Mancomún
A Forxa Hoxe nace, en fase de probas, A Forxa, o repositorio galego de Software Libre, onde terán cabida os proxectos desenvolvidos  pola comunidade galega promovidos dende as empresas, institucións, usuarios… O novo servizo integrado na iniciativa Mancomun.org está aberto ás vosas iniciativas, suxestións ou melloras polo que poñemos a disposición vosa a lista de usuarios para que participedes neste novo e prometedor proxecto.

A Forxa nace como resposta á necesidade da comunidade de desenvolver proxectos colaborativos. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información asinou un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para a súa posta en marcha e mantemento polo que esta institución levará a cabo labores de dinamización, investigación e soporte para os proxectos albergados na Forxa. Nestes proxectos participarán axentes, empresas, universidades e administracións pública e calquera persoa ou institución interesada.

Finalmente decidiuse adoptar o software colaborativo GForge localizándoo e adaptándoo ao entorno colaborativo de Mancomun.org. O software estará dispoñible na Forxa para o seu exame, detección de erros e desenvolvemento de melloras.

A versión propia de Sun da linguaxe Fortran, chamada Fortress, xa ten un intérprete de código aberto.

O xefe do proxecto, Eric Allen, dixo que con isto quería impulsar esta alternativa para que fose empregada en contornas académicas e por parte de calquera interesado nesta nova linguaxe.

Fortress naceu a partires dun proxecto de supercomputación financiado polo Departamento de Defensa do Reino Unido, e está orientado ao mercado HPC (High Performance Computing).

Fonte:

http://uk.theinquirer.net/

http://www.mancomun.org/images/stories/topic_image.php.gif Greg Kroah-Hartman é un coñecido desenvolvedor do kernel de Linux. O seu libro “Linux Kernel in a Nutshell” da editorial O’Reilly está dispoñible de forma gratuíta en formato PDF na propia web do autor. Nas súas propias palabras: para saber como compilar, configurar e instalar un kernel Linux personalizado para a túa máquina, le este libro…

Fonte:

http://www.diariolinux.com

http://www.mancomun.org/images/stories/cmg.jpg Dentro do programa de formación para 2006/2007, o Centro Multimedia de Galicia (CMG) vai impartir cursos sobre xeración de contidos multimedia empregando Software Libre. A serie de cursos, co título “Software Libre para xerar contidos multimedia”, comeza cunha introdución amosando as vantaxes, desvantaxes e condicións do Software Libre da man de dous expertos.

Os cursos emítense dende o CMG á rede de aulas a través da Autopista Galega da Información, rede conmutada de banda ancha capaz de transmitir datos, texto, imaxes, voz e vídeo de alta calidade. O CMG utiliza na retransmisión interactiva dos cursos dous sistemas complementarios e independentes: Unha multiconferencia de vídeo-son entre o posto do profesor e un dos ordenadores das Salas Web e unha multiconferencia de datos entre o posto do profesor e tódolos postos dos alumnos.

Relación dos cursos de Software Libre no programa do CMG:

1ª SESIÓN
CLASES: 26 de febreiro e 5, 12 de marzo de 10:00 – 14:00
TITORÍAS: 27, 28 de febreiro e 1, 6, 7, 8, 13, 14 de marzo 10:00 – 14:00
SALAS WEB:
CMG/RIBEIRA/MONFORTE DE LEMOS/VERÍN/A ESTRADA/PONTEAREAS/FCS

2ª SESIÓN
CLASES: 26 de febreiro e 5, 12 de marzo de 16:30 – 20:30
TITORÍAS: 27, 28 de febreiro e 1, 6, 7, 8, 13, 14 de marzo 16:30 – 20:30
SALAS WEB:
CMG/FCC/BPMGG/BOIRO/APL/OURENSE /VIGO/REDONDELA

1ª SESIÓN
CLASES: 19, 26 de marzo e 2 de abril de 10:00 – 14:00
TITORÍAS: 20, 21, 22, 23, 27, 29, 30 de marzo e 3 de abril de 10:00 – 14:00
SALAS WEB:
CMG/RIBEIRA/MONFORTE DE LEMOS/VERÍN/A ESTRADA/PONTEAREAS/FCS

2ª SESIÓN
CLASES: 19, 26 de marzo e 2 de abril de 16:30 – 20:30
TITORÍAS: 20, 21, 22, 23, 27, 29, 30 de marzo e 3 de abril de 16:30 – 20:30
SALAS WEB:
CMG/FCC/BPMGG/BOIRO/APL/OURENSE /VIGO/REDONDELA
 

1ª SESIÓN
CLASES: 11, 17, 23 de abril de 10:00 – 14:00
TITORÍAS: 12, 18, 19, 24, 25, 26 de abril e 2,3 de maio de 10:00 – 14:00
SALAS WEB:
CMG/RIBEIRA/MONFORTE DE LEMOS/VERÍN/A ESTRADA/PONTEAREAS/FCS

2ª SESIÓN
CLASES: 11, 17, 23 de abril de 16:30 – 20:30
TITORÍAS: 12, 18, 19, 24, 25, 26 de abril e 2,3 de maio de 16:30 – 20:30
SALAS WEB:
CMG/FCC/BPMGG/BOIRO/APL/OURENSE /VIGO/REDONDELA
 

1ª SESIÓN
CLASES: 7, 14, 21 de maio de 10:00 – 14:00
TITORÍAS: 8, 9, 10, 15, 16, 22, 23, 24 de maio de 10:00 – 14:00
SALAS WEB:
CMG/RIBEIRA/MONFORTE DE LEMOS/VERÍN/A ESTRADA/PONTEAREAS/FCS

2ª SESIÓN
CLASES: 7, 14, 21 de maio de 16:30 – 20:30
TITORÍAS: 8, 9, 10, 15, 16, 22, 23, 24 de maio de 16:30 – 20:30
SALAS WEB:
CMG/FCC/BPMGG/BOIRO/APL/OURENSE /VIGO/REDONDELA

Información e reserva: http://www.cmg.xunta.es

Traducíndote é un novo proxecto que permite a tradución de documentos aos diferentes idiomas do estado ademais do inglés, e do portugués baseándose na tecnoloxía Apertium. Funciona baixo o formato aberto .odt pero, mediante unha conversión a través de OpenOffice.org, tamén pode ser empregado co formato .doc. Traducíndote pode modificar o idioma do documento mantendo o formato documento (táboas e imaxes incluídas) e conta con licenza GPL.
 

O proxecto permanece en fase de probas no IES Chan do Monte de Marín. Traducíndote foi desenvolvido polo estudante do Ciclo Formativo de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas deste centro Óscar Hermida López.

Segundo informa Lucy Sherriff en The Register a Comisión Europea, como parte do 6º Programa Marco, investirá 25 millóns de euros en 4 proxectos destinados a mellorar a calidade do Software Libre. O traballo será coordinado pola consultora inglesa Sirius, expertos da industria, persoas do ámbito académico e a comunidade.

Os proxectos nos que se vai traballar son:

  • QualIPSo (Quality Platform for Open Source Software), é unha infraestrutura para investigar e utilizar procesos de desenvolvemento en execución incluíndo modelos, métodos e ferramentas de negocio para fomentar o emprego do Software Libre por organizacións TIC europeas.
  • FlossMetrics (Free/Libre and Open Source Metrics), ten por obxectivo principal construír, publicar e analizar unha base de datos de gran escala coa información e métrica sobre o desenvolvemento de Software Libre que provén de varios millares de proxectos do software, empregando metodoloxías existentes e ferramentas xa desenvolvidas. O proxecto tamén proporcionará unha plataforma pública para a validación e a explotación industrial de resultados.
  • QualOSS (QUALity of Open Source Software), trata de proporcionar metodoloxías ao Software Libre no desenvolvemento industrial, para permitir as probas, e para apoiar o seu desenvolvemento e evolución.
  • Sqo-OSS. (Software Quality Observatory for Open Source Software), é unha suite de avaliación de ferramentas software. Estas ferramentas permitirán o análise dos obxectivos e probas do Software Libre.

Fonte: la pastilla roja e The Register

Logo de UbuntuUbuntu Screencasts é un proxecto para dotar a Ubuntu dunha completa documentación audiovisual. Os screencasts son gravacións de escritorio onde se resolven problemas concretos ou se levan a cabo tarefas específicas e de uso común. Os vídeos pódense descargar en vídeo, flash ou en audio.   

A intención dos responsables de Ubuntu é aproveitar a gran difusión de plataformas coma Google Video ou YouTube para facer chegar aos internautas a existencia de Ubuntu e solventar as dúbidas máis frecuentes de xeito sinxelo. O proxecto está aberto á colaboración en diferentes aspectos do proceso de desenvolvemento do screencasts, entre eles o da localización.

Xa se publicou o Informe sobre o impacto económico do Software Libre na innovación e competitividade no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Europa (en inglés).

O informe foi elaborado polo Maastricht Economic and social Research and training centre on Innovation and Technology da Universidade das Nacións Unidas (UNU-MERIT), xunto coa colaboración da Universidad Rey Juan Carlos (España), University of Limerick (Ireland), Society for Public Information Spaces (France), Business Innovation Centre of Alto Adige-Südtirol (Italy).

O informe elaborouse cos datos que proporcionou o grupo de investigación Grupo GSyC/Libresoft, grupo pertencente á Universidad Rey Juan Carlos.
 
Descarga o informe:

Informe sobre o impacto económico do Software Libre na innovación e competitividade no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Europa  http://www.mancomun.org/components/com_remository/images/file_icons/acrobat.gif

A Universidade aposta pola educación virtual dentro dun espazo lúdico, algo senlleiro no ámbito español. A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acaba de alugar un local no mundo dixital e tridimensional en 3D www.secondlife.com co fin da aportar información a calquera persoa do mundo sobre a titulación, as materias e as saídas profesionais da carreira.
“As universidades americanas máis importantes como a de Columbia, Standford ou Harvard xa teñen construído o seu propio campus. Nós comezamos alugando unha pequena oficina dentro dun edificio de I+D onde colocamos paneis informativos e unha mesa rodeada de cadeiras para que calquera cibernauta, especialmente os nosos alumnos, poida facer consultas, asistir á proxección de vídeos e mesmo a titorías”, asegurou o decano de Informática, Enrique Barreiro.
Tres continentes e varias illas ficticias forman este mundo paralelo, no que un entra gratuitamente cun dobre tridimensional, un avatar que xesticula, se move e que pode mercar e vender múltiples produtos, algo semellante a un personaxe do videoxogo Sims, pero cunhas posibilidades ilimitadas. “É o mundo virtual que está a obter máis éxito porque inclúe a opción de xogo, de operacións comerciais e de tarefas educativas”, declarou o decano.

Unha das utilidades é a de complementar a educación, mais as opcións móvense dende ir a exposicións fotográficas, centros comerciais ou discotecas, a comercializar terreos, xogar ás máquinas comecartos e mesmo manter relacións íntimas, acción que usualmente non soe resultar gratuíta, pero que é unha das máis solicitadas.
En todos estes espazos cada avatar contacta con outros personaxes, que son ficticios, pero nos que se agocha unha entidade física real: dende particulares a fortes grupos empresariais. “Como carreira tecnolóxica que somos, debemos estar presentes nese mundo que está levantando tanto interese en empresas como IBM e Toyota, que por exemplo están a suplantar os desprazamentos de miles de quilómetros para ir a unha reunión por xuntanzas nestes espazos virtuais”, afirmou Enrique.

Fonte: DUVI  

A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega fai pública unha convocatoria que pretende animar ás entidades privadas sen ánimo de lucro a que realicen actuacións encamiñadas a aumentar o uso social da lingua galega a partir do seu emprego no eido da familia, da infancia e da mocidade.

No DOG do martes, 9 de xaneiro de 2007, recóllese toda a información da convocatoria.

No ámbito das tecnoloxías da información terán a consideración de subvencionables todas as accións que desenvolvan as seguintes medidas ou incidan en cuestións relacionadas con elas:

  • Promover o desenvolvemento de actividades de lecer en lingua galega para a infancia e a mocidade e estimular a participación nestas de nenos e nenas.
  • Interrelacionar mozos/as de diferentes ámbitos xeográficos e perfí­s lingüí­sticos a través de actividades de lecer.
  • Fomentar a realización de obradoiros de lingua que presenten o galego como unha actividade lúdica, co obxectivo de desfacer prexuízos entre a mocidade e de constituír un ámbito onde se practique de forma efectiva a lingua.
  • Promover a creación de soportes diversos en galego (revistas en papel e en formato electrónico, sitios web, cadernos…) que difundan actividades de interese para a mocidade (música, deportes, cine, videoxogos…), promocionando as actividades de grupos e colectivos locais.
  • Incorporar a produción cultural galega aos espazos de lecer e impulsar a aparición en galego dos xéneros e das estéticas que hoxe teñen éxito entre rapaces/as e mozos/as.
  • Elaborar recursos para o lecer e xogos en lingua galega, con especial atención á xente nova.
  • Crear e adaptar ao galego programas e xogos informáticos destinados á infancia e á mocidade.

Os proxectos realizaranse dende o día 1de xaneiro ata o 25 de outubro do ano 2007.

Para máis información consultar no DOG do 9 de xaneiro de 2007 

Logo do Pegsi A Xunta considera irrenunciable a adopción do Software Libre na administración e investirá uns 2,8 millóns de euros na adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos.
 
Ademais a súa acción non se limitará á administración autonómica senón que promoverá o código aberto entre os concellos de Galicia. Para dar pulo a este proceso a Xunta favorecerá as propostas tecnolóxicas de Software Libre e dará formación aos seus funcionarios nestas tecnoloxías. Son algunhas das medidas e previsións que o Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) ten previstas.
 

De acordo co PEGSI, a administración autonómica galega creará un comité de seguemento da adopción de estándares abertos por parte da administración pública. Elaborarase asemade un estudo estratéxico da viabilidade da incorporación do Software Libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración. 
 
As previsións do plan apuntan a que no ano 2010 a porcentaxe de plataformas e aplicacións corporativas desenvolvidas pola Xunta de Galicia en Software Libre será de entre un 12 e un 26%, os portais da Xunta desenvolvidos sobre xestores de contido libre sería entre un 70 e un 94%, as plataformas desenvolvidas en Software Libre por empresas serían entre un 12 e un 22% e unha porcentaxe de entre o 32 e o 42 % dos concellos de Galicia contaría con plataformas tecnolóxicas libres.
 
Para acadar unha maior extensión do Software Libre entre as administracións o PEGSI prevé as seguintes actuacións:
  • Valoración da viabilidade e da estratexia de incorporación do sóftware libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración
  • Desenvolvemento do posto de traballo/escritorio estándar soportado en programas ofimáticos de Software Libre
  • Implantación de solucións baseadas en código aberto nos servidores
  • Implantación e desenvolvemento de servizos públicos electrónicos baseados en plataformas de código aberto.
Por outra banda, para promover o Software Libre na sociedade as actividades previstas son:
  • Determinar as áreas máis favorables para a implantación do Software Libre
  • Realizar accións divulgativas e de sensibilización
  • Convocatorias para a implantación de solucións baseadas no Software Libre
  • Promover a creación de comunidades e puntos de encontro arredor do Software Libre para compartir coñecementos
  • Proxectos singulares, con especial fincapé nas actuacións noutros ámbitos do PEGSI, onde se primará o emprego de Software Libre
  • Crear un catálogo dos fornecedores informáticos de Galiza que teñan produtos e servizos na área do Software Libre
  • Primar o desenvolvemento de aplicacións de código aberto nos distintos programas que convoque a Administración galega de apoio á actividade empresarial

O PEGSI foi elaborado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sodciedade da Información pertencente á Consellería de Innovación e Industria.

 

 
 
 
Igalia, empresa da Coruña centrada en solucións de Software Libre, fixo pública unha oferta de emprego para tres titulados en Enxeñería Informática sen necesidade de experiencia previa para os seus equipos de tecnoloxía web, administración de sistemas e Gnome. Esta e outras ofertas de emprego relacionadas co Software Libre poderedes recibilas no voso correo a través da lista de emprego de Mancomun.org.

É imprescindible:
* Titulación universitaria
* Coñecementos ou interese elevado por GNU/Linux e o Software Libre
* Interese elevado por cuestións tecnolóxicas
* Nivel medio de inglés

É desexable algún tipo de experiencia, non necesariamente profesional, en proxectos de Software Libre, na administración de sistemas GNU/Linux ou no desenvolvemento de software sobre LAMP ou Gnome. Valoraranse os coñecementos dos candidatos en Linux. Apache, MySQL, Php, typo3 CMS, Gnome, Debian, Ubuntu, C, C++, CORBA… A contratación sería indefinida cun salario entre 12.000 e 18.000 euros ao ano.

http://www.mancomun.org/images/stories/logo-typo3.gifTYPO3 é un Xestor de Contidos de código aberto baseado en PHP e constitúe un dos xestores de maior implantación no mercado, pode ser modificado en función das necesidades exactas de cada proxecto, cunha arquitectura flexible e ordenada que non ten límites. Entre as referencias máis destacadas de TYPO3 atópanse Daimler-Chrysler, Volkswagen, The New York Times, UNESCO, o proxecto gvSig e numerosas administracións públicas.

O complemento General Office Displayer para TYPO3 permite importar documentos de OpenOffice Writer e Spreadsheet. Os contidos dos documentos intégranse no esquema do sitio web coma se fosen contidos dunha páxina. Unha vez importados poden ser editados por medio do Editor de Texto Enriquecido igual cos contidos xerados polo propio TYPO3.

TYPO3 conta cun repositorio de extensións (TER, TYPO3 Extension Repository) dende o cal se pode instalar o complemento. Tódolos complementos do TER pódense descargar en formato t3x (formato de arquivo propio de TYPO3) e coa súa correspondente documentación en formato OpenOffice e PDF. Para instalar o General Office Displayer o nome en clave para a procura é rlmp_officeimport, a cal conta cunha actualización con data 10/01/2007.

As funcionalidades que ofrece este complemento son amplas sen embargo son moitas as ideas para futuras versións. A comunidade de TYPO3 está aberta a novas suxestións e colaboracións no desenvolvemento.

PSX2PSP é unha ferramenta que nos permite converter os xogos da antiga Playstation 1 para poder xogalos na nova [[PSP]] (Playstation Portable) usando [[firmwares]] alternativos ao propio da consola.

Con esta ferramenta podes crear imaxes dos discos da Playstation e convertelas a imaxes recoñecibles para xogar coa PSP…

A versión actual é a 2.60 que corrixe algúns erros da versión anterior e permite personalizar as imaxes creadas.

Os firmwares necesarios para executar as imaxes dos xogos da Playstation 1 son os seguintes: 3.03 OE-A, 3.03 OE-A’ e 3.03 OE-B. Recordar que o uso destes firmwares pode anular a garantía da consola.

Podes atopar máis información dos requirimentos e configuración desta ferramenta na seguinte web:

http://www.kde-apps.org  

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome.png A primeira versión de [[GNOME]] do 2007 está dispoñible. É a quinta versión de desenvolvemento no camiño para chegar ao GNOME 2.18, que sairá á luz en marzo deste mesmo ano.
 
Cabe recordar que estas versións de desenvolvemento non son recomendables para contornas estables, senón para probar novas funcionalidades, revisión e corrección de erros, comezar a tradución de futuras versións de GNOME ou simplemente para comprobar como serán as novas versións… 

Máis información na nota sobre o lanzamento:

Nota de lanzamento de GNOME 2.17.5

O Consello da Xunta aprobou onte o Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) co que persegue que a innovación sexa o motor do desenvolvemento e crecemento de Galicia. O PEGSI contempla a necesidade de levar a cabo un proceso de integración baixo a premisa da interoperabilidade administrativa que estea baseada nos estándares abertos e plataformas tecnolóxicas de código libre. A través dos estándares abertos tamén se garante outro dos obxectivos: o desenvolvemento dos servizos galegos de goberno electrónico. A Xunta segue así a recomendación da UE para garantir a interoperabilidade dos sistemas e procesos de información das administracións públicas. 

As actuacións  da administración  pública galega irán encamiñadas á identificación e caracterización dos estándares para as distintas necesidades da administración, á regulamentación e normativización dos estándares no desenvolvemento dos servizos públicos electrónicos, á formación do persoal da Xunta en tecnoloxías da información e a comunicación e á creación dun observatorio de seguimento e implantación de novos estándares.

De xeito paralelo promoveranse iniciativas de desenvolvemento e implantación de plataformas de estandarización e localización da información. Terá gran importancia o traballo dun laboratorio de Software Libre que revisará, avaliará, probará e integrará iniciativas de estandarización e localización de información. Tamén se creará un sistema de buscador que integre información administrativa do conxunto da administración pública que opera en Galicia.  

O PEGSI estará vixente ata o ano 2010 e conta cunha dotación orzamentaria de 800 millóns de euros. A interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto é unha das oito estratexias que contempla o plano e existen varias referencias explícitas a actuacións a levar a cabo para a promoción do Software Libre na sociedade galega e na Xunta. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información pertencente á Consellería de Innovación e Industria.  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal