Nmap 7.94

Martes, 30 Maio 2023
Nmap 7.94

Nmap é un programa de software libre que serve para efectuar rastrexo de portos, e un popular scanner de rede deseñado para auditar a rede e detectar servizos de rede activos. Conta cunha nova versión, a 7.94.

Novidades: a GUI de Zenmap e a utilidade Ndiff convertéronse para usar Python 3. Zenmap usa a biblioteca PyGObject en lugar de PyGTK para xerar a interface gráfica. Agregouse soporte para o modo de instalación silenciosa ao instalador para Windows, o consumo de memoria foi optimizado xunto co rendemento de código mellorado para a detección do sistema operativo, a procura de nomes de servizos, a coincidencia e as comprobacións de retransmisión.

Nmap

Mellorouse a análise dos nomes de dominio devoltos polos servidores DNS. Para contrarrestar os ataques a través da manipulación das respostas do servidor DNS, agregouse protección de recorrencia e implementouse un límite de tamaño de nome de dominio. As bases de datos de firmas foron actualizadas para identificar aplicacións de rede e sistemas operativos, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal