Mancomún

Calidonia vén de publicar a presentación que se proxectou durante o Festigal’07 na Haima das Ciencias e do Software Libre. As distintas diapositivas que forman a presentación fixéronse a partir das novas sobre Software Libre e liberdade tecnolóxica enviadas e/ou publicadas en Chuza! desde agosto de 2006 até xullo de 2007.

Fonte: Calidonia

O Concello de Ourense en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria inicia o curso de Base de datos OpenOffice Base de 40 horas de duración, que se desenvolverá desde o día 3 até o día 31 de agosto de 19:00 a 21:00.

Con esta actividade preténdese formar á poboación en creación e xestión de bases de datos co OpenOffice.org Base.

Fonte: Rede de dinamización  

A empresa Igalia S.L. vén de publicar unha oferta de emprego para un Analista/Programador. O posto é para un enxeñeiro en Igalia, traballando en proxectos de Software Libre con perspectiva internacional dende Galicia.

Os requisitos do posto son:

  • Bo nivel de inglés.
  • Formación académica relacionada coa enxeñería e/ou o software.
  • Coñecementos de GNU/Linux, GTK, C, PHP, MySQL, Java, Spring, Hibernate, Mono, …

» Máis información  

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngBotando unha ollada á web da Ciberirmandade da Fala vemos a seguinte nova:

“Xa temos dispoñibles no TraduCIF os arquivos de idioma da RC1 do Joomla 1.5, de xeito que xa podes colaborar na tradución da mesma. De feito, o traballo está bastante avanzado por mor do aproveitamento da antiga tradución levada a cabo tamén no TraduCIF, polo que, o meirande esforzo, debería cinguirse basicamente deica a validación das cadeas traducidas propostas.

Lembra que dispoñemos dun libro de estilo (aínda en proceso de definición) e un foro adicado ás discusións relativas aos traballos de tradución.”

O sistema TraduCIF da Ciberirmandade da Fala é o mesmo sistema que o Entrans de mancomun.org, de feito a tradución do Entrans de mancomun.org está baseada na do TraduCIF…

Por outra parte, tamén comentar que o DokuWiki ceibou unha nova versión e que xa está dispoñible na zona de descargas da Ciberirmandade da Fala, a tradución galega do dokuWiki, actualizada á versión 2007-06-26b. O DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxe sinxela, e non require bases de datos.
 
Fonte:
http://www.ciberirmandade.org  

http://www.mancomun.org/images/stories/sunbirdicon.png Acabamos de rematar a tradución e revisión das cadeas traducidas do Sunbird usando o servizo de tradución online de mancomun.org (Entrans). Despois do proceso de revisión, levado a cabo xunto coa xente de Galician.mozdev.org, publicamos o complemento coa tradución ao galego que se pode descargar dende o Wiki de mancomun.org.

O Sunbird é unha aplicación independente baseada no módulo (ou complemento) de calendario de Mozilla e que cumpre sobradamente as funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas. Tamén existe o Lightning, que é un complemento coas mesmas funcións e que se integran perfectamente co xestor de correo Thunderbird. En breve esperamos tamén sacar a tradución do Lightning ao galego usando a tradución do Sunbird.

No Entrans tamén se atopan os ficheiros para traducir o Gimp (actualmente nun 84% rematado).

Outros proxectos traducidos mediante o Entrans foron:

  • Thunderbird 2.0
  • Firefox 2.0
  • OpenOffice.org
  • B2Evolution

Capturas de pantalla do Sunbird

Lendo Vieiros atopamos unha nova sobre o lanzamento oficial, por parte do Ministerio de Relacións Exteriores de Bolivia, da tradución do software [[Abiword]] a lingua aimara. Esta iniciativa pretende animar ao público a traducir outros programas como o Mozilla Firefox, OpenOffice,org, o contorno de GNOME e demais software de uso doméstico.

O feito de que o programa Abiword sexa Software Libre fai posible que linguas minoritarias poidan dispoñer de programas traducidas ao seu idioma. Abiword é unha das últimas incorporacións a lingua aimara, falada por máis dun millón de persoas entre Bolivia, Perú e Chile.

Abiword é un procesador de textos libre e lixeiro que está traducido oficialmente a case 70 linguas, entre elas o galego. Como a lingua e o Software Libre son de todos, o equipo de tradución vai poñer á disposición do público unha páxina para recoller achegas sobre a tradución. Tamén prevén lanzar unha versión bilingüe do AbiWord en castelán e aymara para facilitar a aprendizaxe do idioma.
 
Fonte: Vieiros

 

A “Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa” está a promover o desenvolvemento da administración dixital en Andalucía a través da Orde de incentivos á innovación e modernización das administracións locais, que desde a súa posta en marcha no ano 2006 apoiou un total de 56 proxectos na provincia de Córdoba. O logro do obxectivo pasa por unha notable reorganización dos propios procedementos e dos procesos municipais, así como pola incorporación de estándares de Software Libre para o desenvolvemento de novas aplicacións co fin de evitar o actual pagamento de custosas licenzas.

A adopción do Software Libre nos sistemas da administración, segundo destacou o delegado provincial de Innovación, Andrés Luque, non só permite incorporar novas aplicacións desenvolvidas por outras entidades locais a través desta orde de incentivos sen custo ningún, senón que contribúe a concentrar os recursos locais no desenvolvemento de novos servizos innovadores para a cidadanía e a ampliación dos existentes.

Fonte da nova e máis información en: La Flecha

Scorched 3D é un remake do clásico xogo de [[DOS]], Scorched Earth. En Scorched 3D os escenarios son completamente en tres dimensións e poderemos xogar en rede ou por Internet contra outros xogadores. Un xogo de acción por quendas, con licenza GPL e que se pode gozar en diferentes plataformas, coma Windows, GNU/Linux , Solaris, FreeBSD e Mac.

Atópase dispoñible a beta (publicada o 28 de xullo) do que será a próxima versión 41 de Scorched 3D. A lista de novidades é inmensa, posto que pasaron uns 8 meses desde a anterior versión e os desenvolvedores estiveron moi activos. 

Os cambios abarcan moitos aspectos do xogo, realizáronse diversos axustes, mellor do motor gráfico e optimizado das comunicacións no xogo en rede, entre outras cousas.

Xa se pode descargar esta nova versión desde os espellos de Sourceforge, en formato rpm ou nun ficheiro comprimido co código fonte para poder compilalo.

 

Fonte: Linuxjuegos.com  

O Software Libre está tendo un forte crecemento no eido da Intelixencia de Negocios (Business Intelligence, BI). Denomínase Intelixencia de Negocios ou Intelixencia Empresarial ao conxunto de estratexias e ferramentas adicadas á administración e creación de coñecemento mediante a análise de datos existentes nunha organización ou empresa.

Este conxunto de ferramentas e metodoloxías teñen en común as seguintes características:

» Accesibilidade da información. Os datos son a fonte principal deste concepto. O primeiro que deben garantir este tipo de ferramentas e técnicas será o acceso dos usuarios aos datos con independencia da procedencia destes.
» Apoio en toma de decisións. Búscase ir máis aló na presentación da información, de maneira que os usuarios teñan acceso a ferramentas de análise que lles permitan seleccionar e manipular só aqueles datos que lles interesen.
» Orientación ao usuario final. Búscase independencia entre os coñecementos técnicos dos usuarios e a súa capacidade para utilizar estas ferramentas.

e dacordo ao seu nivel de complexidade pódense clasificar as solucións de Business Intelligence en:

» Consultas e informes simples (Queries e reports)
» Cubos OLAP (Procesamento Analítico en Liña)
» Data Mining ou minería de datos
» Sistemas de previsión empresarial …

Para GNU/Linux podemos atopar, entre outras, as seguintes ferramentas: 

  • BIRT é un complemento para Eclipse desenvolvido por IBM e Oracle, que forman parte do consorcio de Eclipse: Eclipse Business Intelligence and Reporting Tools. BIRT é un sistema de informes que se pode integrar con aplicacións Java/J2EE para producir informes de produtividade.
  • R é un proxecto que funciona en contornos GNU/Linux, Mac e Windows. É unha ferramenta potente para realizar estatísticas computacionais mediante datos almacenados. A linguaxe R é similar a linguaxe S que foi desenvolvida po Bell Laboratories (AT&T).
  • JMagallanes é unha aplicación de usuario para a análise de información baseada en Olap e Informes Dinámicos, construída integramente en Java/J2EE. Combina informes estáticos (baseados en Jasper Reports), unha táboa pivote Swing para análise OLAP e gráficos (baseados en JFreeChart). Pode tomar datos de moitas orixes distintas como SQL, Excel, XML e outros, e producir distintas saídas como PDF, XML, e ficheiros específicos da aplicación que permiten xerar os reportes e utilizalos logo en forma off-line se fose requirido.
  • Pentaho BI Project, é o proxecto máis valorado no eido do software libre dotado de ferramentas para xerar informes, análises, cadro de mandos, minería de datos e traballo en grupo. Pentaho integra os proxectos Kettle, Mondrian e jFreeReport. A próxima versión de OpenOffice.org incluirá Pentaho coma unha ferramenta máis. Ligazóns relacionadas con Pentaho e das súas ferramentas:

Biblioteca java para programar solucións de informes embebidas
Kettle, ferramenta ETL,ferramenta que permite, sen programar ningún código, levar a cabo transformacións, extraccións, transporte e carga de datos complexos.
OpenOffice incluirá Pentaho

 

  • Mondrian é un servidor OLAP escrito en Java, que permite analizar grandes conxuntos de datos almacenados en base de datos relacionais sen escribir ningunha consulta SQL.
  • JasperReports xunto con iReport permite a xeración de informes dun xeito sinxelo, tendo a posibilidade de amosar o contido por pantalla ou impresora, ou xerar os resultados en formato PDF, HTML, XLS, CSV e XML. Permite configurar o acceso a distintas fontes, entre elas a base de datos que soporte JDBC. Ao ser unhas bibliotecas escritas en Java pódense integrar en aplicacións J2EE ou Web.
     
  • Talend Open Studio é unha solución de Integración de Datos e ETL. A interface gráfica está baseada no Entorno de Desenvolvemento Integrado Eclipse (RCP) e inclúe numerosos compoñentes para o modelado de negocio, implementacións técnicas de extracción, transformación e mapeo de fluxos de datos (ETL).
  • DataVision é unha ferramenta similar a Crystal Reports. Os informes poden ser deseñados empregando unha interface de arrastrar e soltar. Os informes pódense executar, visualizar e imprimir dende a aplicación ou ser exportados a formatos coma: HTML, XML, PDF, LaTeX2e, DocBook ou CSV.

 

Outras referencias:

Portal de información sobre ferramentas de BI

Artigo “OLAP e GNU/Linux” publicado na wikiaula.

Información na wikipedia do termo: Business Intelligence

Poky é un sistema GNU/Linux embebido, cun contorno de desenvolvemento e distribución construído sobre tecnoloxías OpenEmbedded. O obxectivo de Poky é a construción estable de plataformas optimizadas do tipo GNOME Embedded (X11/Matchbox/GTK+).

O núcleo de Poky consiste nun conxunto de paquetes e regras en metadatos para producir un sistema de ficheiros compilado para un tipo de dispositivo específico. Os metadatos son moi adaptables e extensibles, e poden ser tolerados polas necesidades específicas dun tipo de dispositivo en concreto…

Mediante a integración con QEMU ou ferramentas como chroot, Poky ofrece un contorno de desenvolvemento único.

Entre as súas características inclúe: 

  • Soporte kernel para Linux 2.6.x.

  • Soporte de arquitecturas x86 e ARM (ambos OABI e EABI) con opción doutras tamén.

  • Complete cross-compiling toolchain generation (gcc 3.4 e gcc 4.1 soportados).

  • Busybox, tslib, glibc2.x, Kdrive 7.1 XServer (TinyX) e máis.

  • Soporte GNOME Embedded completamente adaptable e configurable para DBus / Gstreamer EDS Embedded / X11/ Matchbox / GTK+ / Cairo, etc.

  • Soporte de xestor de paquetes dpkg ([[Debian]]) ou Ipkg opcional. Integración QEmu (x86 e ARM).

  • Soporte para medidas con OProfile con sistema gráfico remoto UI.

  • Soporte para Linux Trace Toolkit (LTTng).

  • 100% Código aberto. 

 

Fonte:
http://lwn.net
http://www.pokylinux.org

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Xa se pode descargar a nova versión do corrector ortográfico de galego para o OpenOffice.org. Esta nova versión é a 2.0 e inclúe un montón de melloras, entre elas cabe destacar:

  • Mellora drástica da velocidade de carga e de corrección, mediante o uso de características exclusivas do formato Hunspell de OpenOffice.org.
  • Corrixe máis palabras.
  • Revisáronse todos os erros detectados da primeira versión.
  • Ocupa a metade de espazo que a versión anterior sen reducir contidos.

O resultado como comprobaredes, é un corrector moi optimizado e que xa se pode descargar tanto desde a nosa páxina web, na sección de “Software Libre en Galego -> OpenOffice.org“, como desde os repositorios oficiais de OpenOffice.org, usando a opción do menú “Ficheiro -> Asistentes -> Instalar novos dicionarios”. As instrucións de instalación atópanse no Wiki e máis na páxina de descargas do OpenOffice.org.

Como sempre, poderedes enviarnos os erros que detectedes á páxina de discusión do corrector no noso Wiki, ou nos foros desta mesma web.

VDriftVDrift un xogo de simulación de coches en 3D, dispoñible para diferentes plataformas ( GNU/Linux, Windows, MacOS X, FreeBSD) baixo a licenza GPL. A última versión (2007-03-23) trae moitos cambios importantes que achegan ao xogo un pouco máis ao nivel dos xogos de condución comerciais, pero aínda lle queda un longo camiño.

Esta versión inclúe as seguintes novidades:

  • Modo carreira dun só xogador, con opoñentes seleccionables e dirixidos por Intelixencia Artificial, con opción para correr ao circuíto invertido e con resultados ao final da carreira.
  • Novas opcións de pantalla configurables: filtro anisotrópico, antialiasing da escena completa, reflexos dinámicos e iluminación mediante cube-mapping.
  • Nova información en pantalla sobre a carreira: mapa do circuíto, posición, número de volta e tempo do opoñente.
  • Novidades no sistema de control: soporte experimental en force feedback para Linux, sistemas ABS e TCS, melloras nos controis analóxicos, etc.
  • Agora hai 5 circuítos e 6 coches novos.
  • O menú do xogo é agora máis simple.
  • Arranxáronse moitos erros e engadíronse outras pequenas melloras.
Creáronse paquetes mediante autopackage para a distribución dos binarios en GNU/Linux, hai dúas versións: a completa e a mínima con menos coches e circuítos. Podedes consultar o resto de detalles e ligazóns para descargar o xogo dende a súa web oficial.

Web Oficial: VDrift
Consultas no foro: Foro de VDrift

Fonte da nova: http://www.linuxjuegos.com 

Finalmente, o voto de España para adoptar OOXML (Office Open XML) como estándar de ofimática pola ISO será ABSTENCIÓN. Varios países rexeitaron o OOXML pero debido ás regras de AENOR o voto final que se emitirá o próximo 2 de setembro será abstención. O resultado ten moita relevancia xa que inicialmente se contaba co voto a favor de España que é un membro principal na ISO/IEC.

Na actualidade existe xa o estándar ISO-26300 totalmente aberto e apoiado pola comunidade de Software Libre que é o ODF (Open Document Fomart).

Fonte.- softwarelivre.org e ooxml.info

O pasado 1 de agosto celebrouse a asamblea xeral constituínte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixíu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos. Os obxectivos desta iniciativa son:
  • Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
  • Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeración de novas oportunidades de negocio.

AGASOL nace con 12 empresas asociadas: Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Pexego, Redegal, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wireless Galicia. No mes de setembro será presentada a súa web e seleccionarase o seu xerente.

Fonte.- Blogue de Javier Vázquez.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngKWireless Tools Pro” é un paquete de ferramentas para KDE que permite a xestión das túas conexións WiFi. KWireless Tools Pro ven sendo unha interface das “Wireless Tools” de Debian para a contorna KDE.

A diferenza radica en que KWireless Tools Pro permite a xestión, configuración e modificación das túas conexións WiFi desde o centro de control de KDE.

Características:

  • Descubrimento de puntos de acceso.
  • Xestión de conexións, base de datos de puntos de acceso.
  • Monitor continuo (útil para axustar a túa antena ou comprobar a forza do sinal)
  • Establecer unha conexión por defecto (modificando o ficheiro de configuración do sistema)

Algunhas capturas de pantalla do seu funcionamento:

 

Esta aplicación usa código dos seguintes proxectos GPL:

Características a implementar:

  • Permitir xestionar sistemas que teñen máis dun dispositivo WiFi.

KWireless Tools Pro está pensado para sistemas baseados en Debian. A pesares de que se pode convertir a formato rpm ou tgz, algunhas das funcionalidades como configurar a conexión por defecto ao arrancar ou parar a conexión por defecto non van funcionar. En SuSE 10.2 tamén se detectou que o monitor continuo non funciona, debido a que faltan os paquetes esencias da aplicación, que si estaban presentes na serie 9.x

Dependencias da aplicación:
python, pyQt3, pyKDE, pyQwt4, perl-GTK2, wireless-tools, dhcp-client, resolvconf.

Fonte da nova:
http://www.kde-apps.org

http://www.mancomun.org/images/stories/puntoorg.jpgPuntoOrg é un portal creado pola Fundación Bip Bip para ofertar ás organizacións sen ánimo de lucro acceso real ás novas tecnoloxías. O portal leva un ano en funcionamento e entre os seus servizos conta co asesoramento as organizacións, reciclaxe de equipos, un directorio de software no que se poden descargas aplicacións en Software Libre, …

A misión fundamental de Fundación Bip Bip é favorecer a integración social de persoas pertencentes a colectivos vulnerables mediante as TIC fundamentalmente, a través do desenvolvemento de proxectos e de servizos a organizacións sen ánimo de lucro.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal