Mancomún

Pasantía dunha programadora en LibreOffice

Luns, 8 Xuño 2026
Pasantía dunha programadora en LibreOffice

Siddhi, programadora autodidacta apaixonada polo senderismo, a repostaría e os proxectos de código, rematou a súa pasantía en LibreOffice a través do programa Outreachy, unha iniciativa que achega persoas pouco representadas ao mundo do software libre. A súa experiencia é un exemplo inspirador de como calquera persoa pode dar os seus primeiros pasos nun proxecto de código aberto de alcance global.

A imaxe presenta unha ilustración en estilo debuxo de tres persoas sentados á volta unha mesa cos portátiles abertos diante deles. A persoa da esquerda viste unha camiseta laranxa e ten longos cabelos. No centro hai outra persoa con unha camiseta verde e un pano de cabeza amarelo. Na dereita, unha terceira persoa con un hoodie azul.

Por que LibreOffice?

Siddhi buscaba unha forma práctica de contribuír ao software libre sen perderse no camiño. Outreachy ofrecíalle o mellor dos dous mundos: aprendizaxe guiada e contacto directo con desenvolvedores experimentados. LibreOffice chamoulle a atención desde o primeiro momento: era unha ferramenta que xa coñecía desde a escola e que usan millóns de persoas en todo o mundo.

Do código abrumador á confianza

Os primeiros pasos non foron sinxelos. Siddhi comezou revisando informes de erros e tarefas para persoas iniciantes, mentres ía coñecendo a estrutura interna dun proxecto da magnitude de LibreOffice. O código resultoulle ao principio intimidante, pero a comunidade estivo sempre presente: colaboradores veteranos axudárona incluso nos aspectos máis básicos, como compilar o código fonte por primeira vez. Pouco a pouco, a confianza foi medrando.

Antes de comezar a pasantía, Ilmari Lauhakangas axudouna a entender como se organiza o proxecto (interface, código fonte, control de calidade), o que lle aforro moita desorientación inicial. Xa durante a pasantía, Heiko Tietze actuou como o seu mentor: definiu obxectivos claros, revisou o código con rapidez e proporcionou retroalimentación construtiva.

O traballo: mellorar o diálogo de hiperligazóns

O proxecto principal de Siddhi foi a mellora do diálogo de hiperligazóns de LibreOffice. Este cadro de diálogo, que permite inserir e xestionar ligazóns en documentos, tiña problemas de coherencia visual e incluso un bloqueo —un colgue da aplicación— que se producía ao abrilo en determinadas condicións.

A solución de Siddhi foi converter o diálogo nunha xanela con lapelas estándar —Internet, Correo, Documento e Novo documento—, o que o fai visualmente consistente co resto da suite e moito máis sinxelo de manter no futuro. O código xa foi integrado no proxecto e estará dispoñible para todos os usuarios de LibreOffice.

Para Siddhi, un dos momentos máis gratificantes foi ver o seu código fusionado e saber que será utilizado por millóns de persoas. A pasantía tamén lle permitiu observar de primeira man como funciona realmente o desenvolvemento de software libre: discusións técnicas, revisións de código, probas e melloras iterativas.

Como podes colaborar ti tamén

Aínda que a corrección principal xa está integrada, o diálogo de hiperligazóns de LibreOffice admite moito máis traballo: novas funcionalidades, melloras de accesibilidade e casos de proba para erros xa corrixidos. Se queres contribuír, o issue xeral sobre o diálogo é un bo punto de partida.


Artigo orixinal publicado no Blog da Comunidade Hispana de The Document Foundation o 28 de febreiro de 2026. Autoría: Daniel A. Rodriguez.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal