O próximo 19 de xullo a partir das 18.30, volverán as Katas de Rust no local da Industriosa. Pero esta vez será algo diferente.
Esta vez revisaremos o código feito por algúns membros das últimas Katas e así tratar de facer algunha mellora e aprender dunha aplicación real.

O proxecto é o seguinte: https://gitlab.com/scrobotics/optical-makerspace/dark-sky-meter-fw
Teremos os contribuidores do proxecto para que nos presenten o proxecto e nos poidan resolver dúbidas.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.