KDE orientado á comunidade científica, unha web para mostrar aplicacións específica para a investigación. O equipo KDE Promo da Comunidade KDE creou un portal, onde centraliza as aplicacións orientadas aos científicos e que poden ser utilizadas de forma libre por calquera investigador, sen limitacións de uso, de idioma ou de formato.

Algunhas das aplicacións que se amosan son:
- – Labpot, programa profesional libre e de software libre para científicos que manexan datos
- – Cantor, aplicación que permite usar a linguaxe de programación matemática favorito desde unha interface de folla de cálculo.
- – Casos de éxito do uso de aplicacións KDE en contornas profesionais como no Sincrotrón ALBA en Barcelona ou a Sala de control da NASA.
- – Outras como son RKWard, KStars, Kile, KbibTeX, Pymol, Cow, Freecad ou ScyLab.