O vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024, a Comunidade O Zulo organiza unha nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible de Mugardos. Desta volta o evento celebrarase no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, en quendas de mañá e tarde.

O obxectivo principal da xornada e visibilizar e “mapear” aqueles elementos patrimoniais, lugares, lembranzas que, ben polo paso do tempo ou porque forman parte da memoria das veciñas e veciños do Seixo, merecen o recoñemento neste proxecto.
O evento é gratuito e non é necesaria inscrición.
Horarios
– Quenda de mañá de 11.30 – 14.00 horas.
– Quenda de tarde de 17.00 – 20.00 horas.
A xornada é 100% autoxestionada e está organizada de xeito conxunto pola Asociación Comunidade O Zulo e a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega, colectivo do podedes seguir as súas actividades na súa páxina de Facebook.
