Publicación de Trisquel 11.0 “Aramo”

Xoves, 30 Marzo 2023
Publicación de Trisquel 11.0 “Aramo”

Anunciouse a publicación de Trisquel 11.0 “Aramo”. Esta versión trae moitas melloras no soporte de hardware e en opcións de instalación.

Novidades: novas arquitecturas soportadas (ARM de 64bits e POWER), “debian-installer” é o instalador modo texto para Trisquel (permite instalacións avanzadas e personalizadas).

Abrowser, derivado de Firefox como paquete .deb estándar. Un navegador completamente libre que balancea privacidade e usabilidade. Compatibilidade con tarxetas de vídeo AMD/ATI. Aramo está baseado en Ubuntu 22.04LTS e recibirá soporte ata 2027.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal