Mancomún

O creador da linguaxe de programación [[Perl]], Larry Wall acaba de publicar o 11º informe anual de Perl referido ao estado de desenvolvemento da linguaxe desde a súa creación, e que se titula “Programming is Hard, Let’s Go Scripting”.

Neste informe, trátanse especialmente as linguaxes de scripting e a súa evolución, dividíndoos en grupos: pasado, presente e futuro do scripting, sempre obviamente facendo referencia ao desenvolvemento de Perl 6

Perl é unha linguaxe de programación deseñada creada en 1987 e que toma características de C, da linguaxe interpretada shell, AWK, sed, Lisp e nun grado menor de moitas outras linguaxes de programación. [Wikipedia]

Fonte da nova:
http://ubuntulandia.nireblog.com/post/2007/12/15/perl-6-informe-anual-n-11

Adobe anunciou que vai liberar o código de fonte da súa tecnoloxía para conectar as súas RIA (Rich Internet Applications) a contornos de bases de datos, a través do novo produto de fonte aberta, BlazeDS.

Desta forma, as aplicacións de Adobe, Adobe Flex e Adobe AIR, están xa dispoñibles para os desenvolvedores xunto co protocolo de especificación Action Message Format (AMF) e baixo a Lesser Xeral Public License (LGPL v3),

 

BlazeDS, que se atopa xa dispoñible en versión de beta pública e na web de Adobe Labs, forma parte da suite de Adobe, LiveCycle Data Services Enterprise Suite, a cal prové de aplicacións de contornos de conectividade, deseñadas na plataforma Adobe Flex para desenvolver e despregar aplicacións RIA.

Adobe anunciou ademais, que para dar maior soporte ofrecerá un servizo por subscrición de Adobe LiveCycle Data Services, que tamén incorporará a tecnoloxía de fonte aberta.

As novas ferramentas ofreceranse ao cliente baixo subscrición anual, que incluirá actualizacións e parches, así como soporte e indemnización por erros. Adobe anunciará o prezo do servizo por subscrición unha vez que BlazeDS saia ao mercado baixo LGPL v3, o cal espérase para comezos do ano próximo

Fonte: Vnet.es  

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_mancomun.png En Mancomun.org acabamos de poñer dispoñible un corrector ortográfico para OpenOffice.org que inclúe soporte experimental para guionización (separación por sílabas) en galego. O de soporte experimental de guionización vén dado da natureza do mesmo, xa que é unha adaptación feita do ficheiro de guionización español.
Asemade, no Wiki publicamos un artigo chamado “Guionización: Comparativa das regras de guionización do galego e o español“. Neste artigo, froito da colaboración con Imaxin|Software, publícanse as regras de guionización dun e doutro idioma para poder así adaptar este soporte experimental de guionización a unha versión xa definitiva…

Animamos a todos aqueles que teñan os coñecementos necesarios para adaptalo, a traballar neste proxecto, para o cal poden facer uso da páxina de discusión do artigo .

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngA CiberIrmandade da Fala comeza un novo proxecto de tradución de software co que queren agasallarnos cunha nova ferramenta na nosa lingua: o Fireboard .

O Fireboard é un compoñente de Joomla que permite integrar un Foro dentro dun sitio web dun xeito doado é sinxelo.

Piden axuda para colaborar neste proxecto xa que soamente son 800 liñas a traducir e das calas agora mesmo xa levan 591 traducidas…

Part Foundry está na actualidade traballando nun modulo [[GPS]] para os iPhone que sairá co nome de locoGPS. Segundo informaron, virá con software de fonte aberta. Este iphone require o programa Jail Broken Phone (probado coa versión do firmware 1.1.2)

Na actualidade aínda é simplemente unha peza de hardware, e polo que se sabe, a empresa está traballando para que este modulo poida servir tamén para os iPod Touch.

Polo momento din que a aplicación só atopa as túas coordenadas en Google Maps, pero se espera que o software evolucione moitísimo por ser de fonte aberta.

Espérase que locoGPS se lancen en febreiro do 2008 a un prezo de 89 $por unidade.

Algunhas das súas características son:

  •   Canles: 16
  •   Ratio de actualización: 1 mostra / segundo
  •   Tempo de adquisición: Quente: 4 Segundos, Frío: 45 segundos, Lugar pechado: “Moito tempo.”
  •   Saída en serie: TTL Serial @ 9600 baudios
  •   Precisión da posición: 2.5m-7m
  •   Cargador: Conector micro-USB integrado
 
Fonte: Noticiastech.com
           Macdailynews.com

GNUA Free Software Foundation recolle unha ligazón a unha tradución ao galego da licenza GNU GPLv.2 realizada por Mancomun.org. Trátase dunha tradución xurada que está dispoñible en formato .txt, .rtf e .pdf na web da FSF. Tamén tedes á vosa disposición a tradución realizada por Mancomun.org da EUPL.

A FSF non concede a validez oficial a ningunha tradución polo caro que resultaría comprobar a súa calidade e para evitar posibles consecuencias legais. 

GPLv.2 en .txt

GPLv.2 en .rtf

GPLv.2 en .pdf 

http://www.mancomun.org/images/stories/phpbb.pngO pasado venres, saíu a versión 3.0 do phpBB, software para foros e sistemas de colaboración en liña. Ademais atópase traducido completamente ao galego grazas ao traballo das Ciberirmandades da Fala co sistema de tradución en liña TraduCIF (baseado no software Entrans ao igual que http://entrans.mancomun.org) e á coordinación e mantemento do usuario medulio na páxina dos paquetes de idioma de phpBB.

Esta nova versión inclúe características melloradas para a colaboración entre os usuarios, máis seguridade e características de delegación administrativa, soporte estendido para xestores de bases de datos de Software Libre e comerciais, optimización para dispositivos móbiles e motores de busca, e como non, está liberado baixo a licenza GNU.

 

Máis información e descargas:

Nota de prensa da versión 3.0
Páxina de descargas
Páxina dos paquetes de idioma

O Consello de Goberno da Universidad de Salamanca vén de aprobar unha Instrucción sobre el Uso de Estándares Abiertos en los Medios Electrónicos y Portal Web Institucional de la  Universidad de Salamanca. A través desta medida a institución castelá fai explícitos unha serie de compromisos entre os que destacan a adaptación total dos documentos colgados da web da universidade a formatos abertos e elaborar un listado de estándares abertos para a axeitación da institución a este tipo de especificacións.

Estas medidas serán coordinadas e executadas pola Oficina del Conocimiento Abierto da universidade salmantina.  

O ministerio de Economía dos Países Baixos anunciou que abril de 2008 será a data límite, para que tódalas institucións comecen a empregar software de código aberto.

Esta medida implica, que todas aquelas organizacións que empreguen software comercial, deberán xustificalo. O goberno holandés calcula aforrar en licenzas de software, 5,9 millóns de euros ao ano.

 

Fonte:http://www.elpais.com/articulo/internet/administracion/holandesa/usara/norma/software/codigo/abierto/elpeputec/20071214elpepunet_4/Tes

A Oficina do Coñecemento Aberto da Universidade de Salamanca anunciou a aprobación do emprego e a promoción de estándares abertos na comunicación institucional e na súa páxina web. A través desta medida a institución castelá fai explícitos unha serie de compromisos entre os que destacan a adaptación total dos documentos colgados da web da universidade a formatos abertos e elaborar un listado de estándares abertos para a axeitación da institución a este tipo de especificacións.

Neste enlace pódese ler o anuncio do Consello de Goberno e o texto completo da norma…

Fonte:
http://barrapunto.com

A FSF acaba de lanzar unha campaña coa cal pretende conseguir que máis xente se una á Free Software Foundation ou doe fondos para así poder levar a cabo as súas tarefas no 2008.

Na páxina da FSF hai dispoñible un vídeo de Peter Brown, director executivo da FSF pedindo o rexistro de 500 novos membros ou a donación de 100.000 $.

Ademais teñen dispoñible un banner que calquera persoa pode incluír na súa web para tentar axudalos. O banner é o seguinte:

Fonte da nova:

http://www.fsf.org/appeal/2007/index_html#

Todas as institucións do goberno central holandés terán a obriga de empregar estándares abertos a partir de abril do 2008 a menos que haxa razóns de peso que impidan o uso dos citados estándares. É a conclusión a  un proceso de varios anos que recibiu grandes presións por parte das compañías de software propietario.

Ademais farase un amplo estudo do mercado do Software Libre en Holanda e os departamentos de economía e educación deste país traballarán para levar a cabo unha implementación masiva do Software Libre no eido da educación.  

Fonte: Opensourcelearning

http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpg

A tradución feita do GIMP no Entrans de Mancomun.org xa está dispoñible no repositorio oficial de GIMP (na páxina de tradución de GNOME) grazas á coordinación oficial de Trasno. Isto significa que a seguinte versión do GIMP estará totalmente traducida ao galego seguindo a normativa vixente e a guía de estilo de Mancomun.org.

Ademais vemos na web de GALPON que o portal de internet Avertigo acaba de comezar a publicación dun curso-titorial sobre GIMP, cando antes os cursos de retoque fotográfico estaban orientados ao software privativo Photoshop. O nivel do curso comeza desde cero e na primeira lección explícase como crear letras con recheos…

O fabricante de solucións informáticas para a sanidade McKresson vén de adaptar con éxito as súas aplicacións a Linux. Deixou así de empregar custosos mainframes que funcionan baixo versións propietarias de Unix por sistemas con Linux en servidores básicos. Desde hai tres anos McKresson leva unha política de empregar sempre que sexa posible solucións de código aberto.

Como parte desta nova tendencia asinou un acordo con Red Hat para dar servizo aos seus clientes que poden aforrar ata un 60% en custos. O 75% dos clientes de McKresson xa se inclinaron polo código aberto.

Fonte: Computer World

http://www.mancomun.org/images/stories/fsf.pngA Free Software Foundation publicou un novo artigo para axudar aos desenvolvedores a entender mellor os beneficios da GPLv3.

O artigo chamado “A Quick Guide to GPLv3″ (Guía rápida da GPLv3) informa aos desenvolvedores dunha maneira sinxela os cambios máis importantes na revisión da licenza. Analiza unha a unha todas as novas características, describindo como funcionan e como axudan á xente a crear e distribuír software baixo a nova licenza. Por exemplo, aquí se presenta un gráfico ilustrando como de compatible é a licenza GPLv3 con outras licenzas:

http://www.mancomun.org/images/stories/quick-guide-gplv3-compatibility-news.png

Fonte orixinal da nova:
http://www.fsf.org/quick-guide-gplv3-announcement

Sun Microsystems anunciou a liberación do código fonte do último procesador UltraSPARC T2, tamén coñecido como Niagara 2, microprocesador de Sun para servidores. Sen dúbida o acceso libre ao código fonte deste procesador reafirma a aposta de Sun polo código aberto. O código pódese descargar (previo rexistro)dende OpenSPARC.net.
 
Previamente Sun xa liberara o UltraSPARC T1 e de feito o proxecto Simple RISC S1 está baseado en ditas especificacións…

Fonte:
http://barrapunto.com/
http://www.theinquirer.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal