Acabamos de actualizar o Corpus de Mancomún incluíndo novos ficheiros de tradución. Os novos ficheiros incluídos son a nova tradución para o Gimp 2.6 que traerá grandes novidades, e a tradución completa para o OpenOffice.org 3 que sairá sobre o mes de setembro. Ademais destas aplicacións o Corpus de Mancomún inclúe os ficheiros de traducións doutros proxectos como son a tradución do Gnome, WordPress.
O Corpus de Mancomún é unha aplicación web na que podemos consultar como se traduciu determinado termo nos pares de linguas inglés->galego e galego->inglés. Desde hai algún tempo a aplicación conta cun API aberto para que se poidan programar aplicacións ou plugins para poder usalo nelas. Usando esta API, Ignacio Casal (coordinador da tradución ao galego de Gnome) programou dous plugins para usar o Corpus en gedit e en gtranslator respectivamente:
| Desenvolvementos na Forxa usando a API do Corpus. |
Plugin para gedit |
