GNUWin é unha selección de Software Libre que recomenda aplicacións libres útiles permitíndolle á xente descubrir o Software Libre. Moitos deles están baixo licenza GNU/[[GPL]] e funcionan en múltiples plataformas (GNU/Linux, Windows, etc). O principal obxectivo deste directorio é proporcionar solucións baixo Software Libre en plataforma Windows para que os usuarios, unha vez cubertas as súas necesidades, migren definitivamente a GNU/Linux.
A continuación amósase a listaxe de programas matemáticos proposta por GNUWin.
» Maxima 5.9.0
Maxima para computación simbólica. Maxima posúe as seguintes características:
- Trazado vía netmath en rede.
- Cálculos en rede.
- Probado para unha gran cantidade de problemas.
- Depurador a nivel de código.
- Documentación dispoñible en html, textinfo, info, dvi e postscript.
- Fácil de estender, acceso completo ao código fonte e un acceso a Common Lisp.
Está baixo licenza GNU/GPL.
» Octave 2.1.42
GNU Octave é unha linguaxe de alto nivel, deseñada para computación numérica. Dispón dunha liña de comandos para resolver problemas lineais e non lineais numericamente e para levar a cabo experimentos numéricos empregando unha linguaxe que é compatible con [[Matlab]]. Tamén pode ser empregado coma linguaxe de procesado en lotes. Está baixo licenza GNU/GPL.
» Celestia 1.3.2
Celestia é unha simulación espacial que permite experimentar no noso universo en tres dimensións. Celestia permite viaxar través do sistema solar ou incluso a través da galaxia.
» R 1.8.0
R é ‘GNU S’ – Unha linguaxe e unha contorna para computación de gráficos estatísticos. R é similar ao premiado sistema S, que foi desenvolvido nos laboratorios Bell por John Chambers. Posúe unha amplia variedade de técnicas estatísticas e gráficas (modelos lineais e non lineais, probas estatísticas, análise de series temporais, clasificación, clustering, …). Está licenciado baixo GNU/GPL e funciona baixo plataformas GNU/Linux, *BSD, Windows, etc.
» Scilab 2.6
Scilab é un paquete de software científico para o cálculo numérico cunha contorna amigable. A licenza deste aplicativo é SCILAB, unha licencia específica para este software.
» Gnuplot 3.7.x ()
gnuplot é un potente xerador de gráficas de funcións e conxuntos de datos (2D e 3D) en liña de comandos. Este software ten copyright pero permítese a súa libre distribución. Traballa en plataformas UNIX, IBM OS/2, MS Windows, DOS, Macintosh, VMS, Atari, etc.
» xplanet 0.94a
Xplanet xera unha imaxen da terra nunha ventá. Esta licenciado GNU/GPL e traballa en plataformas GNU/Linux, Sparc Solaris, FreeBSD e MS Windows baixo
Cygwin.