Mancomún
Un proxecto dirixido polo enxeñeiro español Javier Solá permitiu que os habitantes de Camboxa podan dispoñer de ferramentas informáticas no seu idioma, o jemer, grazas ao Software Libre. A iniciativa Khmeros permitiu que 500 profesores, 2.000 funcionarios  e 200 alumnos se formasen nas novas tecnoloxías na súa propia lingua e a tradución de máis de 50 programas de uso cotián.

Camboxa atopa grandes vantaxes no Software Libre. Por unha banda pode traducir libremente un idioma minoritario coma o jemer que non interesa ás grandes empresas da informática polo súa reducida cota de mercado e por outra non ten que abonar licenza algunha o que supón un importante aforro nun dos países máis pobres de Asia.

WordForge Project é un proxecto promovido por Javier Solá que tenta simplificar o proceso de localización de software a través do emprego de ferramentas libres aínda que a súa metodoloxía pode ser aplicada a outros tipos de software. O framework de localización funciona con formatos abertos (PO, XLIFF) e procesos de localización de datos para mellorar a eficiencia dos tradutores. Está realizado baixo unha versión adaptada de Pootle.

Fonte: El Mundo  

 

A Cuarta Conferencia Internacional de Software Libre de Málaga 2008 amosará a vitalidade do software no eido social, e de maneira específica, nas grandes corporacións públicas e empresariais. A próxima Conferencia de Málaga 2008, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de febreiro, xa foi presentada por José María Rodríguez Sánchez, director xeral de Innovación e Administracións Públicas da Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa da Junta de Andalucía, durante a Conferencia Internacional de Software Libre 3.0 que se desenvolveu en Badajoz.

A Conferencia de Málaga 2008 prevé reunir, nun espazo de 4.000 metros cadrados do Palacio de Exposicións e Congresos de Málaga, a uns 6.000 asistentes e a máis de 200 poñentes, entre eles autoridades do mundo do Software Libre e representantes das institucións públicas, a empresa, as telecomunicacións e o eido académico. Espérase acoller ademais a máis de 100 entidades entre empresas e institucións públicas na conferencia que está organizada pola Junta de Andalucía, coa colaboración da Junta de Extremadura e importantes empresas e entidades do sector.

Fonte: Conferencia Internacional de Software Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngUbuntu anunciou que, do 3 ao 11 de maio, Sevilla será a sede dos encontros de Ubuntu.

Do 3 ao 4 de maio de 2007 terá lugar o encontro de educación Ubuntu dirixido a usuarios e todos aqueles que apostan polos produtos de Ubuntu no sector da educación.

O 5 de maio terá lugar o encontro Ubuncon que é unha reunión da comunidade Ubuntu, coa finalidade de intercambiar experiencias.

Do 6 ao 11 de maio terá lugar o encontro de desenvolvedores de Ubuntu.

Sen dúbida esta é unha boa nova para tódolos seguidores de Ubuntu xa que estas serán unhas xornadas moi propicias para o intercambio de coñecemento sobre Software Libre…

Fontes:

http://wiki.ubuntu.com/UES-Sevilla

http://wiki.ubuntu.com/UbuconSevilla

http://www.ubuntulive.com

 

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_forxa.png Acábanse de crear novos servizos de soporte para A Forxa de Mancomun.org. Estes servizos activados contribuirán á estabilidade do sistema e a melloras das súas prestacións.

Dentro do proxecto de “Administración da Forxa” (https://forxa.mancomun.org/projects/administracion/), pódese encontrar:

  • O foro de Soporte aos usuarios rexistrados do sistema.
  • O ‘tracker’ do estado da forxa.
  • Unha listaxe de correos pública e anónima para que os usuarios da Forxa poidan reportar erros de funcionamento no sistema…

Ligazóns:

O CMS Drake é unha ferramenta de xestión de contidos. As súas características máis destacables son o soporte para calquera base de datos, seguridade, velocidade, facilidade de xestión e capacidade de adaptación.

Entre as modificacións máis importantes desta nova versión con respecto á versión v.0.3.1 están:

  • Novas etiquetas PHP relacionadas cos bugs (envío de novas, tinyMCE).

  • Actualizouse a librería interna PclZip.

  • Fixáronse erros de confusión dos caracteres en Chino.

  • Solucionáronse erros na edición de drabots.

  • Resolvéronse erros na estrutura de módulos.

A lista completa de modificacións pódese encontrar en
http://sourceforge.net

Esta aplicación pódese descargar dende a páxina de Sourceforge do proxecto:
Páxina do proxecto CMS Drake

Fontes:
http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=66323

http://www.drakeforge.net/Frontpage/

http://wiki.drakecms.org/

 

BizPoint é a Conferencia Internacional sobre Xanelas Únicas Empresariais, Administración de cara ás Empresas (A2B) e Apoio a Empresas que reunirá en Santiago de Compostela as principais institucións e expertos europeos na materia. No transcurso deste evento abordaranse diversas cuestións relacionadas co Software Libre como a necesidade de que as institucións garantan a interoperabilidade, o libre aceso á información pública ou aos estándares abertos. O foro celebrarase o xoves, 15 de febreiro, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

BizPoint convértese nun evento de relevante actualidade tras a recente aprobación das directivas europeas que requiren aos países membros que creen servizos de tramitación empresarial máis áxiles e abordará temas como as experiencias de xanelas únicas empresariais en Europa, as claves da tramitación electrónica das empresas coa administración ou como se constituirán as empresas do futuro.

A conferencia está organizada polo proxecto europeo ICHNOS–Innovation and Change: Network of One-Stop Shops-, unha iniciativa que se puxo en marcha en marzo de 2005 que parte da premisa de que a implementación de xanelas únicas ou puntos de acceso únicos empresariais representa, en moitas rexións, un instrumento clave para promocionar o desenvolvemento local.

TraducíndoteTraducíndote é un  proxecto que permite a tradución de documentos aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na tecnoloxía Apertium. Na súa primeira versión funcionaba baixo o formato aberto .odt aínda que, mediante unha conversión a través de OpenOffice.org, tamén podía ser empregado co formato .doc. Agora ademais é compatible tamén con documentos de LaTex, MySql, Abiword e novos formatos de OpenOffice.org. 
A aplicación pode modificar o idioma do documento mantendo o seu formato (táboas e imaxes incluídas) e conta con licenza GPL. Traducíndote foi desenvolvido polo estudante do Ciclo Formativo de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas do centro IES Chan do Monte Óscar Hermida López.

http://www.mancomun.org/images/stories/libroblanquito.jpgXa está publicado o III Libro Blanco del Software Libre en España.  Pódese descargar en formato OpenDocument e en pdf.

Foi presentado na III conferencia internacional de Software Libre polo conselleiro de infraestruturas e desenvolvemento tecnolóxico D. Luis MIllán Vazquez de Miguel da Junta de Extremadura.

O libro está licenciado baixo Creative commons 2.5 sen obra derivada e para uso non comercial.

Fonte: Libro Blanco

O Concello de Santiago, dentro do seu ciclo de conferencias No ensanche: Software Libre ofrece hoxe día 12 de febreiro unha charla sobre a Creación de Comunidades Virtuais/Redes Libres e Wireless. As diferentes charlas compleméntanse con cursos sobre informática básica, deseño e retoque fotográfico a través de The Gimp ou ofimática a través de OpenOffice.org. As asociacións Compostela Wireless, GLUG e AULUSC participan nesta iniciativa. 
 

Tedes toda a información no calendario de eventos de Mancomun.org.

http://www.mancomun.org/images/stories/accessibility-directory.pngTodo tipo de páxinas e portais existentes na Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite que son accesibles para o maior número de persoas, independentemente das súas limitacións ou das derivadas da contorna de uso. Este é o resultado do acordo de alcance internacional subscrito pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) co Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), en Asturias, e co Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), en Euskadi.

Segundo a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), as Administracións públicas españolas deben cumprir dende o 1 de xaneiro de 2006, os requisitos necesarios para que as súas páxinas web sexan accesibles a persoas con diversidade funcional e de idade avanzada. Esto mesmo é aplicable aos sitios web privados que contan con financiamento público.

AENOR desenvolveu un sistema de certificación nesta materia, segundo a norma UNE 139803:1994 Aplicacións informáticas para persoas con diversidade funcional. Requisitos de accesibilidade para contidos Web, que se fundamenta nas directrices de accesibilidade do World Wide Web Consortium (W3C), que conta cunha oficina española que está na Fundación CTIC.

A nova certificación garante ás empresas privadas e Administracións públicas que os seus sitios web cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade establecidas na norma e aporta un selo de excelencia a súa presenza na Internet. Asemade serve como importante guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

A accesibilidade permite que un sitio ou servizo web poida ser empregado de forma satisfactoria polo maior número posible de persoas, independentemente das súas capacidades persoais ou tecnolóxicas, e a súa falta nega o acceso a potenciais usuarios e, dende o punto de vista empresarial, a posibles clientes.

Como exemplos de características dunha web accesible pode citarse que permita configurar o tamaño de letra para evitar dificultades de visión, ou uso de estándares internacionais que garantan o acceso á información en diferentes sistemas operativos ou cos vídeos deban estar subtitulados para facilitar a súa comprensión a persoas con problemas auditivos.

O acordo supón que CTIC e ESI prestarán a AENOR servizos técnicos mediante inspectores cualificados que analizarán o grado de accesibilidade das páxinas web, tanto en empresas como en institucións. O proceso consiste en avaliar un sitio web, combinando sistemas de revisión automática con metodoloxías de inspección manual.

Os especialistas traballarán como inspectores cualificados de acordo aos procedementos vixentes na certificación de produtos e segundo os requisitos deontolóxicos establecidos por AENOR, especialmente, no relativo á independencia para asumir labores de asesoramento e consultoría.

Fonte: Fundación CTIC

IDABCA IDABC, organismo europeo encargado de velar pola administración electrónica, anunciou a creación dunha nova versión da licenza libre EUPL. A EUPL 1.0 sucede á 0.2 e é perfectamente compatible coa GPL. Francisco García Morán, responsable da IDABC, salientou que esta nova versión dá máis garantías de libre distribución aos usuarios e que terá edicións en todos os idiomas da Unión Europea.
 

García Morán reafirmou ademais a súa aposta pola liberdade do software e que a Unión conta con empresas asesoras expertas nestes temas para garantir a legalidade deste tipo de software.

O Java Parallel Processing Framework (JPPF) é unha contorna de computación Grid para [[Java]] que se centra na mellora do rendemento e na facilidade de uso. Dispón dun conxunto de ferramentas e [[API]] que facilitan a paralelización en aplicacións con altos consumos de CPU, distribuíndo a execución sobre unha rede de nodos heteroxéneos.

Esta nova versión mellorou as comunicacións nun 10% e arranxou numerosos bugs no servidor, incrementando así a escalabilidade e estabilidade. Esta versión tamén inclúe unha actualización da consola gráfica de administración para usar Substance L&F v3.1 e JFreeChart v1.0.3 

O JPPF 0.24.1 ten licenza GNU e pódese descargar dende a páxina web de SourceForge

http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=135654

Fontes:

http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=661327
http://www.jppf.org/index.php

http://www.mancomun.org/images/stories/80px-inkscape.logo.svg.pngInkscape é un editor Software Libre de gráficos vectoriais, con capacidades similares a Illustrator, Freehand, CorelDraw ou Xara X empregando o estándar SVG (Scalable Vector Graphics) do W3C. A nova versión 0.45 está dispoñible para descarga en sourceforge.

As características do SVG inclúen figuras, camiños, texto, marcadores, clons, alpha blending, transformacións, gradientes, patróns e agrupación. Inkscape tamén soporta metadatos Creative Commons, edición de nodos, capas, operacións complexas de camiños (path), traceado de bitmap, texto sobre camiños, texto flotante, edición directa do XML e máis. Pode importar formatos coma JPEG, PNG, TIFF e outros e exporta a formato PNG tan ben coma a múltiples formatos vectoriais.

O principal obxectivo de Inkscape é crear, coa axuda da comunidade de usuarios empregando Software Libre, unha ferramenta potente de debuxo que cumpra cos estándares XML, SVG e CSS.

Dentro das melloras que se pretenden ofertar en futuras versións están a de dispoñer dunha liña de tempo para a creación de animacións e integración con Scribus, entre outras.

Outra alternativa libre a Inkscape é GLIPS Graffiti Editor. Esta ferramenta é un editor de gráficos SVG multiplataforma que ademais permite a comunicación con provedores de datos de aplicacións SCADA HMI.

Red HatO exército sueco migrará os seus servidores de Windows NT a servidores Red Hat. O acordo entre a empresa norteamericana e o goberno escandinavo contempla asistencia técnica en calquera departamento do exército. Actualmente Red Hat xa contaba con 200 servidores nas forzas armadas suecas polo que a familiaridade con este tipo de tecnoloxía foi tida moi en conta polo goberno sueco.

Outros elementos que pesaron a favor de Red Hat foron un longo período de vida dos seus produtos, a importancia da compañía e a plena compatibilidade de hardware e software cos equipos e aplicacións xa existentes.

Os ordenadores dos 400 empregados e 130 oficinas de Caja de Guadalajara funcionarán dentro duns meses somentes con Software Libre. O cambio supuxo un aforro entre 900.000 e un millón de euros segundo a consultora Entel, que colaborou na transición cara GNU/Linux da caixa. O proxecto foi presentado esta mañá na terceira Conferencia Internacional de Software Libre que se está celebrando en Badajoz.

A entidade afirma ser a primeira de España en realizar esta aposta polo Software Libre…

A transición cara GNU/Linux estase probando agora con un proxecto piloto que se prevé estender progresivamente a todas as oficinas, hasta completalo en maio, cando o sistema completo entrará en produción. Entón, todo o que os usuarios encontrarán no seu escritorio será Software Libre: usarán o navegador [[Firefox]], o xestor de correo electrónico [[Thunderbird]], etc. Ademais a distribución de GNU/Linux que usarán será [[Ubuntu]].

Pablo Ruiz, responsable de Software Libre en Entel, explica que o cambio dende o software propietario ao Software Libre foi moi gradual. Na decisión de cambio influíu decisivamente o feito de que a Caja de Guadalajara utilizaba [[Windows NT]], unha versión bastante antiga do sistema operativo de Microsoft para a que xa non existe soporte técnico oficial.

O salto a outro sistema operativo era necesario e a parte do aforro que según Entel supuxo, outras razóns levaron a entidade a elixir Software Libre. Tanto Pablo Ruiz como Andrés Seco, responsable de sistemas de Caja Guadalajara coinciden en sinalar que un dos obxectivos era lograr a independencia respecto ao provedor de sistemas informáticos…

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal en:
http://www.elpais.com

O Partido Socialista de Euskadi presentou unha proposición non de lei no Parlamento Vasco para que se imparta o ensino de Software Libre de xeito paralelo á formación en software propietario. Idoia Mendia, parlamentaria que presentou a proposta afirmou que é necesario traballar dende a escola con programas de código aberto e xustificou a formación en software propietario en que estes programas na actualidade son os máis populares e resulta necesario seguir ensinando o seu manexo. 

Os tres partidos do goberno vasco amósanse de acordo coa iniciativa con matices. As proposicións que queren introducir PNV, EA e Ezker Batua son:

  • Demora da aplicación de esta proposición deica o vindeiro ano.
  • O Software Libre debe estar adaptado ás necesidades docentes nos centros educativos.
  • Estender a aplicación ao profesorado.  
  • Creación dun repositorio público orientado á docencia.

No texto que probablemente sexa aprobado recóllense os puntos anteriores e a necesidade de que estas aplicacións se vexan libres de problemas de licenzas.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal