Test de accesibilidade TAW xa en galego

Test de accesibilidade TAW xa en galego
http://www.mancomun.org/images/stories/tawdis.jpg O test de accesibilidade TAW, que permite determinar o grao de accesibilidade dunha web, xa conta coa súa versión en galego grazas a un acordo entre a Fundación CTIC e a Consellería de Innovación. Deste xeito os desenvolvedores web contarán cunha ferramenta de referencia no ámbito hispanoamericano que facilita a integración de colectivos con risco de discriminación tecnolóxica e posibilita un deseño “aberto a todos”. O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información contempla o desenvolvemento de ferramentas en galego que melloren a accesibilidade e a integración de diferentes colectivos na sociedade da información.
 

Este test, actualmente na súa versión 3, ten coma características a análise do sitio web completo, soporte para protocolo seguro, validación de zonas protexidas, acceso a través de proxy e proxy con contrasinal, comprobación visual para facilitar a validación manual, elaboración do informe EARL, posibilidade de engadir comprobacións personalizadas, configuración da validación no nivel de punto de verificación, limitador do número de páxinas da análise e maior número de comprobacións. Paralelamente á versión galega anunciouse a aparición da súa versión catalá. 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal