openSIL, firmware máis aberto de AMD

Luns, 29 Maio 2023
openSIL, firmware máis aberto de AMD

AMD anunciou que substituirá o clásico AGESA por openSIL, tanto a nivel de servidor como cliente. AGESA (AMD Generic Encapsulated Software Architecture) é unha biblioteca de procedementos utilizada para a Inicialización da Plataforma en placas basee para a arquitectura AMD64.

openSIL

AMD pretende que openSIL (Open-Source Silicon Initialization Library) sexa unha solución liviá, simple, transparente, segura e fácil de incrementar. A compañía programou o comezo do despregamento de openSIL para o ano 2026.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal