Neste webinar recóllese a presentación (a través do programa OSPOlogy da Linux Foundation) que fixo a Oficina de Software Libre da Xunta de Galicia sobre a “Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software” que publicou recentemente.

A oficina de software libre da Amtega, foi invitada a facer esta presentación da guía, polo interese que despertou esta iniciativa entre os membros do TODO Group da Linux Foundation, do que forman parte organizacións e empresas de todo o mundo.
Vídeo do webinar
Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software
Esta nova guía, dispoñible para a súa descarga no portal Mancomún, foi creada dende un principio pensando non tanto como guía de uso interno, senón para o público xeral. É por isto que se lle deu un estilo máis didáctico, tratando de achegar os contidos dun xeito e cunha linguaxe máis cotián.
O TODO Group da Linux Foundation
A Linux Foundation é unha organización internacional que trata de impulsar a industria a través do fomento da colaboración e creación de comunidade ao redor de proxectos de código aberto. Nesta organización participan case todas as empresas tecnolóxicas máis importantes a nivel mundial.