Mancomún
Segundo un artigo no wiki oficial da Mozilla Foundation, o futuro do Thunderbird parece que pode quedar desligado da propia fundación Mozilla.
 
Tradución da explicación dos motivos: 
“Mozilla deu soporte a Thunderbird como proxecto desde os comezos da fundación. O resultado é un bo e sólido produto que ofrece unha alternativa en Software Libre de xestor de correo para o computador. Sen embargo, o esforzo no proxecto Thunderbird reduciuse enormemente debido a que o meirande esforzo e a comunidade están enfocados na web; Firefox e o ecosistema arredor del. Como resultado disto, Mozilla non soporta tanto a Thunderbird como a Firefox e non se espera un cambio nesta actitude nun futuro próximo….”
 
Alternativas que suxire a Mozilla Foundation:

“Decidimos (Mozilla Foundation) que debemos atopar un novo modelo organizativo para o Thunderbird; un que permita a comunidade de Thunderbird elixir o seu propio camiño.”
 
“Opción 1. Crear unha organización sen ánimo de lucro análoga á Mozilla Foundation: Thunderbird Foundation. Este modelo probablemente ofrece a máxima independencia para Thunderbird; pero tamén é o que ofrece a organización máis complexa…”
 
“Opción 2. Crear unha nova subsidiaria da Mozilla Foundation para o Thunderbird. Require menos traballo, pero segue necesitando unha nova compañía que siga coa misión da Mozilla Foundation…”
 
“Opción 3. Liberar Thunderbird como un proxecto comunitario como SeaMonkey, é crear unha empresa pequena cos desenvolvedores de Thunderbird que ofreza servizos e consultoría sobre o proxecto así como seguir co seu desenvolvemento. Moitos proxectos de Software Libre usan este modelo, e pode ser moito máis simple e efectivo que a empresa subsidiaria. Sen embargo, crealo desta maneira como unha organización sen ánimo de lucro sería extremadamente difícil…”
 
Comentario final da Mozilla Foundation:
“Aínda non sabemos cal é a mellor opción, e non esperamos escoller sen debatelo pública e abertamente….  Se alguén ten algún comentario, idea -incluso mellor- ou quere involucrarse, por favor, deixade os vosos comentarios na páxina de discusión deste artigo.”
 
Máis información no artigo orixinal:
http://wiki.mozilla.org/Thunderbird:Future_of_Thunderbird

http://www.mancomun.org/images/stories/odflogo.png

 

Red Hat é un dos membros fundadores da ODF Alliance, e os deseñadores da revista Red Hat Magazine veñen de crear unha serie de pósters e logos en distintos formatos para axudar a difundir e promover o uso deste formato.

O póster e o logo pódense descargar en distintos formatos:

Logo (.sla)
Logo (.svg)
Póster (.sla)
Póster (.svg)
Póster (.pdf)

 

Agora só queda descargalo, imprimilo, traducilo aos distintos idiomas, usalo e liberar os documentos co formato ODF…

 

Máis información na revista Red Hat Magazine, no artigo “ODF: The inevitable format” e máis en “Spread the word, share this ODF artwork”:

ODF: The inevitable format

Spread the word, share this ODF artwork

Segundo o informe da consultora CCID do que se fai eco The Inquirer, Linux foi o sistema operativo que máis medrou cun aumento do 31%. Superou deste xeito en taxas da crecemento a Windows e Unix que tiveron un 11,6% e un 9,6%. Os responsables do estudo afirman que este forte aumento sosterase no tempo.

A presenza de Linux nos computadores chineses aumentou dun 0,6 no 2006 ata o 2,5% actual. Windows e Unix ocupan o 41,8% e o 52,9% do mercado do país máis poboado do mundo.

http://www.mancomun.org/images/stories/sme_server.pngO 22 de xullo liberouse a versión 7.2 de SME Server baseada en CentOS 4.5. SME Server é unha distribución que se instala automaticamente sobre un PC converténdoo nun potente servidor de comunicacións.

Esta orientada para que as pequenas e medianas empresas poidan ter unha intranet cos seguintes servizos: correo, servidor de ficheiros, servidor web, servizos especiais de caché e proxy, webmail, axenda de enderezos, servidor de dominio, servidor de impresión, antivirus, antispam, …

No seguinte documento recóllese unha guía visual que axudará nun proceso de instalación básico do sistema. O documento, traducido ao galego, contén un extracto do proceso de instalación para configurar SME Server como servidor dunha intranet.

Está dispoñible moita información xunto con manuais para os administradores, usuarios e desenvolvedores no wiki do proxecto.

Outras referencias de SME Server:

» Documento coa guía de instalación  

» Melloras da versión 7.2

» HowTo’s  

 

Nesta liña o “IES Chan do Monte” conta con documentación técnica sobre a configuración da rede do seu centro cubrindo aspectos como: DHCP, clonado de equipos Windows dende servidores Linux, servidores DNS, clientes lixeiros,… Esta información pode ser levada ao eido empresarial.

Mumble é un cliente de comunicación vía voz que permite interactuar cos compañeiros de partida mentres se xoga online. A versión actual é a 1.0, está dispoñible para Windows e GNU/Linux. Na descarga deste cliente tamén se inclúe o servidor Murmur.
 
De acordo cos seus autores, Mumble ofrece unha latencia moito máis baixa que os seus competidores e unha mellor calidade de son. Conta tamén cunha función para desactivar o eco (e evitar repeticións da propia voz nos altofalantes doutros xogadores).

 Mumble ten soporte para audio posicional, é dicir, lograr que a voz dos compañeiros de xogo proveña do sitio onde está o seu personaxe. Esta capacidade funciona a modo de plug-in para cada xogo e de momento só está compatible o de Battlefield 2.

 

Descarga do Mumble:

http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=147372  

http://www.mancomun.org/images/stories/visa_linux.jpg O proxecto da tarxeta de crédito VISA Linux Fund que naceu no 1999 está volvendo a coller pulo. O proxecto ten como obxectivo “xuntar diñeiro por medio das compras que fagan os [[geek]]s coa súa tarxeta VISA Linux”. Con cada compra, as entidades emisoras das tarxetas doan unha determinada cantidade de diñeiro á iniciativa Linux Fund. Este diñeiro que se xunta, logo dóase á FSF e outros proxectos importantes dentro do mundo do código aberto.

A tarxeta de crédito só pode ser solicitada por habitantes de Estados Unidos e Canadá, e desde que comezou o proxecto no 1999, a organización doou máis dun millón e medio de dólares…

Máis información na fonte orixinal ou na páxina do proxecto:
http://alternaria.blogspot.com
http://www.linuxfund.org

Esta iniciativa pretende crear unha colaboración entre os dous grupos de desenvolvedores dos distintos continentes.

No sitio web do «FOSS Bridge EU-Vietnam» abriuse a inscrición para os desenvolvedores europeos que estivesen agardando para se unir aos desenvolvedores vietnamitas na programación de aplicacións de código aberto.

As compañías vietnamitas de desenvolvemento de aplicacións de código aberto implicadas no proxecto agardan ser capaces de colaborar cos seus homólogos no eido dos sistemas de uso gobernamental. Tamén pretenden unirse ao colectivo de desenvolvemento de proxectos en J2EE, SOA e Business Intelligence…

Tres organizacións non gobernamentais, o «Inwent» xermano, o «Inria» francés e o «Ioit» vietnamita teñen a esperanza que ao incrementaren os contactos entre os desenvolvedores de código aberto vietnamitas e europeos estimulará no seu país o uso deste tipo de software, para o que se adaptarán as aplicacións ás necesidades vietnamitas e contribuirán con proxectos de código aberto a nivel internacional.

Segundo Corinna von Hartrott-Nöldeke do «Inwent» xermano: «Escolleuse Vietnam porque o pais decidira cambiarse a software libre» (…) «Ademais, en Vietnam, pódese atopar o nivel de capacidade necesario para acometer tales proxectos. Este non é o caso de Laos ou de Camboxa».

Ligazón a noticia orixinal:
http://ec.europa.eu/
GALITEG.A.L.I.T.E. (Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía) de Foz celebrará entre os días 16 e o 19 a Partyfoz 2007. Será a terceira edición desta party na que, ademais dos habituais concursos de videoxogos, terá unha forte presenza o Software Libre con diversas charlas. No evento colabora o Concello de Foz. 

G.A.L.I.T.E. son un grupo que teñen aficións en común e que intentan dar a coñecer as posibilidades da tecnoloxía. Defenden e promoven o código aberto que garanta a máxima rendibilidade para as nosas administracións e liberdade para as empresas e os particulares.

http://www.mancomun.org/images/stories/gplv3-logo-red.pngO compilador gcc vén de lanzar a súa versión 4.2.1. Unha nova que non tería moita relevancia de non ser porque as futuras versións terán licenza GPLv3.

Non resulta estraño que gcc sexa un dos primeiros desenvolvementos que adopta esta licenza, debido a que o creador orixinal é Richard M. Stallman, líder e fundador da fundación GNU, o organismo no cal se derivou a licenza GPL.

O troco de licenza expón, aos desenvolvedores, a posibilidade de manter unha liña paralela de desenvolvemento que manteña a licenza GPLv2, algo que xa ocorrera coa versión EGCS…

Fonte:
http://es.theinquirer.net

Un grupo de expertos participantes nas xornadas estatais “e-Verano.org. Una mirada a la sociedad libre” aseguran que o Software Libre é a asignatura pendente da universidade. A Formación Profesional (FP), con todo, progresa adecuadamente.
 
Rafael Rodríguez, da oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz, sinalou, xunto con outros expertos da mesa “Universidade, Software Libre e Innovación”, que a FP está máis preparada fronte ao Software Libre, principalmente pola maior sensibilización do profesorado destes niveis formativos, fronte aos catedráticos e profesores das distintas facultades.
 
Fonte.- Aprendemas.com

A empresa EDM Electronics conta con 120 traballadores discapacitados. O seu directivo, Antonio Jiménez Morillas, asegura que a utilización de Software Libre facilita aos discapacitados o uso normal dos computadores no seu traballo.

Durante  a cuarta edición da versión hispana da Conferencia Europea de Desenvolvedores e Usuarios de Gnome, celebrada en Granada, Jiménez referiuse en concreto ao sistema Ubuntu, con tecnoloxía de escritorio Gnome, que se adapta a persoas con discapacidade auditiva, motriz ou visual nos seus diversos graos porque cumpre coa maioría dos requisitos de usabilidade.

Fonte.- Dminorias  

 

Intel anuncia a versión de código aberto, baixo licenza GNU/GPLv2, de Intel Threading Building Blocks (TBB), unha biblioteca en C++ que permite o paralelismo en procesadores multinúcleo. A compañía xa lanzara Threading Building Blocks en agosto, unha plantilla C++ deseñada para simplificar a tarefa de desenvolver aplicacións que se aproveiten dos procesadores con varios núcleos ou unidades de proceso.

Intel decidíu lanzar a biblioteca baixo licenza GNU/GPLv2 coa excepción do runtime, grazas á cal todo software comercial pode incrustar este runtime en produtos de código pechado.

Fonte: news.com

Threading Building Blocks funciona en MS Windows, Mac OS X e nas distribucións de GNU/Linux máis populares sobre chips x86. Tamén hai dispoñibles versións da ferramenta para procesadores tipo Alpha en Solaris 10, FreeBSD e MacOS en chips G5.

TBB fornecerá aos desenvolvedores con algoritmos paralelos, contedores concurrentes, planificadores de tarefas e localizadores de memoria escalables. Estes bloques poden ser empregados individualmente ou todos xuntos para ter multifío (multithreading) e obter un maior rendemento. Con TBB, as aplicacións poderán ser escaladas automaticamente para futuros procesadores multinúcleo (multi-core).

AMIDE é unha ferramenta de Software Libre que nos permite ver, analizar e rexistrar un conxunto de imaxes médicas volumétricas. Foi desenvolvido usando as GTK+/Gnome, e pode executarse en calquera sistema que teña soportadas estas ferramentas (GNU/Linux, Windows, Mac OS X a través do fink). Recentemente publicouse a versión 0.8.21 para todas as plataformas anteriormente mencionadas.

Algunhas das súas características son:

  • Importación de calquera ficheiro clínico DICOM (empregando a biblioteca DCMTK)
  • Importación de ficheiros (8, 16, 32.. bits). Tamén importa Acr/Nema 2.0, Analyze (SPM), DICOM 3.0, InterFile3.3, ECAT 6/7, e Gif87a/89a (usando as bibliotecas (X)medcon/libmdc)
  • Soporta diferentes contrastes de cores
  • Inclúe unha ferramenta de perfís que pode calcular axustes de Gaussian e FWHM dos perfís xerados. Tamén se poden gardar para uso externo.
  • Permite salvar estudos (ROI e conxuntos de datos) en XML.
  • e moitas máis

 

Páxina oficial do proxecto
http://amide.sourceforge.net/index.html

 

Páxina de descargas:
http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=9464

Altia Consultores, consultora TIC coruñesa, escolleu o xestor de contidos libres Joomla! para crear a web de Fomento de San Sebastián, un organismo de promoción económica e social da capital donostiarra. A empresa combina Joomla! cun entorno LAMP (Linux, Apache, Php e MySql) segundo informa no seu boletín Altia News porque permite a creación de sitios web de alta interactividade, profesionalidade e eficiencia, sendo altamente modulable.
 
Os xestores de contido libres son un alternativa realmente consolidada con produtos de probada calidade como Drupal, Joomla!, Typo ou OpenCms. Na web CMS Matrix pódese comparar as diferentes alternativas, tanto libres como propietarias, e as súas características.

Moitas das empresas rexistradas no noso directorio de empresas realizan implantacións de xestores de contidos aproveitándos das vantaxes do Software Libre e da comunidade desenvolvedora que hai detrás destes produtos. Altia é unha das empresas TIC galegas con maior facturación e número de empregados o cal amosa o grao de madurez de Joomla! e outros xestores de contidos libres.

RogueScanner é unha ferramenta orientada á clasificación de equipos posibles e intrusos conectados nas redes.

O programa necesita executarse dende un computador conectado á rede. Entón fará unha revisión da rede para atopar os dispositivos conectados á mesma. Por cada dispositivo dará información, tal e como a MAC, enderezo IP asignado, fabricante, tipo de dispositivo, sistema operativo, etc…

Entón só hai que comparar a información recollida coa que se coñece da rede e buscar os posibles intrusos. RogueScanner axuda neste proceso de identificación de dispositivos usando unha base de datos colaborativa que permite facer consultas sobre que tipo de dispositivos se están conectando.

A páxina oficial do proxecto en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/roguescanner

Visto na web de AGNIX:

AGNIX presentará no Festigal, o Proxecto Belenus. O obxectivo deste proxecto é idear e por á disposición da comunidade unha plataforma de conexión a internet, de banda larga funcionando con Software Libre e alimentada por enerxías renovables.

Pensamos nunha máquina con conectividade Wan fornecida pola rede UMTS, ou pola rede WiMax, no seu caso. Pensamos nunha máquina que non precise de cabos, nin de datos, nin de electricidade. Unha máquina alimentada polo sol, ou polo vento…”

Por outra parte, mancomun.org estará presente no stand de Software Libre onde se presentarán diferentes proxectos que se están a desenvolver na nosa comunidade.

Ou no enderezo do proxecto Belenus:
Web do proxecto Belenus

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal