Mancomún

Repaso das solucións dispoñibles en Apeiría

Martes, 23 Abril 2024
Repaso das solucións dispoñibles en Apeiría

Apeiría ten por obxectivo ofrecer ás empresas galegas a posibilidade de analizar e probar solucións empresariais de software libre como servizo na nube.

Varios apeiros pousados de pé nunha parede

A vantaxe do uso deste servizo para as empresas é que non precisan dispoñer dunha estrutura propia nin inverter tempo no proceso de instalación e configuración da ferramenta.

Vídeo resumo das solucións dispoñibles en Apeiría

Solicitude de uso

Este servizo está xestionado pola Oficina de Software Libre (AMTEGA). Para solicitar unha instancia de proba de calquera das aplicacións dispoñíbeis é preciso cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico a: software.libre@xunta.gal

Descarga formulario de solicitude

Unha vez revisada a solicitude enviaránselle os datos de acceso e indicaráselle a duración do período de proba (habitualmente 30 días).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal