Xornada de Software Libre Científico 2023

Luns, 3 Abril 2023
Xornada de Software Libre Científico 2023


Co obxectivo principal de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico e do uso dos datos abertos, o 10 de abril na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC terá lugar unha nova edición da “Xornada de Software Libre Científico – Edición Datos Abertos”, organizado pola Asociación MeLiSA e que conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta xornada, busca ser unha primeira toma de contacto con alternativas de software libre que se poidan utilizar para o desenvolvemento da labor investigadora ou docente (tanto docentes coma alumnos). Presentaranse casos de éxito no uso de datos abertos e software libre en diversos campos.

No ámbito da ciencia e docencia, a utilización de software do que non se dispón do código fonte, que non se pode adaptar ás necesidades cambiantes ou compartir libremente dentro dos grupos de traballo, sumado á política restritiva de licenzas e dos custos asociados á utilización de software privativo, fai imprescindible ter alternativas que suplan estas necesidades como as que se verán este día.

A asistencia a esta xornada é libre e de balde. Tan só é necesario encher o formulario de Inscrición. Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal