En febreiro foron publicados os resultados da enquisa anual de Software Libre realizada por OpenLogic en colaboración coa OSI e a Fundación Eclipse.
O Informe do Estado do Software Libre 2024 pon en evidencia os factores que impulsan a adopción do Software Libre (OSS), as tecnoloxías de código aberto máis demandadas e as dificultades que os equipos que usan OSS enfrontan con máis frecuencia. Tamén abórdase no informe o soporte e a planificación para o final de vida útil (EOL) ou para o software que será EOL pronto.

Máis de 2.000 usuarios de software libre que traballan en numerosas industrias en todo o mundo responderon a máis de duas ducias de preguntas sobre o uso e o soporte de OSS polas súas organizacións, desde grandes empresas até startups en fase inicial.
Máis do 50% dos sondeados dixeron que exercían de desenvolvedor, enxeñeiro, administrador de sistemas ou arquitecto.

Tecnoloxías usadas para desenvolver aplicacións dentro da empresa
O uso de software libre incrementouse durante o transcurso do último ano. O 33,50% respondeu que “si, significativamente”, o 34,07% que si, o 27% dixo que as cousas se mantiveron iguais e o 5,43% recoñeceu ter reducido o uso de software libre. A evolución de Europa foi menor que en outras zonas, mentres que no Medio Oriente o uso reduciuse nun 22,22%.
Razóns para usar software libre: o 36,64% respondeu que era a redución de custos ou a ausencia de custos de licenza, o 30,17% por unha funcionalidade para acelerar o desenvolvemento, un 27,64% a obtención de tecnoloxía estable co apoio da comunidade a longo prazo, un 21,29% para reducir os bloqueos de vendedor, un 20,39% polos estándares abertos e a interoperabilidade e un 20% para modernizar a súa pila de tecnoloxías.
