Iniciación á impresión 3D, na Industriosa

Xoves, 20 Abril 2023
Iniciación á impresión 3D, na Industriosa

O 24 de abril, en horario de 19:30 a 21:00, terá lugar un curso de “Iniciación á impresión 3D, na Industriosa”.

A fabricación aditiva é un conxunto de técnicas de fabricación modernas que se basean na adición de material para a creación de pezas. Inda que nos seus inicios o seu uso restrinxíase á fabricación de prototipos, algunhas técnicas son capaces de crear produtos completamente funcionais.

Na actualidade a liberación das patentes e creación de máquinas máis sinxelas fai que sexan accesibles para uso doméstico e para pequenas empresas. Neste obradoiro coñecerás as diferentes técnicas de impresión 3D e fabricación por diferentes métodos.

Cartel do curso A industriosa 3D

Centrarémonos nas técnicas FDM (coñecidas como impresión 3D) vendo o funcionamento das mesmas, e cales serían os primeiros pasos e erros habituais para poder evitalos. Tamén daremos nocións básicas de FreeCAD, un dos programas libres máis empregados para o deseño 3D de prototipos.

Requirimentos

Non fai falla nada, pero se queres, podes traer o ordenador con Prusa-Slicer e FreeCAD instalados, xa que serán explicados durante o obradoiro.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal