Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de febreiro

Mércores, 15 Febreiro 2023
Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de febreiro

Xa está publicado o número 103 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de febreiro.

O proxecto destacado deste mes é GitLab, unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git e que ademais tamén ten algunhas funcionalidades de xestión de proxectos integrada.

No apartado de novas destacamos a publicación dos Stickers inspirados no “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia” e a nova sobre Echirolles, cidade francesa coa certificación “Territoires numériques libres”.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal