O programa da AtlanticaConf 2023 xa foi publicado. En palabras da organización:
“Este ano preparamos unha AtlanticaConf cun programa moi variado, todo tipo de actividades como charlas, lightning talks, open spaces e talleres impulsados polas comunidades tecnolóxicas galegas.
Pre-Atlantica
O venres pola mañá teremos actividades de acceso libre, con mesas redondas dirixidas a estudantes onde profesionais do sector e algúns antigos alumnos da FIC falarán sobre o futuro laboral, entrevistas de traballo ou como emprender e montar startups. Se estudas na FIC non o perdas!

AtlanticaConf
O evento principal comezará oficialmente o venres ao mediodía e contará con 3 tracks en paralelo con charlas de grandes profesionais e talleres a cargo das comunidades tecnolóxicas de Galicia. Os talleres requiren inscrición previa. Informarémosche por email e en redes cando se abra o seu rexistro.
O evento terminará o sábado pola tarde cunha sesión de charlas rápidas (lightning talks) e espazos onde debater sobre diversas temáticas (open spaces).”
Podedes conseguir as entradas nesta ligazón.