana. Son empresas españolas pequenas, que por si soas non poderían desenvolver un procesador, pero que agora ven a oportunidade de reaproveitar este, engadirlle as cousas que necesitan para o seu produto e ir ao mercado”, di Miquel Moretó, o investigador que está coordinando o proxecto.

foto da presentación do chip

O BSC lidera un consorcio de 27 institucións de investigación europeas que participan nesta carreira por lograr un chip aberto. O tiro de saída deuse antes da pandemia, xa que o principal obxectivo era “conseguir a soberanía tecnolóxica europea e reducir a dependencia das grandes corporacións multinacionais”. Con todo, o coronavirus reforzou conciencias en Bruxelas sobre a importancia de lograr esa soberanía tecnolóxica.

A primeira fase recibiu 60 millóns de fondos europeos. A segunda, a actual, 70. A terceira, cuxa convocatoria aínda se está preparando, chegará aos 270 millóns. Os investigadores confían en que será o impulso definitivo ao chip aberto europeo.

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal