Liberada Mandriva Flash 4GB

Mandriva acaba de lanzar a versión de 4GB de Mandriva Flash, a versión live para dispositivos flash.

Mandriva Flash 4GB proporciona as características completas do sistema Mandriva Linux 2007 KDE 32bit, nunha chave de memoria USB 2.0 sen necesidade de instalación. Todo o que hai que facer é conectar a chave USB, prender o PC e o sistema operativo Mandriva Linux está listo para usar. As características de configuración do sistema xunto cos datos gárdanse na chave.

A principal vantaxe de Mandriva Flash 4GB é que só existe unha partición FAT 4GB e ti decides como dividila entre o sistema operativo e as particións compartidas. A primeira vez que se inicia Mandriva Linux pediranos que lle indiquemos onde se localiza o espazo para o sistema operativo…

Esta nova versión contén controladores para tarxetas de vídeo, tarxetas wireless e módems, KDE 3.5.4, Mozilla Firefox 1.5.0.10, OpenOffice.org 2.0.4, The Gimp 2.3.10, Real Player 10.0.8.805 e Flash Player 9.0.31.0.

Mandriva Flash 4GB contén tódalas actualizacións recentes que ten Mandriva Linux 2007 e tamén poderase actualizar á vindeira versión Mandriva Linux 2007 Spring.

Máis información en: http://www.mandriva.com/linux/2007/flash

Fonte:
http://www.mandriva.com/

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal