A finais de marzo, KDE Blog cumpriu 15 anos de publicación constante.
Este blog naceu coa idea de axudar aos demais na súa migración cara o Software Libre e a reportar como solucionaba o seu autor os problemas do seu día a día, publicando un artigo cada día, onde explicaría as vicisitudes deste novo sistema operativo GNU/Linux que levaba o escritorio libre KDE.

Esta foi a declaración de intencións de KDE Blog na súa orixe:
[24 de marzo de 2008]
«Ola a todos e todas: Hoxe inaugúrase KDE Blog, un novo blog no inmenso e infinito mundo dos blogs. O obxectivo deste blog é múltiple: axudar aos principiantes no mundo Linux, informar sobre o mundo KDE, (a contorna de escritorio baixo Linux) e fomentar o uso do Software Libre.»
Desde Mancomún queremos darlle a noraboa por estos 15 anos de información e esperamos que sexan moitos máis.