Podo ser ti: Xogando con síntesis de voz usando IA

Luns, 6 Maio 2024
Podo ser ti: Xogando con síntesis de voz usando IA

O mércores, 8 de maio ás 19.00 horas, terá lugar a charla “Podo ser ti: Xogando con síntesis de voz usando IA”, no local da Industriosa (Avda. Gregorio Espino 38 entresollado 3 – Vigo).

Cartel da charla
Podo ser ti: xogando con síntesis de voz usando IA

Algunha vez soñaches con ser como Carlos Latre? Imaxinas poder ter o teu propio Carlos Latre á túa disposición cando queiras?

No noso próximo meetup, imos mergullarnos no mundo da clonación de voz utilizando Intelixencia Artificial. Que se pode lograr? Que límites ten esta tecnoloxía? Como podemos detectar o seu uso? É realmente posible ter un Carlos Latre baixo demanda?

Nesta charla, Dani levaranos nun viaxe polas súas últimas investigacións e proxectos arredor da clonación de voz mediante ferramentas de IA. Ademais, brindaranos unha visión xeral da tecnoloxía de LLM de última xeración. Dani, actualmente traballa no equipo de seguridade de Telefónica. No pasado, traballou na detección de anomalías na fabricación e obxectos usando visión artificial.

Non perdas esta oportunidade de explorar os límites das tecnoloxías LLM, esperámosche.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal