Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/mailman.png Pcarrier precisa docentes especializados en aplicacións de Software Libre, para as zonas de Camariñas, Riotorto e Castro de Rei nas seguintes materias, respectivamente:

  • Camariñas: Deseño Web
  • Riotorto: Ofimática
  • Castro de Rei: Contabilidade e Facturación

Suscríbete a lista de emprego para recibir esta e outras ofertas.

 
Os interesados poden enviar os curriculums ao seguinte enderezo de correo: dinamiza@pcarrier.com

Desde mañá 8 de agosto, Dell ofrecerá equipos portátiles e de escritorio

equipados con Ubuntu Linux 7.04 en Alemaña, no Reino Unido e en Francia.

En concreto, Dell ofrecerá en Europa tres equipos con Ubuntu: o portátil

Inspiron E1505n e os equipos de escritorio Dimension XPS410n e mais

Dimension E520n.

Ao se realizar a compra, tamén se poden contratar con Canonical diversas

modalidades de soporte.

Fonte: Kriptópolis

GardenSketch é un software para o deseño de xardíns que axuda na planificación e organización das áreas dun xardín visualizando como quedaría antes de mercar as plantas e amosando a diferenza de cores en calquera estación do ano.

As ferramentas de debuxo especializadas de GardenSketch fan que o deseño de paisaxes sea sinxelo. Conta coa posibilidade de incorporar imaxes aéreas ou dun satélite como se fosen paisaxes. O planificador de GardenSketch elixe as plantas máis axeitadas empregando as súas capacidades de procura avanzada e fai estimacións do número de plantas que hai que mercar para unha determinada área.

Para o uso doméstico, GardenSketch garda información dos anos anteriores (por exemplo: xerminación, datas de plantación, …) e pode axudar a determinar o tempo óptimo para facer os sementeiros. Pode incluso imprimir as etiquetas para os testos sementados.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/garden-sketch.jpg

Pantallazo de Garden Sketch

Para o uso máis profesional, GardenSketch é compatible co formato aberto de ficheiro XML e utiliza OpenGL para amosar o crecemento de grandes cantidades de plantacións.

GardenSketch é unha aplicación que traballa en MacOS X e está dispoñible en Sourceforge.

 


 

http://www.mancomun.org/images/stories/garden-state.jpg

Garden State (3D garden editor and playaer) é un contorno de desenvolvemento para modelar paisaxes. O software conta cun editor de terreos e un visor de xardíns en tempo real. O editor (Garden State Player) permite a creación de xardíns e terreos en tres dimensións a través dunha interface intuitiva e sinxela. Os terreos poden ser de diversas texturas (terra, herba, area, …). Aos obxectos 3D importados pódeselle engadir vexetación, posicionar a sombra en función do sol e determinar o seu contorno.

Garden State Player é un visualizador dos terreos en 3D que foron xerados co editor. Deste xeito ao ter unha aplicación editor e un visualizador independentes, é posible descargar soamente o player para ver os ficheiros.

O contorno de desenvolvemento ten as seguintes características:

  • Aplicar texturas aos terreos.
  • Importar obxectos con formato .obj
  • Colocar os obxectos
  • Salvagardar o escenario
  • Visualizar o escenario nun programa independente
  • Xestionar as sombras en función da posición do sol.

 

O software está preparado para executarse en GNU/Linux e liberado baixo licenza GNU/GPL. Está desenvolvido empregando C++, QT e OpenGL; e os fontes estan dispoñibles en Sourceforge.

Sumatra PDF é un visualizador de ficheiros [[PDF]] que aposta polo minimalismo e a rapidez. Tanta simplicidad tradúcese en que só conta coas opcións xustas, entre as cales se atoan as funcións de imprimir, rotar e tres modos diferentes de visualización (Facing, Continuous e Continuous Facing).

Distribúese coa licenza GPLv2 e está dispoñible en diferentes idiomas

Descarga: Sumatra PDF  

OrangeHrmOrangeHRM é un sistema de información HRM (Human Resources Information System) [[Open Source]] que prové amplas características para o manexo do activo máis importante das organizacións,a xente. Prové unha plataforma para reenxeñería e aliñar os procesos de recursos humanos cos obxectivos da organización.
 
Actualmente atópase na versión 2.2 e según os desenvolvedores está baseado nas demandas e necesidades da comunidade de usuarios da ferramenta que cooperan co equipo mentres colleitan requirimentos, deseñan e testan.
 
A versión estable 2.2 conta cos seguintes módulos:  
  • Módulo de administración (Administration Module)
  • Módulo de xestión de información persoal (Personal Information Management Module)
  • Módulo de informes (Reports Module)
  • Módulo de autoservizo para empregados (Employee Self Service Module)
  • Módulo de xestión de tempo e atención (Time and Attendance Management Module)
  • Módulo de automatización de tarefas (Leave Management Module)
  • Módulo de seguimento de erros (Bug Tracking Module)

Administration Module (Admin):
É o módulo do sistema onde os encargados de área realizan as tarefas de administración do sistema, pódese definir a estrutura da organización, os rangos de soldos e demais información que forman a columna para o resto do sistema.
 
Persoal Information Manager Module (PIM)
Este módulo mantén a información importante dos empregados incluíndo información persoal, experiencia laboral, información relacionada co seu traballo, etc. A información deste módulo é utilizada por todos os demais módulos para eliminar a redundancia de información.
 
Employee Self Service Module (ESS)
Esta ferramenta prové aos empregados da organización a posibilidade de ver a súa propia información importante dentro do sistema, actualizala por medio dun navegador de internet sen necesidade de interromper as tarefas do persoal de recursos humanos.
 
Reports Module
Permite crear informes personalizados de acordo á selección de rangos de información. Os informes poden ser gardados de maneira que a próxima vez que se necesite deles estean dispoñibles sen ter que volver crealos.
 
Leave Module
Este módulo permite a automatización de tarefas como autorizacións, eliminado papeleo interno,  aforrando en custos.

Time and Attendance Module (Time)
Este módulo aforra tempo ao automatizar procesos relacionados.

 
A súa licenza é GNU/Gpl
Máis información en http://www.orangehrm.com/
Descarga: http://sourceforge.net/projects/orangehrm/

MapServer é unha implementación de código aberto dunha ferramenta xeoespacial ou sistema de información xeográfica (SIX) á que o ministerio holandés desexa engadir soporte para «Keyhole Markup Language» (KML) que é o que Google emprega para as ferramentas Google Earth e Google Maps.

O soporte para KML (cuxas especificacións foron enviadas en abril deste ano á OGC) incluiríase a partir da versión 5 de MapServer que se agarda saia en setembro deste ano

O consello de administración holandés de obras públicas (que patrocina esta implementación de KML en Mapserver) agarda poder ofrecerlle á cidadanía información xeográfica en tres dimensións empregando a tecnoloxía KML e ofrecer esta información conxuntamente con Google Earth. «Isto permitiralle á cidadanía ver, por exemplo, exactamente como quedará unha ponte que se planee construír na súa veciñanza».

O soporte de KML tamén será liberado como código aberto e libre, un feito que lles permitirá a outros concellos e departamentos da cidade desenvolver servizos semellantes, segundo agarda o director de proxectos Thijs van Menen.

A empresa contratada para desenvolver esta nova funcionalidade foi DM Solutions, unha compañía canadense de software activamente implicada no desenvolvemento de Mapserver.

Ligazón á fonte en inglés en IDABC
Ligazón á noticia orixinal en holandés ososs.nl

Acábase de anunciar que Google uniuse ao proxecto “Open Invention Network” (OIN), unha iniciativa creada en 2005 por IBM, Red Hat, Sony, Novell e Philips para compartir licenzas de software relativas a GNU/Linux e agora mesmo tamén forman parte da iniciativa compañías como Oracle, Canonical-Ubuntu ou NEC.

Os membros de OIN comparten toda a súa propiedade intelectual referida a GNU/Linux (polo de agora, máis de 100 patentes) co obxectivo de impulsar este sistema operativo e evitar litixios…

Fonte:
http://google.dirson.com

OpenMeetings é un servidor para manter reunións en liña (meetings) entre usuarios dunha rede ou da Internet. O funcionamento de OpenMeetings é tan sinxelo como o proceso de enviar un correo electrónico, sen ter que preocuparse de complexas solucións de videoconferencia. Para conseguir iso os desenvolvedores concentráronse en resolver os problemas técnicos para que os usuario non tivesen que facer ningún tipo de instalación. Os únicos requirimentos software para a parte cliente son mínimos, agás un navegador con flash player 9 e opcionalmente ter instalado Java 5.

OpenMeetings, ademais de manter vídeo conferencias entre usuarios, tamén permite levar a cabo as seguintes tarefas:

  • Ter unha conversa en liña (chat)
  • Proxectar presentacións en formato odp (OpenOffice.org Impress) e ppt (MS Office)
  • Traballar cun taboleiro compartido
  • Facer preguntas, participar en enquisas, foros, …

Pantallazo OpenMeetings

Pantallazo de OpenMeetings

 

Os pasos de instalación para o servidor están detallados en google code onde se atopa aloxado o desenvolvemento do proxecto. O servidor está construido empregando Red5 (coma servidor de vídeo e son flash), OpenOffice.org (para procesar as presentacións), Ghostscript (para xerar os ficheiros en formato PDF),… entre outros.

O “Centro de Arte y Creación Industrial” da Universidad Laboral de Gijón ofrece, ao longo desta semana, o obradoiro «Herramientas libres para creadores», baseadas no emprego de Software Libre ou de código aberto.

O curso, que se centrará na creación de programas informáticos para o tratamento de vídeo en tempo real, pretende eliminar as barreiras entre materia artística e as novas tecnoloxías.

O obradoiro está dirixido por Luis Gómez, codificador e responsable de Software Libre da compañía catalá «Hangar», un centro de produción audiovisual en que a xente pode solicitar a produción do proxecto que se presente…

Carlos López e Hans-Christoph Steiner completan o profesorado do curso que se encargará de ensinar a crear, con «Pure Data», un contorno de programación en tempo real para o procesamento de datos de son.

Case noventa persoas solicitaron a participación no curso, mais só vinte e cinco son os artistas dixitais que se beneficiarán das sesións de traballo concibidas por Hangar».

Fonte: LNE de Asturias

http://www.mancomun.org/images/stories/efelcren.jpgEfelcren, que está financiado pola Comisión Europea e coordinado pola USC, introdúcese agora na análise e no desenvolvemento dun espazo de traballo colectivo que permita a creación e validación en liña de materiais didácticos multimedia mediante ferramentas de Software Libre.

O fin primordial da nova iniciativa é conseguir que calquera mestre/a poida aprender e deseñar obxectos de aprendizaxe, adaptalos ás súas necesidades e compartilos cos seus/súas colegas de toda Europa. Esas mesmas ferramentas que os/as docentes aprendan a deseñar empregaranse logo en espazos de formación en liña de Educación Primaria e Secundaria para conseguir as mellores estratexias posibles en materia de aprendizaxe electrónica.

Os materiais didácticos elaborados até o momento acadan xa máis de 80 obxectos de aprendizaxe multimedia, sobre temáticas diversas, e poranse á disposición da comunidade educativa a través dun Centro de Recursos en liña adaptado e implementado pola área de e-learning do Cesga. Un Centro que vai contar con información sobre ferramentas de autor que permiten o deseño de materiais e que farán posible categorizar os recursos, realizar procuras seguindo distintos criterios e exportar materiais…

A iniciativa Efelcrén conta coa participación de mestres/as e persoal especializado, aos que se unen tamén investigadores en didáctica e novas tecnoloxías, técnicos de TIC e estudantes europeos.
 
Páxina do proxecto:
Efelcren
 
Fonte:
www.sociedadedainformacien.eu
O código fonte de Dimdim foi liberado baixo a licenza aprobada de Código Aberto Mozilla Public License (MPL). Está dispoñible para a descarga na web www.dimdim.com e en sourceforge.

Neste primeiro lanzamento público, DimDim xa integra vídeo, VoIP, chat de texto, a posibilidade de compartir pantalla / aplicacións e aínda que esta funcionalidade non cumpre con todo o conxunto de prestacións anunciadas orixinalmente, impresiona ben na súa capacidade de brindar unha alternativa moi completa a solucións comerciais típicas.

DimDim está dispoñible para windows e para linux e os asistentes a unha conferencia poden usar diferentes navegadores. Tamén permite a tradución a diferentes idiomas e a integración coa plataforma de teleformación Moodle. A versión actual é unha Alpha.

Hyperic HQ 3.1 foi escollida por IDG como unha das tres candidatas ao premio de LinuxWorld á mellor ferramenta de xestión de sistemas. É unha aplicación opensource para diversos sistemas operativos, tanto libres coma privativos, que ofrece a posibilidade de xestionar vía web diferenes servizos como [[apache]], tomcat, WebLogic, virtualización, WebSphere, [[Xen]], [[Vmware]], Jboss, etc… 
Crea un modelo e mostra as relacións entre en software, o hardware e os servizos de forma precisa. Detecta cada aspecto do teu hardware e software automaticamente, incluíndo memoria, CPU, disco, rede e información sobre configuración e versións. Xera eventos sobre cada cambio de configuración en cada recurso que se use e avisa aos administradores de sistemas. Comproba o estado dos recursos dunha forma simple desde o navegador.

 

Colecciona medicións en tempo real e históricas sen ser invasivo. Permite definir alertas que nos axude a anticiparnos aos problemas. Compara métricas de diferentes recursos que nos permite comprender as interaccións entre eles.

Amaiores rexistra todos os logs, a configuración e os eventos de seguridade, mostra informes de detalles sobre cada evento xerad e reforza as políticas de seguridade para detectar calquera

Código Cero leva xa seis anos informando das novidades da â??Sociedade do Coñecementoâ?. A orixe do proxecto remóntase ao ano 2000 cando nacía na Radio Autonómica de Galicia o programa â??Códigoâ?, unha emisión que trataba de achegar as novas tecnoloxías aos oíntes, baixo a dirección de Xosé María Fernández Pazos. Tendo presente esta premisa, Fernández Pazos, xunto con múltiples colaboradores, crearía o núcleo do futuro Grupo Código Cero Comunicación.

O éxito do espazo radiofónico, â??Códigoâ?, supuxo a lanzamento do primeiro sitio web adicado a dar a coñecer a actualidade na Sociedade da Información e I+D+i en galego.

O portal www.codigocero.com naceu en xullo de 2002 como unha iniciativa independente do programa radiofónico â??Códigoâ?. Na actualidade recibe máis de 200.000 visitas mensuais, e sitúase entre as trinta páxinas galegas de temática xeral máis vistas e no quinto medio de comunicación en Internet de Galicia. Dentro do abanico de novas que publica Código Cero están as relacionadas co Software Libre e a Cultura libre.

Fonte: Código Cero

O terceiro maior fabricante de computadores do mundo, anunciou na actual conferencia LinuxWorld que comezará a vender nos Estados Unidos portátiles da súa liña ThinkPad con sistema operativo SuSE Linux Enterprise Desktop 10, a partir do cuarto trimestre do ano.

Aínda non se coñece que modelos exactos nin os prezos dos Thinkpads equipados con GNU/Linux, pero dende Lenovo adiantaron que tódolos seus equipos da serie T recibirán a opción de empregar Software Libre…

Fonte:
http://www.adnmundo.com

Dvd::rip é unha ferramenta para facer copias completas de DVDs escrita en [[Perl]], ademais é multiplataforma. Permítenos controlar diversos aspectos do proceso de ripeo e transcodificado a través dunha interface de control feita con Gtk+ GUI. Para iso emprega o transcode, entre outros programas de Sotware Libre, que é unha aplicación de procesamento e codificación de vídeo e audio. Está licenzado baixo GPL / Perl Artistic License. 

 Algunhas das súas características son:

  • Ripeo ao diso duro, ao voo ou a outra imaxe
  • Seleccionar pistas de son, ángulos das vistas, múltiples títulos 
  • Codificado de son en diferentes formatos
  • Diferentes métodos de redimensionado: rápido ou de boa calidade
  • Previsualización no momento de facer o transcodificado
  • Modo capítulos: permite ter un ficheiro por cada capítulo
  • e máis…

Do día 17 ao de 19 de setembro celebrarase en Berlín, Alemania, a conferencia RailsConf Europe , un evento de 3 días dedicado exclusivamente a Ruby on Rails. O contorno de desenvolvemento de Ruby on Rails cumpre 3 anos este verán, e neste curto período de tempo, pasou de ser o favorito dos fans de Ruby a converterse no máis usado no mundo do desenvolvemento web.

A conferencia RailsConf Europe 2007 xuntará a centos de desenvolvedores de Europa e do resto do mundo durante 3 días de presentacións e cursos…

 

O proceso de rexistro está aberto desde o seguinte enderezo web:
Rexistro na RailsConf Europe 2007

Máis información en:
http://www.railsconfeurope.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal