Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c.pngO martes 8 de xaneiro tivo lugar en Xixón un relatorio co título â??Estándares en la Web (Standards in the Web)â? a cargo de Martín Álvarez Espinar.

O obxectivo era introducir aos asistentes na necesidade de estándares para facer fronte a diversidade tecnolóxica presente na Web e garantir a interoperabilidade entre aplicacións. Algúns dos puntos da presentación foron:

  • A necesidade de estándares para accesibilidade e internacionalización, â??…a Web debe ser universal e para todo o mundo…â?

  • Web ubícua, â??… nun futuro: un ordenador por familia, pero un (ou máis) teléfonos móviles por persoa…â?
  • Web semántica para ter na web unha base de coñecemento e servizos tendo un acceso a información de forma eficiente.
  • Web de confianza, promovendo tecnoloxías que permitan seguridade, confianza, confidencialidade, … co fin de fomentar un contorno máis colaborativo.

Debido a crecente aparición de clientes web enriquecidos tamén se falou de interoperabilidade entre aplicacións amosando mediante exemplos gráficos o fluxo de comunicación entre as distintas partes. Como remate da presentación explícase por que funcionan os estándares web e cal é o proceso de construción dun estándar.

 

Fonte e referencias:

Coverity é unha empresa americana, con sede en San Francisco, que desenvolveu unha ferramenta automatizada de análise de código fonte e que anunciou a súa primeira lista de proxectos de Software Libre que foron certificados como libres de defectos de seguridade.

Coverity traballou en colaboración coa universidade de Stanford e analizou o código de aplicacións escritas en C, C++ para crear unha certificación con distintos niveis. O nivel máis alto de certificación, denominado “Rung 2” inclúe os seguintes once proxectos: Amanda, NTP, OpenPAM, OpenVPN, Overdose, Perl, PHP, Postfix, Python, Samba, e TCL. No nivel intermedio (Rung 1) inclúe 86 proxectos e no máis baixo, Rung 0, inclúe un total de 173 proxectos…

 

 

Para aqueles proxectos que non acadaron o nivel máis alto de certificación, estes deben arranxar os erros de seguridade atopados para poder ascender no nivel da certificación.

 

Fonte:
http://www.agnix.org
http://www.news.com

http://www.mancomun.org/images/stories/ampache.jpgAmpache é un xestor de ficheiros de son baseado en web. Está implementado con MySQL e PHP e permíteche ver, editar e reproducir os teus ficheiros de son a través de web. Ten soporte para listas de reprodución, vista por artista ou álbums, portadas dos discos, reprodución aleatorio, sistemas de votación baseado no número de reproducións, reprodutor de flash integrado. Tamén se pode habilitar a opción para que os usuarios que o desexen se poidan descargar e/ou subir os seus propios temas.

Na seguinte ligazón pódese probar unha versión demo do mesmo:
http://ampache.org/demo/login.php

Páxina de Ampache:
http://ampache.org

WinLibre e MacLibre son un conxunto de aplicacións que che permiten instalar e actualizar un bo conxunto das mellores aplicacións de Software Libre para os sistemas operativos Windows e Mac OS X respectivamente.

O único que hai que facer e descargar o paquete completo, elixir as aplicacións que queremos instalar, e o programa de instalación instalará todos os compoñentes eliximos. Ademais, se executamos de novo o programa de instalación, este tamén buscará novas versións dos programas que xa teñamos instalador.

Algúns dos programas incluídos en WinLibre e MacLibre son o Firefox, Thunderbird, VLC, Gimp, OpenOffice.org, …

 

Páxina de descargas de WinLibre:
http://www.winlibre.com/

Páxina de descargas de MacLibre:
http://www.maclibre.com/

Fonte:
http://lifehacker.com

OpenSwing é un framework para o desenvolvemento de aplicacións Java Swing, tanto para aquelas que non se comunican cunha base de datos como para aquelas aplicacións de dúas ou tres capas cuxo frontal (front end) é unha aplicación de escritorio.

O framework inclúe un conxunto de compoñentes gráficos implementados en Swing orientados á visualización de datos entre os cales hai compoñentes para mostrar cantidades de diñeiro, grids, un compoñente híbrido entre unha árbore e un grid, calendarios, diagramas de Gantt e un longo etcétera (ver demo).

http://www.mancomun.org/images/stories/openswing.jpg 

Pantallazo dunha aplicación empregando OpenSwing 

OpenSwing tamén conta cunha biblioteca para o desenvolvemento da capa de acceso a datos e (para as aplicacións de tres capas) a lóxica de negocio, así como unha biblioteca que se encarga de simplificar a comunicación co servidor. Tamén conta con compoñentes para visualizar documentos PDF e Excel.

O framework distribúese baixo licenza LGPL e conta con abundante documentación entre a cal inclúense varias aplicacións de demostración.

Fonte: Java Hispano

AutoLyrix foi deseñado para descargar as letras das cancións e carátulas automaticamente da canción que se está escoitando no teu reprodutor. � unha solución de código aberto que garda as letras das cancións descargadas dende EvilLyrics.

AutoLyrix é moi fácil de empregar xa que detecta automaticamente o reprodutor que estás usando e a canción que se está reproducindo, descargando a letra da canción e a carátula. AutoLyrix tamén emprega Google para procurar as cancións.

Está implementado en Mono e pode traballar baixo Windows, GNU/Linux ou Mac OS.

Os reprodutores soportados son:

  • XMMS

  • Winamp

  • iTunes

  • foobar2000

  • MediaMonkey

  • RealPlayer

  • Quintessential

  • XMPlay

  • Windows Media Player

Autolyrix pódese descargar dende a páxina do proxecto. Para que traballe correctamente en Windows hai que ter instalado o framework .NET 2.0 e en sistemas baseados en Debian hai que ter instalado o contorno de execución de Mono.

$ apt-get install mono-runtime mono mono-gmcs

Acaba de aparecer un novo reprodutor multimedia portátil (PMP) que ademais do propio dispositivo de almacenamento fai uso dunhas lentes que ofrecen a sensación de estar ante unha pantalla de 54 polgadas. O Dreamax Indicube i-800, ademais está baseado en GNU/Linux.

As lentes dispoñen de dous displays CHEIRADE de 0,44 polgadas cunha resolución de 800×600 píxeles que ofrecen a sensación de estar ante unha pantalla moito maior. O reprodutor baseado en GNU/Linux funciona en combinación coas devanditas lentes que a empresa coreana afirma que pode xestionar calquera tipo de contido, grazas á inclusión dun sistema GNU/Linux embebido, Indicube non só ofrece un xestor de ficheiros similar aos dos PCs, senón que ademais pode descodificar a gran maioría de códecs e traballar con HD facilmente.

 

Dispón de 8 Gbytes de memoria Flash nunha tarxeta SD, así como un disco duro de 16 Gbytes, e permite dar saída tanto a vídeos en formato NTSC como a vídeos PAL, o formato utilizado no noso país e a maior parte de Europa.

 

Fonte: Theinquirer.es

           Linuxdevices.com
 

Warzone 2100 é un xogo de estratexia 3D en tempo real, o seu código fonte foi liberado en decembro de 2004. Esta versión de Warzone 2100 foi feita con [[SDL]], [[OpenGL]], [[OpenAL]], e outras ferramentas. Pode executarse en diferentes plataformas entre as cales están Windows, GNU/Linux e [[BSD]], incluso se pode xogar en rede a pesar de estar en diferentes sistemas operativos.

A compañía desenvolvedora pechou e os propietarios do copyright do xogo, Eidos Interactive, pasaron o motor do xogo a [[GNU]]. Os seguidores desta saga crearon esta versión que che ofrece o mesmo divertimento do xogo orixinal, xa que a súa natureza segue sendo a mesma, aínda que  con algúns cambios estéticos, sobre todo.

 

Ao instalalo hai dúas versións. Por unha banda a orixinal, sen apenas cambios e coa simple compatibilidade para sistemas operativos actuais, e polo outro, unha versión mellorada con efectos visuais avanzados. 

http://www.mancomun.org/images/stories/firebirdlogo.gifEn SourceForge.net publican mensualmente o proxecto máis destacado. No mes de decembro o gañador foi o proxecto Firebird.

Firebird é un sistema relacional de bases de datos multiplataforma que ofrece moitas das características do ANSI SQL . Ten un alto rendemento, escala eficientemente desde un contorno para un usuario ata un contorno empresarial de máis de 1.000 cliente. Ademais conta cun grande soporte para linguaxe de procedementos almacenados e triggers. Firebird distribúese baixo unha licenza Mozilla Public License v.1.0…

Máis información nas páxinas do proxecto:

http://firebirdsql.org/
http://sourceforge.net/projects/firebird

O proxecto OpenMoko anunciou que presentará durante o CES (The international Consumer Electronics Show) o lanzamento dun novo modelo do seu teléfono móbil baseado en Linux. Este novo teléfono sería máis potente, con mellor soporte de gráficos 2D e 3D, e ademais podería ser un candidato perfecto para Android, a plataforma de Google.

Aínda non se coñecen os detalles do GTA02, pero segundo CNET o novo terminal incluirá un procesador máis rápido (500 MHz fronte aos 266 do Neo 1973 presentado o pasado mes de xullo) e tamén mellora o soporte para gráficos. A conectividade estará asegurada cun chip 802.11b/g…

var sburl4198 = window.location.href; var sbtitle4198 = document.title;var sbtitle4198=encodeURIComponent(“OpenMoko contará con WI-FI para decembro”); var sburl4198=decodeURI(“http://www.mancomun.org/index.php?option=com_content&task=view&Itemid=1&id=1775”); sburl4198=sburl4198.replace(/amp;/g, “”);sburl4198=encodeURIComponent(sburl4198);
OpenMoko
é un móbil deseñado para soportar o primeiro sistema operativo libre para móbiles. OpenMoko é un desenvolvemento para ter unha pila software para teléfonos móbiles (open mobile phone software stack) e Neo1973 é un exemplo de dispositivo soportado.

 

Fonte:
http://www.theinquirer.es

A empresa taiwanesa E-LEAD aproveitou o CES para presentar un novo concepto de UMPC, similar ao do ASUS Eee PC pero que fai uso extensivo de pantallas táctiles. E ademais diso, cunha Ubuntu controlándoo todo.

O denominado Noahpad UMPC dispón dunha pantalla de 7 polgadas convencional (non táctil), pero no lugar de teclado dispón de dous cadrados táctiles de 2,76 polgadas de diagonal que permiten acceder a un teclado táctil virtual cunha característica sorprendente: ao encartar o teclado sobre a pantalla pódense ver as pulsacións do teclado sobre a pantalla.

 

O efecto parece algo complexo, pero segundo os seus desenvolvedores está destinado a mellorar a velocidade de introdución de texto, xa que permite metelo con varios dedos en lugar do uso tradicional dos polgares. O dispositivo podería estar dispoñible en marzo de 2008.

Fonte: theinquirer.es

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Na web oficial de extensións do OpenOffice.org atopamos unha interesante extensión: Auto Starter for Presentation Documents.

Esta extensión permítenos que ao abrir un ficheiro de presentacións (inclusive do formato .pps de PowerPoint), este se execute automaticamente a pantalla completa e en modo presentación.

Para facer que funcione a extensión cos formatos de OpenOffice.org Impress é necesario seguir as instrucións que se detallan na páxina da extensión

 

Con esta extensión vense a resolver un problema que xa algún usuario de Mancomun.org tivera á hora de usar ficheiros .pps de PowerPoint.

A modo de resumo, o funcionamento sería o seguinte:

  • Para ficheiros .pps:
    • Abrir directamente o ficheiro e xa iniciará automaticamente
  • Para o formato de ficheiros .odp de OpenOffice.org:
    • Usar a barra de ferramentas da extensión que contén dous botóns:
      • Un triángulo que habilita esta opción
      • Un cadrado que a deshabilita
    • Establecer nas propiedades do ficheiro (menú Ficheiro->Propiedades), na pestana “Definido polo usuario”, o primeiro valor (info1) a “autostart”.

http://www.mancomun.org/images/stories/mugshot.pngMugshot é un proxecto de Software Libre que conta co apoio de Red Hat. A web de Mugshot permíteche estar ao tanto do que fan os teus amigos nos sitios máis populares de internet: que música están a escoitar, as súas imaxes, que acaban de poñer no seu blogue, que vídeo acaban de ver en YouTube, en que servizo se acaban de conectar da internet, etc…

Para usar Mugshot só é necesario o rexistro na web do proxecto en: http://mugshot.org/main

Na seguinte ligazón, http://mugshot.org/features ,  podes atopar un listado con algúns dos servizos soportados por Mugshot…

Páxina do proxecto:
http://mugshot.org/main

PostBooks é un sistema ERP e CRM orientado á PEME baseado na suite premiada OpenMFG ERP. O cliente gráfico traballa en GNU/Linux, Mac OS e MS Windows, e está preparado para internacionalización. Foi desenvolvido en C++ empregando o framework de código aberto Qt e como sistema de base de datos PostgreSQL e conta cos seguintes módulos:

  • Contabilidade (libro maior, informes bancarios, …).
  • Ventas (cotas, descontos,…).

  • Inventario (múltiples localizacións e outras características avanzadas para a xestión de almacén).

  • Control de facturación CRM (axenda de contactos, xestión de incidencias, lista de tarefas, xestión de proxectos) .

  • Soporte para OpenRPT (deseñador de informes).

http://www.mancomun.org/images/stories/postbooks.jpg

Pantallazo de PostBooks en funcionamento

PostBooks está baixo licenza CPAL (OSI-certified Common Public Attribution License) e pódese descargar dende Sourceforge. No repositorio están dispoñibles os paquetes en binario para as distintas plataformas listos para a súa execución despois de configurar unha base de datos en PostgreSQL seguindo os pasos de instalación.

Adium é un cliente de mensaxería instantánea para Mac OS X que soporta múltiples protocolos  grazas a [[libpurple]], a biblioteca na que se basea. Está escrito en [[Cocoa]] e publicado baixo os termos da licenza [[GPL]]. Esta última versión (1,2) lánzase oficialmente cunha serie de melloras entre as que están:

  • Menú mellorado
  • Administración de contas
  • Soporte optimizado para [[Jabber]], incluíndo [[SSL]]
  • Arranxos de mensaxería a través de [[Bonjour]] con transferencia de ficheiros
  • Chateo en grupo
  • Un novo dicionario Applescript
  • ..
Esta aplicación non consume moitos recursos, é compacta e completamente personalizable, sen impornos ningún banner de publicidade.

Adium é un cliente único que ofrece control total sobre a lista de contactos, avisando de novas mensaxes e mensaxes non contestadas. Tamén aparecerá un especie de cronometro que indicará canto tempo pasou desde que están neste estado. A maiores ofrece, entre outras funcións exclusivas, a posibilidade de compartir a lista de contactos con outros perfís de usuario no Mac.

 
Fonte: Canalapple.com 

http://www.mancomun.org/images/stories/osl-udc-es.pngA Oficina de Software Libre da UDC segue a colaborar co proxecto de tradución ao galego do contorno GNOME coa tradución de tres novos programas: o Brasero (aplicación para gravas cedés), o Planner (aplicación para a planificación de proxectos) e o Packagekit (aplicación para facilitar a instalación de programas). Estes tres programas suman un total de 1.700 cadeas, que se suman ás máis de 900 do reprodutor de música Rhythmbox.

Con estas traducións, o estado actual da tradución de GNOME ao galego é o seguinte: 

 Versión de GNOME
Cadeas traducidas  Cadeas sen traducir e/ou

dubidosas 
 2.20 (Stable) 36.013  2388  93% 
2.22 (Development)   37.903  3254  92% 

Todo o traballo de coordinación da tradución ao galego de GNOME é levado a cabo polo grupo de usuarios do Proxecto Trasno… 

 

Máis información na páxina de:
Oficina de Software Libre da UDC
Web do Proxecto Trasno

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal