MareNostrum 5, novo supercomputador no Barcelona Supercomputing Center

Martes, 16 Xaneiro 2024
MareNostrum 5, novo supercomputador no Barcelona Supercomputing Center

O novo supercomputador europeo MareNostrum 5, unha das máquinas máis completas e versátiles do mundo ao servizo da comunidade científica e a única con dous sistemas na lista dos 20 supercomputadores máis potentes do planeta, foi inaugurado no Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS).

Foto das instalacións do MareNostrum 5
varios racks de ordenadores

Conta cunha arquitectura MN4 CTE-POWER, un clúster baseado en procesadores IBM Power9, cun sistema operativo GNU/Linux e unha rede de interconexión Infiniband. A súa principal característica é a dispoñibilidade de 4 GPUs para cada nodo, converténdoo nun clúster ideal para aplicacións aceleradas por GPU. O sistema operativo é Red Hat Enterprise Linux Server 7.5 (Maipo). A posta en marcha do novo MareNostrum 5 consolida ao BSC como un dos grandes centros de supercomputación a nivel mundial, con máis de 900 traballadores.

esquema da instalación do Marenostrum5

O novo supercomputador MareNostrum 5 da European High Performance Computing Joint Undertaking (EuroHPC JU), conta cun rendemento total máximo de 314 petaflops. MareNostrum 5 súmase a outros dous sistemas da EuroHPC JU, Lumi en Finlandia e Leonardo en Italia.

O uso principal de MareNostrum 5 está destinado á investigación de científicos españoles e europeos, aínda que tamén estará dispoñible para a investigación en empresas, baixo condicións especiais. O MareNostrum 5 foi recoñecido como o máximo logro do 2023 no ámbito da supercomputación (Top Supercomputing Achievement) pola revista especializada HPCWire, a de maior prestixio internacional neste sector, pola maneira en que “combina a supercomputación tradicional coa intelixencia artificial para impulsar descubrimentos e ampliar novas fronteiras da ciencia…”

Máis información

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal