Con motivo dos 25 anos desde o inicio do proxecto Dédalo, vanse celebrar dúas xornadas dedicadas a repasar o pasado, o presente e o futuro de Dédalo (programa de software libre para a xestión dixital que se usa en diferentes museos de España). O Museu de Prehistòria de València acollerá os días 26 e 27 de outubro de 2023 estas xornadas sobre a xestión dixital do Patrimonio Cultural sobre Dédalo.

As xornadas divídense en talleres, relatorios e mesas redondas sobre as problemáticas e os retos da xestión dixital das coleccións dos museos así como o tratamento dos fondos de Memoria en diferentes institucións. As xornadas complétanse con presentacións de proxectos de inventario, catalogación e difusión de Patrimonio e Memoria xestionados con Dédalo en diferentes ámbitos.
A xornadas serán unha gran oportunidade para atoparse con outros proxectos, compartir coñecemento e experiencias e pensar sobre a xestión e difusión do patrimonio cultural. Dous días de encontro, debate e discusión sobre xestión do Patrimonio Cultural, Memoria e Tecnoloxía.