Planificador de Vías Verdes de Girona

Martes, 7 Maio 2024
Planificador de Vías Verdes de Girona

O Planificador de Vías Verdes de Girona pode ser utilizada desde www.viesverdes.cat, e permite planificar e gardar diferentes tipos de rutas, dun día ou por etapas.

Captura do mapa coas rutas e puntos de interés

A finais de febreiro presentouse o novo planificador de rutas do Consorci de les Vies Verdes de Xirona. Esta ferramenta permite visualizar toda a rede de rutas das comarcas de Xirona que poden realizarse a pé ou en bicicleta e que xestiona o Consorci, planificar itinerarios dun día ou por etapas, e obter toda a información necesaria para organizar as saídas. Permite visualizar toda a rede e crear rutas personalizadas con toda a información e servizos.

O proxecto enmárcase dentro dunha subvención europea, os fondos NextGeneration, no apartado enfocado á modernización e competitividade do sector turístico para transformar o modelo turístico cara á sostibilidade.

Técnicamente, a ferramenta desenvolveuse a partir dun sistema de xestión de datos XIS para traballar con datos xeoespaciais e crear un visor cartográfico, co cal o usuario navega. O planificador é autxestionable e “permite que os técnicos do Consorci poidan actualizar en cada momento as informacións, engadir rutas, servizos turísticos, puntos de interese para o usuario, servizos aos cicloturistas e novas de interese ou alertas”, explicou o xerente, que tamén destacou que a ferramenta ofrécese en catro idiomas e nun formato adaptado para móbil.

Utiliza os datos do proxecto libre OpenStreetMap, e as librerías de Leaflet para a súa visualización na web.

O proxecto comprende unha serie de accións cuxo obxectivo é ampliar e mellorar a rede ciclable da provincia de Xirona para promover o cicloturismo, espallar os fluxos turísticos e potenciar o coñecemento do territorio e do seu patrimonio de forma sostíbel.

Tutorial do funcionamento do planificador

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal