Mancomún
PlonePlone é un Sistema de Xestión de Contidos, [[CMS]] polas súas siglas en inglés (Content Management system), baseado en [[Zope ]](que conta cun gran apoio por parte de desenvolvedores en todo o mundo)  programado en [[Python]], contra unha base de datos relacional ([[PostgreSQL]], [[Oracle]], MS SQL, Sybase, [[MySQL]]) e con diferentes tipos de autenticación soportada ([[LDAP]], [[SQL]], sistema operativo). É unha aplicación baseada en código aberto e con licenza GPL. Pode utilizarse como servidor intranet ou extranet, un Sistema de Publicación de documentos ou coma unha ferramenta de traballo en grupo para colaborar entre entidades distantes xeograficamente. Frecuentemente é utilizado tamén como CRM, aínda que ese non fora o seu cometido nun comezo. Recentemente acaba de saír a versión 3.0, aquí podemos ver algunhas das novas funcionalidades.

 

Entre as súas características podemos atopar:

  • Enfocado nos contidos/documentos
  • A utilización axeitada de cartafoles virtuais e “fluxos de traballo” permítenlle ter moitas funcionalidades
  • Contorna gráfica tipo web
  • Xestión de contido deslocalizado
  • Edición das páxinas en tempo real
  • Uso limitado de imaxes (CSS)
  • Xestión do histórico e da anulación

Descarga de Plone

Plone está traducido a máis de 40 idiomas.

http://www.mancomun.org/images/stories/linux-gnome.gifA primeira beta de GNOME 2.20 foi anunciada a semana pasada. Segundo a planificación de versións de GNOME, a segunda beta sairá o día 29 de agosto, a primeira versión “release candidate” a primeiros de setembro e a versión final para o 19 de setembro. O desenvolvemento da interface xa está parada para que esta versión beta sexa o máis parecida posible á versión final.

Así, GNOME e mais o proxecto Ubuntu anunciaron un día especial colaborativo para a corrección de erros que é hoxe (22 de agosto) no que se pretende atopar erros (bugs) en GNOME e tentar solucionalos para a versión final 2.20. Este evento terá lugar no canal de IRC #ubuntu-bugs de freenode.

 

Máis información sobre o evento:
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay/20070822

 

Sobre GNOME 2.20

Implementáronse un montón de novas características en GNOME 2.20, como o soporte interactivo de formularios PDF en Evince, sincronización de notas de Tomboy, soporte para cargar e gardar ficheiros remotos coa aplicación “Xestor de arquivos” (file-roller), soporte de complementos para o totem e máis cousas que se poden atopar na páxina de información desta versión.

Visto en GPUL:
http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpg “Tras un pequeno retraso respecto ao Linux Picnic oficial deste ano (foi o 11 de agosto), GPUL organiza o sábado 25 de agosto o primeiro GPUL picnic, no que non faltarán empanadas, tortillas e rede sen fíos para pasar a hora do xantar e a sobremesa falando de Software Libre e do que se tercie nos arredores da Facultade de Informática da Coruña.

Todo o mundo está invitado (non é preciso ser socio), sempre que previamente se avise da asistencia e número de acompañantes vía comentario no weblog ou mensaxe ao correspondente fío na lista de correo.

O comezo das hostilidades será ao redor das 13:00 do sábado.”

O día 26 deste mes remata o prazo para presentar as contribucións sobre os temas que se tratarán nas II Xornadas de software libre na USC que terán lugar o 19, 20 e 21 de setembro na Universidade de Santiago, e que están organizadas por AULUSC (Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela) e mais GLUG (Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza).

Os principais temas de interese que se van a tratar nestas xornadas son:

  • Servizos de redes: servidor de correo, [[DNS]], Web, compartimento de ficheiros, autenticación,…
  • Balanceo de carga en redes
  • Seguridade en redes: asegurar un servidor ou servizos, IPTables, VLANs, seguridade en redes sen fíos,…
  • Tecnoloxías de redes: redes WiFi, WiMax, UMTS/HSDPA,…
  • Instalación e configuración de clusters.
  • Ferramentas de virtualización: Xen, QEMU,…
  • E outros que se vos ocorran sobre a mesma temática…

No tocante ao formato dos traballos existen dúas posibilidades: obradoiros e relatorios. Os obradoiros deberán ter un carácter práctico cunha duración de entre tres e catro horas. As propostas de obradoiros deberán especificar os requisitos de hardware e software precisos ou aconsellables para a sua realización. Os relatorios terán unha extensión de dúas horas aproximadamente.

Aínda estades a tempo, ata o vindeiro domingo, para enviar as vosas contribucións ao enderezo de correo secretario@glug.es.

Phone Manager é un programa feito para permitir o control dalgunhas funcións dos teléfonos móbiles. Está licenciado baixo [[GPL]].
Este software aínda está inmaduro, e algunhas das súas características son:

  • Executase como servizo, indicando o estado na barra de estado
  • Mostra unha alerta cando chega unha mensaxe (SMS)
  • Facilita o envío de mensaxes de texto (SMS)

Nun futuro agárdase que teña outras melloras como a integración coa axenda de enderezos, monitorización e marcado de chamadas,etc

Soporta calquera tipo de móbil que poida conectarse ao computador por un porto serie: vía Bluetooth, infravermellos ou un cable serie. Soamente require a versión 2.10.x das [[GTK+]], o subsistema [[GNOME]] Bluetooth e a biblioteca libgnokii.
Trigger é un xogo de rallye, correndo sen ningún contricante, a contrareloxio e intentando gañar segundos cada vez que se pasa polos checkpoints. Aínda que un detalle non menor é o feito de que conta con soporte para Visión Stereo 3D, é dicir que neste modo e cunhas lentes 3D (as dun cristal azul e outro vermello) podes ver as imaxes con volume na pantalla. O Trigger conta con 6 circuítos de crecente dificultade e 3 coches cos cales correr. Inicialmente poderemos correr soamente con Seat Cordoba WRC, para despois desbloquear o Ford Focus WRC e o Mitsubishi Lancer Evolution VIII. A linguaxe de programación empregada para escribir o simulador de coches foi [[C++]], co cal pode executarse en diferentes plataformas.

Lamentablemente o desenvolvemento deste xogo esta abandonado trala contratación por parte de Sega do desenvolvedor o que lle imposibilitou continuar con novas versións. No entanto publicouse o proxecto en Source Forge para que quen o desexe poida continuar o desenvolvemento. Os requirimentos de hardware son moi pequenos, cpu 400 Mhz, 64 Mb de [[RAM]] e unha tarxeta de vídeo con [[OpenGL]].

 

Sitio oficial en sourceforge: Trigger

Areca Backup é unha ferramenta de copia de seguridade de ficheiros escrita en [[Java]]. Soporta encriptación e compresión de datos, copia incremental, entre outras. Tamén inclúe un mecanismo de transacción o cal garante a integridade da copia. Está dispoñible en varios idiomas e pódese executar en diferentes sistemas operativos. A licenza coa que conta esta é [[GPL2]].
 
Dispón dunha interface gráfica desde a que se pode xestionar todo o proceso ademais de acceder a un historial de accións ou un explorador para seguir os cambios (creación, modificación, borrado) feitos nos ficheiros. Ademais da [[GUI]], Areca posúe unha interface por liña de comandos coa que se pode automatizar o proceso de copia de seguridade.

Entre outras características atópanse as seguintes:

  • Compresión das copias de seguridade en formato [[ZIP]].
  • Encriptación Triplo [[DES]] e [[AES]].
  • Configuración de filtros para realizar as copias.
  • Recuperación de ficheiros de datas determinadas.
  • Soporte para copias de seguridade completas e incrementais.
  • Creación de informes e envío dos mesmos por correo electrónico.
  • Posibilidade de lanzar scripts despois do proceso de copia.
  • Xestión dos permisos dos ficheiros.
  • Fusión de varios ficheiros nun.

Descarga: Areca Backup

http://www.mancomun.org/images/stories/logo.jpg.png Durante este mes anunciouse a apertura da presentación de candidaturas ao premio de Software Libre 2007 que organizan conxuntamente a Free Software Foundation (FSF) e máis GNU Project. O prazo de presentacións está aberto até o 31 de outubro.
 
Para enviar os teus candidatos hai que mandar un correo electrónico a award-nominations@gnu.org co seguinte formato:
  • No asunto do correo electrónico, poñer o nome da persoa candidata para o “Premio polo avance do Software Libre” ou poñer o nome do proxecto para o “Premio para o proxecto de Beneficio Social”.
  • Incluír, no corpo da mensaxe, unha explicación (40 liñas ou menos) do traballo que fixo a mencionada persoa e por que pensas que é especialmente relevante para o premio que a propós…

  • Indicar, tamén no corpo da mensaxe, onde atopar o material (software, manuais, publicacións, etc…) nos que se basea a túa petición.

Pódese atopar información sobre os gañadores de pasadas edicións na seguinte ligazón: http://www.fsf.org/awards.

Dentro dos premios haberá varias categorías: 

  • “Premio polo avance do Software Libre”:
    O premio da FSF polo avance do Software Libre será entregado por Richard Stallman á persoa que fixera máis méritos contribuíndo ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes co espírito do Software Libre.

    O último ano, o gañador foi Theodore Ts’o pola súa contribución ao kernel de GNU/Linux, Kerberos, ONC RPC e outros traballos. Outros gañadores deste premio foron: Andrew Tridgell, Theo de Raadt, Alan Cox, Miguel de Icaza, Larry Lessig, Brian Paul, Guido van Rossum e Larry Wall.

  • “Premio para o proxecto de Beneficio Social”:
    O premio recoñece o proxecto que beneficie máis á sociedade a través da colaboración para obter unha importante tarefa social.
    Os anteriores gañadores deste premio foron a Wikipedia no 2005 e o proxecto Sahana no 2006.
    O proxecto Sahana creouse tralo tsunami que devastou o sueste asiático no 2004 para tentar axudar nas tarefas de xestión, distribuíndo axuda e coordinando voluntarios.

No caso dos dous premios, ningún dos anteriores premiados poderá ser elixido de novo para estas edicións.

Máis información na páxina da Free Software Foundation:
http://www.fsf.org/news/2007FSAwardsCall

OpenCD é unha gran colección de Software Libre e tamén gratuíto, exclusivamente para Windows e que cubre as necesidades máis habituais dun usuario medio, tales como procesador de textos, presentación, correo electrónico, navegación, deseño web e edición de imaxes.  A versión actual do CD é a 07.04 e na súa páxina web tamén podemos atopar a listaxe de programas incluídos.

Ao abeiro desta iniciativa tamén xurdiu OpenEducationCD, que tamén contén Software Libre e gratuíto orientado para estudantes de todas as idades para asistilos no seu aprendizaxe. O software incluído foi seleccionado especialmente por mestres polo seu uso educativo…

Recordemos tamén que en Galicia xa xurdira outra iniciativa parecida chamada Magasi CD, proxecto de Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI) do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira.

Máis información na páxina do proxecto:
http://www.theopencd.org/

http://www.mancomun.org/images/stories/linex175.jpgO Plan de Alfabetización Tecnolóxica de Estremadura (PAT) encóntrase entre os finalistas do Premio Chris Nicol de Software Libre 2007, convocado pola Asociación para o Progreso das Comunicacións (APC).

A Comunidade Autónoma de Estremadura, xunto con outras seis iniciativas de Estados Unidos, Arxentina, Corea do Sur, Brasil ou Nepal, comparte a final do premio.

O Premio Chris Nicol de Software Libre, de APC, é un recoñecemento ás iniciativas que axudan á xente a empezar e usar o Software Libre…

Este premio está dirixido a individuos ou grupos dedicados a facer do Software Libre unha ferramenta accesible para calquera persoa que use un computador.
 
Máis información na fonte orixinal da noticia:
http://www.regiondigital.com

FreeBASIC é un [[compilador]] de código aberto, baixo licenza [[GPL]], de 32 bits da linguaxe [[BASIC]]. Deseñouse para ser compatible en sintaxes con [[QuickBASIC]], aportando novas capacidades. Pode compilarse para Dos, Microsoft Windows, GNU/Linux, e XBOX e está sendo portado a outras plataformas.

FreeBASIC está soportado polas ferramentas de programación binutils de GNU e pode xerar executables de consola e GUI, ademais de bibliotecas dinámicas e estáticas. As capacidades que distinguían ao QuickBasic, como a biblioteca gráfica e o acceso a portos hardware engadíronse ao FreeBASIC. Algunhas características novas son os punteiros e o ensamblador en liña, en breve dispoñerá de obxectos e soporte a Unicode. Pode empregar as bibliotecas de GNU-C, e xa dispón de cabeceiras para Wx-c, Gtk, GSL, SDL, Allegro, Lua, [[OpenGL]], [[MySQL]].

Aínda que está en fase beta, xa é utilizado en aplicacións importantes. O compilador ten máis de 57.000 liñas e está escrito en FreeBASIC.

Páxina sourceforge: FreeBASIC
Wiki: Wiki FreeBASIC
Descarga: FreeBASIC

 

 

A Sociedade Xestora de Intereses da Universidade de Santiago de Compostela, S.L. (UNIXEST) fai pública a oferta de contratación temporal por doce meses de dúas prazas de técnico en programación e mantemento de aplicacións WEB J2EE.

As funcións a desenvolver no posto de traballo son as derivadas da programación e mantemento de aplicacións J2EE elaboradas coas seguintes tecnoloxías:

  • Spring Framework

  • HTML, CSS, XML, XSLT e XSL-FO
  • Struts e Spring MVC
  • Tapestry, Wicket e JSF
  • SQL Server, PosgresSQL e MySQL
  • JDBC, Hibernate, JPA
  • AJAX (Prototype e Scriptacolous) 

Servizos web implementados sobre JEE

» Bases da convocatoria

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_wiki.pngA Wikipedia española recorta terreo ás enciclopedias tradicionais. Nun estudo pormenorizado dos artigos existentes en ámbalas dúas enciclopedias para cada área do saber, comprobouse que a Wikipedia en español ofrece alternativas libres para o 75% dos artigos existentes na enciclopedia Encarta de Microsoft. Ademais a Wikipedia española contén un total duns 268.000 artigos e a Encarta de Microsoft só ten uns 42.000 artigos.

Con respecto á Wikipedia galega, fai pouco celebramos que xa alcanzara os 25.000 artigos e actualmente ten 26.479, colocándose no posto número 39 no ranking por artigos das wikipedias

Máis información na fonte orixinal en Barrapunto ou nas ligazóns ás estatísticas das Wikipedias:

http://barrapunto.com

Lista de Wikipedias e ranking por artigos

Comparativa entre a enciclopedia Encarta e a Wikipedia española

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png Debian anunciou a primeira actualización da distribución “stable” Debian GNU/Linux 4.0, tamén coñecida como “etch”. Esta actualización engade fundamentalmente correccións a problemas de seguridade, xunto con algúns axustes que resolven problemas serios. Ademais esta primeira actualización corrixe algúns problemas que foron detectados demasiado tarde durante o proceso de liberación.

A actualización pódese facer coa ferramenta de xestión de paquetes “apt”.

Fonte:
http://www.debian.org/News/2007/20070817

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_entrans.png OpenProj é unha alternativa, en código aberto, ao MS Project. OpenProj é unha ferramenta para a xestión de proxectos desenvolvida en linguaxe Java. Os ficheiros para a localización ao galego de OpenProj xa están dispoñibles no Entrans de Mancomun.org para a súa tradución.

Entre as características principais OpenProj destacar que soporta os ficheiros en formato MS Project, e pode empregarse en GNU/Linux, Unix, Mac e MS Windows. OpenProj permite deseñar diagramas de Gantt, PERT, WBS, RBS e outros máis. Ademais estase a espera dunha posible colaboración co grupo de OpenOffice.org para integrar as aplicacións e ter unha suite ofimática máis potente.

http://www.mancomun.org/images/stories/google_code.gifGoogle Code é o repositorio ou espazo onde Google comparte con todos os usuarios parte do código de programación que utiliza nas súas propias aplicacións. Este código ofrécese con licenza libre.

Dentro de Google Code temos a sección “Google Code for Educators“, onde podemos atopar materiais e recursos educativos para mestres de informática para que poidan mellorar os seus temarios coas máis recentes tecnoloxías.

Na páxina tamén temos unha sección de titoriais que poden servir para ensinar ao alumno os conceptos básicos dunha tecnoloxía por si necesita darlle un repaso. Na área “Sample Course Content” …

… o mestre atopará materiais como presentacións de conferencias, lecturas, exercicios e proxectos que poderá descargar para usar nas súas clases. Esta área inclúe o contido do curso desenvolvido polas facultades de ciencias da computación de varias universidades e enxeñeiros de Google.

Tamén atopamos unha área de vídeo, “Video Lectures” na que poderemos atopar conferencias sobre tecnoloxía gravadas en vídeo. Estes vídeos son unha gran oportunidade para os estudantes e facultades de escoitar de primeira man o que pensan e falan os actuais pioneiros da alta tecnoloxía.

Outra das seccións é “CS Curriculum Search“, onde se poden buscar materiais educativos que foron publicados por distintos departamentos de universidades en todo o mundo e que teñan relación coa informática e as novas tecnoloxías. Ademais a  procura pódese filtrar até atopar  só os resultados desexados: conferencias, materiais de referencia, etc…

 

Máis información en:
Google Code for Educators  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal