Mancomún

O Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a XVII edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de fomentar e achegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

cartel do Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao ou Fin de Mestrado

O prazo de presentación de candidaturas remata o día 6 de setembro. O acto de resolución do premio será o vindeiro 20 de setembro.

Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2023-2024.

Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio dentro da páxina web do CIXUG. Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.

Requisitos e prazos

As e os estudantes interesados en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son: ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative. Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.

Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 6 de setembro:

Encher o formulario de inscrición.

Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. Pode empregarse este guión para a súa realización, e entregarse no propio formulario de inscrición, ou por correo electrónico antes do peche do prazo de inscrición

Finalistas e acto de resolución

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado seleccionará os finalistas que deberán acudir ao acto de resolución do premio, que se celebrará o día 20 de setembro. Os finalistas deberán realizar unha breve presentación do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincapé nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro…

Este premio ten por obxectivo non só recompensar a un proxecto tecnicamente bo, senón a un bo proxecto de software libre. Os criterios de valoración que terá en conta o xurado á hora de tomar a súa decisión son os seguintes aspectos:

Nivel de actividade pública do traballo: valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, repositorios públicos de código fonte ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.

Uso axeitado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.

Calidade do proxecto: deseño e implementación.

O Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre contará cunha dotación económica inicial de 1.500€ grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega para o fomento e difusión do software libre.

Ademais, está previsto que se poida ampliar esta dotación económica ata un máximo de 750€ máis en colaboración con outros axentes do ecosistema de software libre no ámbito universitario.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre da Amtega dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

A Oficina de Software Libre decide ampliar o prazo de presentación de solicitudes ao “Premio ao mellor traballo universitario libre” ata o próximo 13 de outubro.

Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio. Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG.

Cartel do Premio ao mellor traballo universitario libre
Data límite o 13 de outubro de 2023

Requisitos e prazos

As/os estudantes interesadas/os en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son:

– ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación

– ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative.

Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.

Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 13 de outubro:

– Encher o Formulario de inscrición

– Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. Pode empregarse este guión para a súa realización, e entregarse no propio formulario de inscrición, ou por correo electrónico antes do peche do prazo de inscrición.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2023 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudando universitario.

Xoves, 12 Xaneiro 2023 | Pablo Mariño

Mancomún Podcast: Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022

Episodio 95

O pasado venres 21 de outubro, tivo lugar no GaiásTech da Cidade da Cultura o acto de resolución da XV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre.

Os catro finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:

  • – Alejandro Iregui Valcarcel co proxecto eHand: arquitectura de control para prótesis mio-eléctricas.
  • – Pedro Guijas Bravo co proxecto Desenvolvemento dunha biblioteca para a aprendizaxe federada baixo unha arquitectura peer-to-peer.
  • – Pablo Mariño Boga co proxecto Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental.
  • – E Eliseo Bao Souto co Ranking de usuarias de Reddit aplicando un modelo de relevancia para trastornos depresivos.

Hoxe contamos nos micros de Mancomún con Pablo Mariño Boga, que acadou o primeiro premio.

Enlaces mencionados no programa

Pablo Mariño https://www.linkedin.com/in/pablomarinoboga/ Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental https://gitlab.com/environment-logger Noticia en Mancomun.gal https://www.mancomun.gal/noticias/pablo-marino-e-pedro-guijas-ganadores-dos-premios-ao-mellor-proxecto-universitario-con-licenza-libre/

As músicas usadas neste programa foron

Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ https://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/

Desde o 1 de xuño de 2022 ao 31 de agosto permanecerá aberto o prazo de inscrición para a décimo sexta edición do Concurso Universitario de Software Libre (CUSL), correspondente co curso académico 2021/2022.

O obxectivo principal do Concurso Universitario de Software Libre é fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade do Software Libre na Universidade.

logo del concurso

O Concurso Universitario de Software Libre é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar estudantes universitarios (de grao, máster e doutoramento), estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

Os participantes dispoñerán dun blogue onde contarán a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso académico, ademais de empregar un repositorio, como GitHub, GitLab ou LaunchPad para aloxar o código fonte.

Máis información

Ábrese o prazo de presentación de candidaturas ata o día 7 de outubro. O acto de resolución do premio será o vindeiro 21 de outubro.

Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2021-2022.

O Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a XV edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de fomentar e achegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio dentro do portal mancomún (https://www.mancomun.gal/premiopfc/). Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.

Requisitos e prazos

As e os estudantes interesados en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son: ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative. Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.

Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 2 de outubro:
– Inscribir o proxecto na forxa de mancomún no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con Software Libre > 2022”.
– Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. A memoria deberá publicarse na sección Documentos do proxecto na Forxa.
– Darse de alta na lista de correo do premio onde se resolverán todas as dúbidas que poidan ter os participantes, así como se realizará a coordinación do acto de resolución do premio.
– Cubrir o formulario de inscrición.

Finalistas e acto de resolución

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado seleccionará os finalistas que deberán acudir ao acto de resolución do premio, que se celebrará o día 21 de Outubro. Os finalistas deberán realizar unha breve presentación do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincapé nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro…

Este premio ten por obxectivo non só recompensar a un proxecto tecnicamente bo, senón a un bo proxecto de software libre. Os criterios de valoración que terá en conta o xurado á hora de tomar a súa decisión son os seguintes aspectos:
– Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.gal ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.
– Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.
– Calidade do proxecto: deseño e implementación.

O Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre contará cunha dotación económica inicial de 1.500€ grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega para o fomento e difusión do software libre.

Ademais, está previsto que se poida ampliar esta dotación económica ata un máximo de 750€ máis en colaboración con outros axentes do ecosistema de software libre no ámbito universitario.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2022 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

Máis información

A Fundación de Software Libre (FSF) anunciou aos gañadores dos Premios de Software Libre 2021 na conferencia LibrePlanet 2022. Estos premios son outorgados a persoas que fixeron contribucións significativas ao desenvolvemento de software libre, así como proxectos libres socialmente significativos.

Os gañadores dos premios deste ano son: Paul Eggert, Protesilaos Stavrou e SecuRepairs.

 

O Premio ao desenvolvemento e avance de Software Libre foi para Paul Eggert, responsable de manter a base de datos de zonas horarias utilizada pola maioría dos sistemas Unix e todas as distribucións GNU/Linux. Paul estivo involucrado no desenvolvemento de moitos proxectos de código aberto como GCC durante máis de 30 anos.

 

O Premio a proxectos que trouxeron importantes beneficios á sociedade e contribuído á solución de importantes problemas sociais, o galardón recaeu no proxecto SecuRepairs, que reúne a profesionais da seguridade informática que defenden o dereito dos usuarios á autorreparación, estudando o interior, mantendo e modificando os dispositivos ou produtos de software. O premio recolleuno Paul Roberts, fundador de SecuRepairs.

 

Na categoría Contribución destacada de novo colaborador ao software libre, foi outorgada a Protesilaos Stavrou, quen se distinguiu no desenvolvemento do editor Emacs.

Máis información

No portal de Mancomún, temos unha sección destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master.

Hoxe temos nos micros de Mancomún a Paloma Piot e Borja González, gañadores da edición 2021, a Rafael Rodríguez Gayoso representando ao CIXUG, e ao noso compañeiro Brais Arias que foi membro do xurado.

Entrevista a Paloma Piot e Borja González, gañadores do Premio ao mellor proxecto universitario libre 2021

Enlaces mencionados no programa

Paloma Piot
https://www.linkedin.com/in/paloma-piot/

Borja González
https://www.linkedin.com/in/bglezseoane/

Sección no portal de Mancomún
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

Bases do concurso
https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/

Proxecto de Paloma
https://github.com/palomapiot/early

Proxecto de Borja
https://pypi.org/project/pytoxo/

Nova relacionada
https://www.mancomun.gal/noticias/paloma-piot-ganadora-do-premio-a-mellor-proxecto-universitario-libre-2021/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Paloma Piot resulta gañadora da XIV edición do Premio a mellor proxecto universitario libre co seu proxecto «Profiling automático de usuarios para a detección precoz de trastornos mentais». Borja González consegue o segundo premio co proxecto PyToxo.

Na tarde do pasado venres, 22 de outubro, tivo lugar na Cidade da Cultura o acto de resolución da XIV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado polo Consorcio CIXUG, e que conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

filter: 0; fileterIntensity: 0.0; filterMask: 0; module: h; hw-remosaic: 0; touch: (-1.0, -1.0); modeInfo: ; sceneMode: Night; cct_value: 0; AI_Scene: (200, -1); aec_lux: 269.0; hist255: 0.0; hist252~255: 0.0; hist0~15: 0.0;

Un total de 4 candidaturas acadaron esta fase final, que foron avaliadas polo xurado a través das súas diferentes presentacións, e nas que se tiveron en conta aspectos tales como o correcto licenciamento dos traballos, así como o uso dunha metodoloxía propia, e que caracteriza especialmente aos traballos en aberto.

filter: 0; fileterIntensity: 0.0; filterMask: 0; module: h; hw-remosaic: 0; touch: (0.7175926, 0.7175926); modeInfo: ; sceneMode: Night; cct_value: 0; AI_Scene: (0, -1); aec_lux: 270.0; hist255: 0.0; hist252~255: 0.0; hist0~15: 0.0;

O primeiro premio foi obtido por Paloma Piot Pérez-Abadín, estudante do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) que presentou o traballo fin de máster co título «Profiling automático de usuarios para a detección precoz de trastornos mentais», no que desenvolve un sistema capaz de realizar un perfilado automático de usuarios cunha aplicabilidade na detección temprana de trastornos mentais. Este recoñecemento conleva unha dotación económica de 1.500 euros, que son aportados polo CIXUG ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Ademais, entregouse un segundo premio a Borja González Seoane, tamén estudante da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, polo seu traballo de fin de grao «PyToxo: una herramienta Python para calcular tablas de penetrancia de modelos de epistasia de alto orden», que presenta unha nova implementación da libraría Toxo, a cal introducía unha aproximación matemática innovadora no estado da arte, pero que estaba desenvolvida para MATLAB. PyToxo liberase baixo unha licenza libre e fai uso de toda a potencia da linguaxe Python. Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750 euros, que son achegados pola asociación GPUL, entidade colaboradora desta iniciativa e tamén enmarcado no convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

filter: 0; fileterIntensity: 0.0; filterMask: 0; module: h; hw-remosaic: 0; touch: (-1.0, -1.0); modeInfo: ; sceneMode: Night; cct_value: 0; AI_Scene: (-1, -1); aec_lux: 248.0; hist255: 0.0; hist252~255: 0.0; hist0~15: 0.0;

Os finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:
– Paloma Piot Pérez-Abadín: Profiling automático de usuarios para a detección precoz de trastornos mentais
– Mauro Alberto de los Santos Nodar: Pasaporte dixital de vacinación COVID-19 baseado en Blockchain, con criptomoeda asociada a modo de incentivo e aplicación móbil para o seu uso
– Diego Trabazo Sardón: Galiasdoc: sistema para la extracción automática de información estructurada a partir de documentos con elementos de maquetación comunes
– Borja González Seoane: PyToxo: una herramienta Python para calcular tablas de penetrancia de modelos de epistasia de alto orden

O CIXUG convoca este premio dentro das actividades incluídas dentro do convenio de colaboración coa AMTEGA, e no que se pretende a mellora dos mecanismos de formación e difusión do software libre no ecosistema universitario galego. A colaboración de GPUL tamén forma parte das actividades realizadas ao abeiro do convenio de colaboración asinada coa Amtega para a promoción do software libre en Galicia.

Máis información

Esténdese o prazo para a presentación de candidaturas ata o 8 de outubro. Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2020-2021.

O Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a XIV edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de fomentar e achegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio dentro do portal mancomún (https://www.mancomun.gal/premiopfc/). Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.

Requisitos e prazos

As e os estudantes interesados en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son: ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative. Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.

Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 8 de outubro:
– Inscribir o proxecto na forxa de mancomún no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con Software Libre > 2021”
– Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. A memoria deberá publicarse na sección Documentos do proxecto na Forxa
– Darse de alta na lista de correo do premio onde se resolverán todas as dúbidas que poidan ter os participantes, así como se realizará a coordinación do acto de resolución do premio.
– Cubrir o formulario de inscrición

Finalistas e acto de resolución

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado seleccionará os finalistas que deberán acudir ao acto de resolución do premio, que se celebrará o venres día 22 de Outubro. Os finalistas deberán realizar unha breve presentación do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincapé nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro… Este premio ten por obxectivo non só recompensar a un proxecto tecnicamente bo, senón a un bo proxecto de software libre. Os criterios de valoración que terá en conta o xurado á hora de tomar a súa decisión son os seguintes aspectos:

Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.gal ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.

Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.

Calidade do proxecto: deseño e implementación.

O Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre contará cunha dotación económica inicial de 1.500€ grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega para o fomento e difusión do software libre. Ademais, está previsto que se poida ampliar esta dotación económica ata un máximo de 750€ máis en colaboración con outros axentes do ecosistema de software libre no ámbito universitario. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2021 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

Máis información

Aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o 2 de outubro para o “Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2021”.

O acto de resolución do premio será o vindeiro 22 de outubro.

Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2020-2021.

O Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a XIV edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de fomentar e achegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio dentro do Portal Mancomún (https://www.mancomun.gal/premiopfc/). Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.

Requisitos e prazos

As e os estudantes interesados en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son: ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative. Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.

Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 2 de outubro:

1. Inscribir o proxecto na forxa de mancomún no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con Software Libre > 2021”
2. Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. A memoria deberá publicarse na sección Documentos do proxecto na Forxa
3. Darse de alta na lista de correo do premio onde se resolverán todas as dúbidas que poidan ter os participantes, así como se realizará a coordinación do acto de resolución do premio.
4. Cubrir o formulario de inscrición

Finalistas e acto de resolución

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado seleccionará os finalistas que deberán acudir ao acto de resolución do premio, que se celebrará o día 22 de outubro. Os finalistas deberán realizar unha breve presentación do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincapé nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro …

Este premio ten por obxectivo non só recompensar a un proxecto tecnicamente bo, senón a un bo proxecto baseado en software libre. Os criterios de valoración que terá en conta o xurado á hora de tomar a súa decisión son os seguintes aspectos:
• Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.gal ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.
• Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.
• Calidade do proxecto: deseño e implementación.

O Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre contará cunha dotación económica inicial de 1.500€ grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega para o fomento e difusión do software libre.

Ademais, este premio vese ampliado cun segundo premio de 750€ grazas á colaboración da asociación GPUL.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2021 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

Máis información

Desde a Organización do Concurso Universitario de Software Libre, anunciaron que van estender a fase de inscrición ata o 21 de xuño.

A misión do Concurso Universitario de Software Libre é tentar chegar a todos os estudantes de España para darlles a coñecer os beneficios do Software Libre non só a nivel institucional senón tamén a nivel persoal.

Desde a organización esperan que esta extensión faga que os indecisos se lancen a participar e saquen adiante eses proxectos que tanto gozarán durante a fase de desenvolvemento.

Máis información

Xoves, 22 Abril 2021 | Luís Galocha e Pablo Castro

#53-Mancomún Podcast: Concurso Universitario de Software Libre 2021

Episodio 53

Desde o ano 2006, vén organizándose o Concurso Universitario de Software Libre. Un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar estudantes universitarios (de grao, master e doutoramento), estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

Hoxe charlamos con Luís Galocha e Pablo Castro, para saber un pouco máis sobre este concurso.

Concurso Universitario de Software Libre 2021

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/

Aberta a fase de inscrición, ata o día 21 de marzo de 2021, ao XV Concurso Universitario de Software Libre. Como indican as bases do concurso, a inscrición está aberta a alumnos universitarios, de bacharelato, graos medio e superior, e terceiro ciclo ou máster.

Concurso Universitario de Software Libre

Este é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar tanto estudantes universitarios (de grao, máster e doutoramento), como estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

O obxectivo principal do Concurso Universitario de Software Libre é fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade do Software Libre na Universidade.

Os participantes dispoñerán dun blogue onde contarán a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso académico, ademais de empregar un repositorio, como GitHub, GitLab ou LaunchPad para aloxar o código fonte.

Inscrición

A inscrición levarase a cabo mediante o seguinte formulario.

Máis información

Luns, 28 Setembro 2020 | Marcos Fernández Pichel,

#40-Mancomún Podcast: Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019

Episodio 40

No portal de Mancomún, temos unha sección destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master.

Por certo, inda vos podedes apuntar ata o 2 de outubro

Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019

Hoxe temos nos micros de Mancomún a Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores da edición 2019 xunto a Sergio Rodriguez Gayoso.

Enlaces mencionados no programa

– Premio ao mellor proxecto universitario libre
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

– Formulario de inscrición
https://www.mancomun.gal/premiopfc/formulario-de-inscricion/

– Bases do concurso
https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xoves, 19 Setembro 2019 | Alejo Pacín

#16-Mancomún Podcast: Entrevista a Alejo Pacín, gañador do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2018

Episodio 16

Unha das seccións do portal de Mancomún, está destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre.

Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master.

Por certo, inda te podes apuntar ata o 30 de setembro.

Entrevista a Alejo Pacín, gañador do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2018

Hoxe temos nos micros a Alejo Pacín, gañador da edición do 2018 e a Brais Arias (segundo premio na edición do 2018 e que tamén foi xurado por GPUL na 7ª edición do premio, polo que coñece de boa man como funciona todo o proceso).

00:16 – Presentación
01:02 – Coñecendo como funciona o Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
12:31 – Despedida

Enlaces mencionandos no programa

Sección no portal de Mancomún
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

Formulario de inscrición
https://www.mancomun.gal/premiopfc/formulario-de-inscricion/

Bases do concurso
https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/

Proxecto “Puding”, de Alejo Pacín
http://proxectopuding.blogspot.com/
https://twitter.com/proxectopuding

Proxecto “QAS Sensorización da Calidade do Aire”, de Brais Arias
https://qassensoring.wordpress.com/
https://gitlab.com/pfc_QAS/QAS

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “The Time To Run (Finale)” by Dexter Britain CC BY-SA-NC 3.0
https://dexterbritain.bandcamp.com/track/the-time-to-run-finale
– Efectos sonoros de Freesound

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xoves, 15 Decembro 2016

Documentación de apoio para o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

PDF

Os presentes materiais teñen por misión servir de axuda ás e os estudantes que se presenten ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, servindo como guía para adecuar o seu proxecto aos criterios que se valoran no mesmo, que non son outros que os mesmos que definen a filosofía do software libre.

Segundo as bases do premio, os criterios máis importantes á hora de valorar os proxectos son:

  • Nivel de actividade pública do traballo: Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.
  • Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.
  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.

É por isto que nestes materiais queremos ofrecer unha guía que cubra os aspectos fundamentais dos proxectos de software libre, como son o do correcto licenciamento do mesmo, respectando as dependencias de terceiros empregadas e establecendo claramente a licenza xeral para o mesmo, e potenciando o desenvolvemento en comunidade, establecendo os medios habituais neste tipo de proxectos para que calquera outra persoa poda contribuír ao mesmo, enriquecéndoo e mellorándoo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal