Mancomún
Sweet Home 3D é un programa feito en [[Java]] para deseño de interiores, que nos permite escoller os mobles e a súa situación na casa, de tal xeito que poidamos visualizalo nunha ventá na parte inferior en tres dimensións. Ao estar escrito con Java, pódese executar en diferentes sistemas operativos e ten licenza [[GPL]].Recentemente foi publicada a versión 1.1.

Descarga: Sourceforge

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre(AGASOL) busca xerente para esta asociación de recente creación. Os interesados deben de enviar os seus curriculums vitae ao enderezo electrónico ofertas@agasol.org. O contrato é a tempo parcial e esíxese un mínimo dun ano de experiencia laboral. 

Esta oferta foi enviada a lista de emprego de Mancomun.org onde se poden recibir e envíar ofertas de traballo vencelladas ao Software Libre.  Está aberta á inscrición de calquera empresa, traballador ou institución interesada. 

Requirimentos:
 -Título universitario medio ou superior
 -Perfil comercial
 -Carnet de conducir e coche propio
Valorarase:
 – Experiencia previa no sector TIC
 – Coñecemento do sector do Software Libre
 – Experiencia previa na xestión de asociacións ou movementos asociativos
 – Experiencia nalgún cargo directivo
Funcións:
 – Relacións con bancos e provedores e as empresas asociadas
 – Relaciones con clientes e administración pública
 – Difusión e promoción de actividades dos membros da asociación

Monsoon Multimedia apresurouse a admitir que violara a GPLv2 e que cambiaría o código do BusyBox para cumprir plenamente coa licenza.  Finalmente, non haberá xuízo. Parece que Monsoon Multimedia entrou en razóns e resolveu de forma amistosa o preito que tiña pendente co proxecto BusyBox.

A compañía dixo nun comunicado que cumprirá con todas as esixencias da licenza do software de código aberto e que poñerá na súa web o código modificado do BusyBox nunhas semanas. O asunto deuse a coñecer á prensa cando o SFLC (Software Freedom Law Center) anunciou o 20 de setembro que ía levar a xuízo por primeira vez na historia a unha empresa por infrinxir a licenza [[GPL]].

 

Aínda que non é demasiado coñecido nos círculos do código aberto, BusyBox utilízase virtualmente en todos os dispositivos baseados en GNU/Linux. Combina pequenas versións das utilidades máis comúns de Unix/Linux nun único e lixeiro executable. Consegue así substituír a moitas utilidades GNU sen requirir tanto espazo.

Fonte: The Inquirir  

OmegaT é unha ferramenta de axuda para tradución escrita na linguaxe de programación Java. É Software Libre desenvolvido orixinalmente por Keith Godfrey. Requiere [[Java]] 1.4, que está dispoñible para Mac OS X, GNU/Linux, e Microsoft Windows.

OmegaT está pensado para os tradutores profesionais. Algunhas das súas características inclúen a segmentación personalizada por parte do usuario usando expresións regulares, memoria da tradución, cadeas dubidosas, coincidencias de glosario, procura do textos en memorias da tradución e procura de palabras chave en materiais de referencia.

 

Descarga: Sourceforge

RedHatA maior cadea de farmacias públicas suecas migrará aos seus sistemas a solucións de código aberto provistas por Red Hat. As máis de 900 farmacias da cadea Apoteket terán os seus servidores coa solución Red Hat Linux Enterprise correndo sobre hardware Intel.
 

Entre as razóns aducidas para o cambio están a redución de custes e a independencia do provedor ademais de garantir aos seus accesos o mellor acceso aos seus produtos e servizos.
O portal Mashable.com rexistra máis de 480 ferramentas de código aberto listadas por categorías. Aquí atoparás programas de contabilidade, xestores de contidos, CRM, escritorios, clientes de correo, ERP, FTP, aplicacións de xestión de gráficos, xestores de proxectos, ofimática, ferramentas de oficina, PDF… En definitiva un listado moi completo con información básica sobre unhas 12 alternativas por cada categoría.
 

Este portal ten elaborado ademais outros interesantes directorios como un de utilidades para Mozilla Firefox ou outro para WordPress.
O fabricante HP podería vender computadores con Linux preinstalado en todo o mundo. A compañía comezou a vender computadores de gama media baixa con Red Hat Enterprise Linux Desktop 5 en Australia pero podería tratarse dunha experiencia piloto para ofrecer equipos con Linux en todo o mundo.
 

Os responsables de HP amosaronse prudentes e afirmaron que ían probar con Linux noutros lugares do mundo. Outro fabricante, Lenovo, vén de anunciar un acordo con Novell para unha acción similar. 

OpenOffice.orgDesde o ano 2005 está dispoñible para Mac o conxunto de ferramentas ofimáticas OpenOffice.org. Sen embargo é preciso ter instalado o entorno gráfico x11 ou ben podíase ter instalado NeoOffice, proxecto baseado en OpenOffice.org pero independente. A partir do vindeiro ano OpenOffice.org ofrecerá unha versión con soporte nativo para Mac OS X e súa interface Aqua grazas á colaboración de Sun Microsystems. 

Xa está dispoñible unha versión alfa preparada para traballar con Mac OS X 10 ou 10.5 que se pode executar en Mac baseados en PowerPc ou Intel. 

Instálase facilmente, intégrase mellor coa interface de OS X (con menús de desprazamento, atallos de teclado por exemplo), usa os tipos de letra de Mac OS X e os servizos de impresión sen unha configuración adicional. Ademais intégrase ben co clipboard de Mac OS X e permite arrastrar elementos entre aplicacións de Mac.

Sen embargo, require máis memoria ca versión X11 para lograr con el un bo rendemento. Algunhas funcións son especialmente lentas e depende do desenvolvemento do software de OpenOffice.org.

Dada a coñecer no «Intel Developer Forum» por Renee James, vicepresidenta corporativa e xerenta xeral do Grupo de Software e Solucións de Intel, a iniciativa LessWatts.org reúne a comunidade de desenvolvedores de aplicacións para Linux, OSV e usuarios finais para facilitar o desenvolvemento, a implementación e a optimización de tecnoloxía, ademais da facilidade de compartir información arredor da administración da enerxía en Linux.

En centros de datos grandes, o consumo de enerxía dos servidores impón límites sobre o crecemento dun centro e representa custos financeiros e ambientais significativos. Ademais dos grandes clientes de centros de datos, tamén os usuarios móbiles vense restrinxidos por límites no consumo de enerxía porque o espazo nas baterías redúcese continuamente coa redución global do tamaño dos dispositivos móbiles. Nos mercados de servidores e de dispositivos móbiles continúa medrando a relevancia e mais a participación de mercado do sistema operativo Linux.

«Creamos LessWatts.org para acelerar o desenvolvemento da tecnoloxía e simplificar a posibilidade de compartir información para unha administración de enerxía efectiva, nun amplo espectro de dispositivos e segmentos da industria», declarou James. «Unha iniciativa enfocada que sume os esforzos dispersos nun sistema holístico servirá como poderoso catalizador para levar solucións con consumo eficiente de enerxía ao segmento de mercado en menos tempo, e beneficiar con iso os clientes que mercan produtos de Intel».

A iniciativa LessWatts.org comprende varios proxectos clave, en que se inclúen melloras ao núcleo de Linux (como a característica «tickless idle» que aproveita mellor tecnoloxías de hardware co aforro de enerxía), a ferramenta PowerTOP que axuda a optimizar aplicacións Linux para o aforro de enerxía e o Linux Battery Life Toolkit para medir e instrumentar o impacto de cambios ao código de Linux en aforros de enerxía. Ademais, LessWatts.org proporciona a Linux soporte para características de aforro de enerxía hardware que se implementarán en plataformas actuais e futuras de Intel.

Fonte da nova e máis información en: La Flecha

Concurso Universitario de Software LibreDesde hoxe día 24 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o II Concurso Universitario de Software Libre. Esta iniciativa pretende fomentar proxectos desenvolvidos por estudantes e dinamizar a comunidade desenvolvedora de Software Libre en España.

Os participantes no concurso han de ser maiores de idade e estar matriculados en primeiro ou segundo ciclo nalgunha das Universidades españolas durante o curso 2007/08 e estar en disposición de poder acreditalo.

Os proxectos debe estar integramente desenvolvidos coa implementación en Software Libre de calquera linguaxe de programación e a licenza elixida deberá estar comprendida dentro do conxunto de licenzas consideradas de Software Libre polo proxecto GNU (lista en castelán non actualizada). As bibliotecas utilizadas tamén deberán estar baixo este conxunto de licenzas.

As categorías aos que todos os proxectos participantes optan serán:

  • Mellor proxecto educativo: Aquel proxecto que máis revirta na comunidade educativa.
  • Mellor proxecto innovador: Aquel proxecto que levante máis expectativas na sociedade, xa sexa a implementación dunha idea innovadora ou polo uso de innovadoras tecnoloxías informáticas.
  • Mellor proxecto comunitario: Aquel proxecto que cree un maior impacto na comunidade.

 

A Junta de Extremadura puxo xa a disposición pública GNU/LinEx 2006 r3, a revisión da última versión da distribución estremeña de Software Libre, que presenta as novidades máis importantes no Kernel, o contorno gráfico, o panel de control, o sistema de actualización e nos repositorios.

A súa descarga desde a Rede xa é posible tanto pola páxina oficial de GNU/LinEx (www.gnulinex.org) como a través dos mirror da Universidade de Estremadura, segundo informou a Junta en nota de prensa. O GNU/LinEx 2006 r3 constitúe unha nova mostra da proxección dos principios que fundamentan o Software Libre.

 
O Kernel 2.6.21.5 de Debian substitúe ao sólido pero veterano ‘Sarge’, que dota á distribución de soporte de discos. O novo Kernel incorpora, así mesmo, un maior número de tarxetas de son, especialmente as integradas que montan os equipos de nova xeración. Outra das prestacións destacadas que aporta á distribución o novo Kernel é unha maior capacidade para reducir o consumo de enerxía nos equipos portátiles.

As novidades no apartado gráfico derívanse, sobre todo, da actualización das bibliotecas básicas de Gnome, as bibliotecas GTK, Cairo e Lib-Gnome. Ademais, incorpórase ao contorno gráfico a nova tecnoloxía vectorial que aproveita mellor os recursos do hardware, potenciada pola adopción da versión 7.1 de XORG, que proporciona, tamén, maior soporte de controladores das últimas tarxetas de NVIDIA, ATI e INTEL principalmente.

Pola súa banda, as reformas no panel de control centráronse en homoxeneizar o seu aspecto para achegalo ao característico dunha aplicación Gnome. Deste xeito, o sistema de actualización incorporou a posibilidade de descargar o plugin, co que é posible abrir arquivos en formato OOXML a través das aplicacións da suite OpenOffice para, deste xeito, romper unha posible barreira de compatibilidade con outras plataformas informáticas. Así mesmo, incorpórase a GNU/LinEx 2006 r3 a nova versión de OpenOffice, máis lixeira e rápida.

As actualizacións de seguridade de Debian, ademais, estarán dispoñibles desde o propio CD de instalación, mellórase a versión do emulador de Windows e amplíase o repositorio con todo un conxunto de ferramentas con M-Player.

 
Fonte: Extremaduraaldia  

Unha aplicación web de código aberto que permite aos pais estar máis

involucrados coa educación dos seus fillos, conxuntamente desenvolvida polo

axuntamento da cidade francesa Rennes e a Academia de Rennes, gañou este

verán o premio ao mellor proxecto de código aberto outorgado polo axuntamento da cidade francesa.

O premio foi outorgado na conferencia de xuño «Paris Capitale du Libre

2007».

A aplicación web, chamada Educ@Rennes e desenvolvida empregando Iconito como base, permite aos profesores publicar artigos, fotografías e sonidos, incluíndo aqueles gravados empregando un teléfono móbil.

Educ@Rennes debería axudar aos pais a seguir o progreso da educación dos seus fillos. Os pais pódense comunicar directamente cos profesores, ver qué hai no menú da escola e fotografías tomadas nas aulas ou nas excursións escolares. O portal ofrece tamén un blogue, supervisado por un profesor, coa última tecnoloxía de Internet e multimedia, incluíndo «podcasts» e mensaxes multimedia dispoñibles para PDAs. «Esto é moi práctico para os profesores e os alumnos e é unha solución para os pais que queren estar enterados das actividades dos seus fillos», anunciou un representante de Iconito.

Iconito está desenvolvido usando PHP, unha linguaxe de programación web

aberta. O portal pode ser instalado en GNU/Linux, Windows e Mac OS X,

require o servidor web libre Apache e soporta tanto Mysql coma Postgresql,

dous sistemas de xestión de bases de datos libres.

Fonte:

IDABC

A semana pasada anunciáronse os gañadores dos premios ás mellores aplicacións de código aberto outorgados pola revista InfoWorld , coñecidos como os “Bossies”.

Estes premios recoñecen ás mellores aplicacións libres de uso empresarial, destinadas tanto a pequenas oficinas como a grandes compañías. Os premios concedidos na categoría de aplicacións empresariais foron parar a: SugarCRM, Openbravo, Liferay Portal, Alfresco, Scalix e Jabber.

  • Mellor CRM : SugarCRM, aplicación axeitada tanto para pequena como mediana empresa, e destaca polo seu cliente de correo electrónico baseado en [[AJAX]], a súa boa integración con Office/Outlook e pola forte comunidade de desenvolvedores e a gran biblioteca de complementos existentes para el.
  • Mellor ERP : Openbravo , aplicación que permite facer unha xestión eficiente das actividades xerais empresariais como adquisición de produtos, xestión de almacén e inventario, produción, contabilidade … Os seus módulos de MRP e ventas/CRM son tamén moi bos así como a súa capacidade para manexar proxectos multifase.
  • Mellor Portal empresarial: Liferay Portal que destaca sobre os seus competidores pola súa usabilidade, funcionalidade e integración. Achega integración con Microsfot Exchange, soporte para PHP e Ruby, para o estándar de calendario iCal, WebDAV compelto e unha biblioteca de máis de 60 portlets. Permite xestionar o inicio de sesión a través de Active Directory, OpenID ou LDAP.
  • Mellor Xestor de contidos: Alfresco é un xestor de contidos completo que abarca xestión de documentos, gravacións e imaxes con capacidade de busca federada. Son excepcionais a súa facilidade de administración e uso.
  • Mellor servidor de correo: Scalix que aínda que non é o que ten máis características (este sería Zimbra), si é o que cumpre co que os empresarios esperan dunha plataforma colaborativa e de correo electrónico. Posúe unha interface Web de administración, unha forte integración con Outlook e Novell Evolution, servidores POP e IMAP, así como un cliente de correo e calendario baseado en Ajax.

O obxectivo principal do Centro de probas de Infoworld é identificar as solucións máis prometedoras e de mellor relación calidade-prezo para as organizacións TIC. Cada día máis, estas solucións veñen da man do Software Libre e por iso naceron os Bossies.

Estes premios dánse aos mellores produtos probados en cada unha das categorías como sistemas operativos, bases de datos, conectividade, comunicacións, almacenamento, seguridade, ferramentas de desenvolvemento, aplicacións empresarias e máis.

Máis información: The Bossies

Fonte: Premios InfoWorld 2007

O proxecto, pioneiro no mundo, brinda as ferramentas que permitirán que cada universidade poida crear o seu propio campus virtual con Software Libre. Barcelona acollerá os vindeiros 3, 4 e 5 de outubro as Xornadas University Campus, organizadas pola Generalitat de Catalunya e a comunidade universitaria catalá, co obxectivo de dar a coñecer o Proxecto Campus e para debater en profundidade o futuro do e-learning e da tecnoloxía educativa.

 
O Proxecto Campus é unha iniciativa pioneira a nivel internacional promovida pola Secretaria de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Generalitat de Catalunya na que participan as universidades catalás. O proxecto desenvolve un conxunto de ferramentas que permitirán ás universidades involucradas construír os seus campus virtuais en Software Libre, aplicando o deseño centrado no usuario, a usabilidade e a accesibilidade para todos os seus estudantes e profesores.
 
Trátase da primeira vez, tanto a nivel nacional como internacional, que diversas universidades se unen para crear unha contorna destas características. Para conseguilo, integráronse as dúas maiores plataformas de e-learning existentes en Software Libre, Moodle e Sakai. Así mesmo, o Massachussetts Institute of Technology (MIT) colaborou activamente para alcanzar os obxectivos tecnolóxicos desexados. Todo o proceso fíxose seguindo o estándar Open Knowledge Initiative (OKI) do (MIT), feito que garante a súa validez e utilidade máis aló das nosas fronteiras.
 
Fonte: Noticiasdot.com  

GnomeGnome 2.20 é a última versión do popular escritorio de código aberto. Segundo a nota oficial de lanzamento entre as melloras desta nova versión atópanse:

  • Mellora do soporte para linguas con escritura de dereita a esquerda.

  • Busca do escritorio integrada do diálogo do selector de ficheiros.

  • Novas características do cliente de correo e calendario Evolution.

  • Simplificación das preferencias do sistema.

  • Xestión eficiente de enerxía e monitorización moi precisa para a batería de portátiles.

Ademais dende Gnome destacan que os desenvolvedores obteñen máis axuda no desenvolvemento de novas aplicacións grazas a nova versión de GTK+, ferramentas melloradas e un novo sitio de documentación en liña.

Fonte: http://www.theinquirer.es/2007/09/20/gnome_220_disponible.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal