O denominado Noahpad UMPC dispón dunha pantalla de 7 polgadas convencional (non táctil), pero no lugar de teclado dispón de dous cadrados táctiles de 2,76 polgadas de diagonal que permiten acceder a un teclado táctil virtual cunha característica sorprendente: ao encartar o teclado sobre a pantalla pódense ver as pulsacións do teclado sobre a pantalla.
O efecto parece algo complexo, pero segundo os seus desenvolvedores está destinado a mellorar a velocidade de introdución de texto, xa que permite metelo con varios dedos en lugar do uso tradicional dos polgares. O dispositivo podería estar dispoñible en marzo de 2008.
Fonte: theinquirer.es
